24/04/2014
Panorámica: Galicia no Carballo Interplay
Das trinta e cinco webseries de todo o estado que compiten na primeira edición do Carballo Interplay, oito son galegas. A estas súmanse dúas producións que compoñen a sección paralela do certame. Un panorama creativo vizoso de alto nivel que podes coñecer de primeira man nesta panorámica..
Amplía a nova>>
24/04/2014
As webseries van de festa
Desde hoxe e ata o vindeiro 27 de abril, Carballo será a capital das webseries do estado. O festival Carballo Interplay nace a apostar forte por esta forma de audiovisual, que conta cada vez con máis adeptos pero que enfronta aínda a necesidade de atopar un modelo de negocio. Sen achegar grandes estreas, o evento nace a amosar unha nutrida presenza de traballos galegos. Sonia Mëndez, directora do festival, fálanos máis sobre o proxecto..
Amplía a nova>>
22/04/2014
Un pioneiro de película
A historia dun avanzado do cinema galego contada nun film. José Gil revolucionou a comezos do século XX a cultura do país coa súa aposta polo audiovisual e deixounos algúns dos documentos históricos máis importantes que existen neste ámbito. O documental
José Gil. Fotógrafo e pioneiro do cine, recolle agora a traxectoria deste pouco coñecido personaxe da man de Miguel A. Romero..
Amplía a nova>>
21/04/2014
O Estado convoca as axudas para creación de contidos culturais dixitais
A edición de hoxe do Boletín Oficial do Estado recolle a convocatoria de axudas da Secretaría de Estado de Cultura para proxectos privados de creación de contidos dixitais culturais en Internet. Estas axudas están dirixidas a profesionais autónomos ou empresas privadas para a realización de proxectos culturais que incrementen a oferta legal de contidos dixitais culturais e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas que actúen, entre outros, nos sectores das artes escénicas; artes visuais, patrimonio cultural, cine, televisión, radio, publicidade, videoxogos e artes interactivas, deseño de moda, novos medios de comunicación, música, libros, prensa, arquitectura, turismo cultural e deseño gráfico..
Amplía a nova>>
21/04/2014
Costa da Morte recibe un novo premio en Iberoamérica
Costa da Morte, o documental experimental realizado por Lois Patiño, foi escollido como mellor filme iberoamericano no 32º Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai, canda outro premio á mellor cinta do mesmo ámbito polo xurado do festival. Estes dous galardóns súmanse a unha ampla lista de premios recibidos polo traballo de Patiño nos últimos meses..
Amplía a nova>>
14/04/2014
O momento do público
Seis galardóns recibiu a película
Somos gente honrada, de Vaca Films e El Terrat, na XII edición dos Premios Mestre Mateo, que se celebraron na Coruña. A produción, dirixida por Alejasndro Marzoa, convertiuse na gran gañadora dunha edición que reivindicou o papel do público que, en palabras de Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, "vostedes dan verdadeiro sentido ao que facemos"..
Amplía a nova>>
09/04/2014
A pegada dos avós é premiado no Encontro Hispanoamericano de Cine Independiente
O documental
A pegada dos avós que dirixu Xosé Abad fíxose co premio único na categoría Movementos Sociais e Organización Cidadá no Encontro Hispanoamericano de Cine Independiente. O filme amosa o traballo de varios alumnos de bacharelato para coñecer as historias da represión franquista e impúxose entre os 194 filmes seleccionados no evento..
Amplía a nova>>
07/04/2014
Oito produtoras galegas acoden a Cannes a buscar negocio para formatos televisivos
Hoxe comeza no Palais des Festival de Cannes unha nova edición do MIPTV, o mercado de produtos audiovisuais destinados a televisión máis importantes de Europa. Unha cita na que o audiovisual galego estará presente a través dunha delegación de oito empresas apoiada por Agadic o Clúster do Audiovisual Galego e o IGAPE. Son as mesmas entidades que acaban de abrir o prazo de inscrición doutra misión empresarial tamén para Cannes. Será en maio (do 14 ao 23) no marco do mercado Marchè Du Film 2014. .
Amplía a nova>>
07/04/2014
Lois Patiño gana na décima edición do Play DOC co filme Costa da morte
Costa da morte, do cineasta vigués Lois Patiño (Vigo, 1983), foi considerado o mellor documental desta edición de Play Doc. O xurado destacou que o filme “desenvolve unha proposta onde se reúnen o rigor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade”. Alén da dotación económica (2.000 euros) do premio, destaca o feito de que é o terceiro filme galego que recibe este galardón, despois de
Vikingland(Xurxo Chirro) e
Todos vós sodes capitáns(Óliver Laxe). O vigués Diego Romero recolleu unha mención especial, sen valor económico, pola fotografía de
Stop the Pounding Heart, filme dirixido polo italiano Roberto Minervini..
Amplía a nova>>
03/04/2014
Eloy Enciso recibirá unha distinción do Harvard Film Study Center
Arrianos estará presente en Nova York en dúas importantes citas. Dunha banda, no marco dos Modern Mondays que o Museo de Arte Moderno (MOMA) organiza para explorar os límites do cinema e da experiencia cinematográfica. Será o vindeiro21 de abril e contará coa presenza do director da cinta, Eloy Enciso. Da outra, exhibirase no Harvard Film Archive, unha das filmotecas máis recoñecidas do mundo, onde Enciso recibirá unha distinción do Harvard Film Study Center, que recoñece a creadores emerxentes e destacados. .
Amplía a nova>>