Acaba de darse a coñecer a programación da edición do Festival de Cine de Málaga, o certame de cinema español máis importante do Estado. Nesta ocasión, dous filmes galegos compiten por ser a mellor longametraxe. Son O ouro do tempo de Xavier Bermúdez e Los Fenómenos de Alfonso Zarauza. Pero non serán as únicas producións galegas presentes no certame, xa que Rafael Calvo, David Valero e Xosé Zapata estarán presentes no marco de Málga Premiere para ofrecer un primeiro pase de Linko, a última aposta de IB Cinema. Ademais, a produción A tropa de trapo na selva do arcoÃris coproducida por Abano Producións tamén se ofrecerá no marco do festival na sección Animazine.