Novas | 1631 a 1640 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

20/03/2014
Play Doc convida a catro directores galegos para crear un laboratorio de creación

Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos catro directores galegos que inauguran unha nova aposta do festival de documentais Play Doc. Chámase Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP) e pretede servir de centro de creación arredor documental. Segundo unha nota de prensa “a idea é que cada cineasta convidado capture, desde a súa propia caligrafía, os cambios de diversa índole -sociais, económicos, paisaxísticos...- que se están a producir no seu entorno”. Para esta estrea, os cineastas convidados realizarán pezas en torno ao concepto de "transformación". Os resultados veranse unha sesión especial dentro do festival coa presenza do director. . Amplía a nova>>

20/03/2014
Menos traballos galegos nun Redondela en Curto que bate marcas de participantes

A nova edición de Redondela en curto está marcada por un incremento no número de traballos recibidos. En total recibiron arredor de 700, cen máis que na anterior edición. No entanto, deles só un 3% son galegos, segundo publica hoxe Atlántico Diario. Con todo, a presenza galega está garantida na selección final, que escolmará 16 traballos para selección oficial competitiva. Entre as novidades desta edición, que sufre un retroceso orzamentario semellante ao da primeira edición (14.000 euros), destaca que o certame se abre á cidadanía, con proxeccións en establecementos de hostalería. A cita é do 24 ao 27 de abril.. Amplía a nova>>

19/03/2014
A importancia do Super 8

Vellas películas que se revelan agora como un ben cultural que cómpre protexer. Retratos dunha época que saen das gabetas familiares e chegan á rede. A Agrupación Cinematográfica Galega bota a andar cun Arquivo de Cine Doméstico que amosa o atractivo que teñen estas microproducións no panorama actual. Comezamos con este reportaxe un repaso sobre diferentes iniciativas arredor do patrimonio visual que se están a desenvolver no noso país.. Amplía a nova>>

18/03/2014
Manolo González recibirá o premio de honra Fernando Rey

A Academia Galega do Audiovisual anunciaba esta mañá que acordou outorgarlle o seu premio de honra Fernando Rey a Manolo González. A entitade recoñece con estes galardón "a paixón e compromiso de Manolo Gonzalez pola profesión" desde proxectos como a Escola de Imaxe e Son da Coruña ou o seu traballo na Axencia Galega do Audiovisual. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña, durante o transcurso da gala dos Premios Mestre Mateo.. Amplía a nova>>

13/03/2014
Lois Patiño competirá en Play Doc co seu traballo Costa da morte

O Festival Play Doc acaba de dar a coñecer a súa sección oficial desta edición. Son seis filmes que comparten un amplo recoñecemento internacional por teren participado en festivais de prestixio. Son Costa da Morte de Lois Patiño, Stop the Pounding Heart de Roberto Minermini; Manakamana de Stephanie Spray e Pacho Vélez; Forest of the Dancing Spirits de Linda Vastrick, Anak Araw de Gym Lumbera xunto con Ricardo Bär de Nele Wohlatz e Gerardo Naumann. Filmes que contarán historias que se suceden en todo o mundo, e situará aos “espectadores á fronteira entre Brasil e Arxentina, e descubrirá a tradición ancestral da tribo Iaka/Mbendiele no interior do Congo”, explican os organizadores do certame nunha nota de prensa. A cita co documental terá lugar do 2 ao 6 de abril en Tui.. Amplía a nova>>

13/03/2014
O festival de Cans concede a María Bouzas o premio Pedigree 2014

A “rigorosidade profesional e a súa sólida carreira” son algúns dos méritos polos que o Festival de Cans concede o seu premio de honra, o Pedrigree, a María Bouzas (Mugardos, 1962). A Asociación Cultural Arela acaba de comunicar que lle entregará este premio o vernes 23 de maio a unha muller que leva décadas no sector audiovisual, no que se implicou activamente e chegou a ser presidenta da Academia Galega do Audiovisual. Ademais, o festival tamén da a coñecer os gañadores dos Chimpíns de Prata, que desde esta edición pasan a chamarse Premio Pepe Puime, en homenaxe a un veciño de Cans. Recibirán eses recoñecementos a a veciña Divina Campos e o actor e guionista de El Hormiguero Juan Ibáñez “Trancas” . Esta edición do certame terá lugar en Cans, Porriño, do 21 ao 24 de maio.. Amplía a nova>>

12/03/2014
Nigrán acollerá a rodaxe da versión cinematográfica da Praia dos afogados

As historias do inspector Leo Caldas, a personaxe interpretada por Carmelo Gómez, comezan a cobrar vida. O vindeiro 5 de maior arrincará en Nigrán a rodaxe do filme que adapta a novela de Domingo Vilar A Praia dos afogados, unha produción que acometen a viguesa Foresta Film, a madrileña Tornasol Film e Milú Films, de Santiago. Non é a única rodaxe que se desenvovle esta temporada, xa que Ignacio Vilar traslada ao seu equipo ata o Pazo de Tor para continuar a rodaxe de A Esmorga, a adaptación doutra novela, neste caso de Eduardo Blanco Amor. E esta semana tamén está a ter lugar a rodaxe de Meñique, a produción de animación que desenvolve Ficción. Cun orzamento que supera os tres millóns de euros (272.653 euros de subvención de Agadic), conta a historia dun campesino que quere sacar da pobreza á súa familia. . Amplía a nova>>

11/03/2014
O ouro do tempo e Os fenómenos compiten no festival de cine de Málaga

Acaba de darse a coñecer a programación da edición do Festival de Cine de Málaga, o certame de cinema español máis importante do Estado. Nesta ocasión, dous filmes galegos compiten por ser a mellor longametraxe. Son O ouro do tempo de Xavier Bermúdez e Los Fenómenos de Alfonso Zarauza. Pero non serán as únicas producións galegas presentes no certame, xa que Rafael Calvo, David Valero e Xosé Zapata estarán presentes no marco de Málga Premiere para ofrecer un primeiro pase de Linko, a última aposta de IB Cinema. Ademais, a produción A tropa de trapo na selva do arcoíris coproducida por Abano Producións tamén se ofrecerá no marco do festival na sección Animazine.. Amplía a nova>>

10/03/2014
Nicolás Pereda será un dos nomes propios da décima edición do Play Doc

Falta menos dun mes para que arrinque a décima edición de Play Doc e xa se van coñecendo detalles sobre a programación deste ano. O realizador mexicano Nicolás Pereda (México, 1982) será un dos nomes propios nesta ocasión por partida doble. Dunha banda ofrecerá unha clase maxistral (5 de abril) e da outra, proxectaranse case toda a súa filmografía. Malia ser un realizador novo, os filmes de Pereda teñen participado en festivais como Cannes, Venecia e Locarno. Destaca unha peculiar forma de narrar cun uso moi significativo da ficción no documntal. Para os organizadores do Play-Doc singulariza “a fusión entre a realidade e a ficción co ánimo de evocar o sentimento dn pobo enteiro”. O festival, que foi seleccionado pola coñecida sala neoiorquina Town Hall entre os dez mellores festivais do mundo, desenvolverase entre o 2 e o 6 de abril.. Amplía a nova>>

05/03/2014
Cultura destina 90.000 euros ao financiamento de festivais audiovisuais

Cultura fixo público o listado de beneficiados polas subvencións para o financiamento de eventos. Son o Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui (24.373,57 euros), o Festival de Cans (20.660,81 euros), a (S8) Mostra de Cinema Periférico que se celebra na Coruña (17.360,58 euros), o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal (13.845,09 euros) e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto de Santiago de Compostela (13.750,95 euros). Cultura di que a posta en marcha deste programa de subvencións é a resposta ás suxestións recibidas desde o propio sector audiovisual. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org