07/04/2014
Oito produtoras galegas acoden a Cannes a buscar negocio para formatos televisivos
Hoxe comeza no Palais des Festival de Cannes unha nova edición do MIPTV, o mercado de produtos audiovisuais destinados a televisión máis importantes de Europa. Unha cita na que o audiovisual galego estará presente a través dunha delegación de oito empresas apoiada por Agadic o Clúster do Audiovisual Galego e o IGAPE. Son as mesmas entidades que acaban de abrir o prazo de inscrición doutra misión empresarial tamén para Cannes. Será en maio (do 14 ao 23) no marco do mercado Marchè Du Film 2014. .
Amplía a nova>>
07/04/2014
Lois Patiño gana na décima edición do Play DOC co filme Costa da morte
Costa da morte, do cineasta vigués Lois Patiño (Vigo, 1983), foi considerado o mellor documental desta edición de Play Doc. O xurado destacou que o filme “desenvolve unha proposta onde se reúnen o rigor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade”. Alén da dotación económica (2.000 euros) do premio, destaca o feito de que é o terceiro filme galego que recibe este galardón, despois de
Vikingland(Xurxo Chirro) e
Todos vós sodes capitáns(Óliver Laxe). O vigués Diego Romero recolleu unha mención especial, sen valor económico, pola fotografía de
Stop the Pounding Heart, filme dirixido polo italiano Roberto Minervini..
Amplía a nova>>
03/04/2014
Eloy Enciso recibirá unha distinción do Harvard Film Study Center
Arrianos estará presente en Nova York en dúas importantes citas. Dunha banda, no marco dos Modern Mondays que o Museo de Arte Moderno (MOMA) organiza para explorar os límites do cinema e da experiencia cinematográfica. Será o vindeiro21 de abril e contará coa presenza do director da cinta, Eloy Enciso. Da outra, exhibirase no Harvard Film Archive, unha das filmotecas máis recoñecidas do mundo, onde Enciso recibirá unha distinción do Harvard Film Study Center, que recoñece a creadores emerxentes e destacados. .
Amplía a nova>>
02/04/2014
O museo das películas
Para alén de dixitalizar e difundir, a recuperación de filmes implica outros traballos. O Centro Galego de Artes da Imaxe posúe unha ampla experiencia neste campo e contribuíu a descubrir algunhas das grandes xoias da nosa filmografía histórica. O seu director, Guillermo Escrigas, explícanos as peculiaridades e dificultades deste legado. Concluímos con esta reportaxe a nosa serie dedicada ao patrimonio audiovisual..
Amplía a nova>>
02/04/2014
A Xunta reduce os cometidos do Xacobeo a albergues e a promoción do Camiño
Naceu no ano 1991 e desde esa data viviu momentos de esplendor ampliando progresivamente as súas competencias ata onte. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte unha nova reformulación dos estatutos do Xacobeo que limita o obxecto social desta entidade. Desaparecen da súas funcións a produción cinematográfica e audiovisual, a organización de competicións deportivas e a montaxe de grandes concertos, que tanta sona lle deron en Anos Xacobeos. Deste xeito, a entidade (con sede social en San Lázaro) encargarase soamente das actividades da rede de albergues e, de coordinar actuacións específicas relacionadas co Camiño de Santiago e a cultura xacobea. .
Amplía a nova>>
02/04/2014
O documental galego exhibe a súa fortaleza no Play Doc que arrinca hoxe en Tui
Un filme galego (
Costa da morte de Lois Patiño) na sección oficial, e catro directores do país (Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos) inaugurando unha nova sección, o Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP). A décima edición de Play Doc exhibe o músculo creativo do país sen renunciar ao prestixio e calidade que lle levaron a ser recoñecido en 2013 como n dos mellores festivais (Best Film Series) pola prestixiosa sala neoiorquina Town Hall. A cita arrinca hoxe en Tui e permite coñecer o máis innovador e recoñecido do panoramda documental actual..
Amplía a nova>>
01/04/2014
O Clúster do Audiovisual convoca o seu oitavo pitching para producir ideas
Un pitching é unha xornada de presentación de proxectos. O clúster audiovisual de Galicia leva oito anos facendo este tipo de encontros nos que se buscan socios financeiros para materializar (en forma de películas, series...) proxectos audiovisuais. Este ano, esta xornada terá lugar o vindeiro 12 de xuño en Santiago de Compostela, co apoio dunha serie de entidades como o concello, a Xunta (a través de Agadic e o IGAPE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. E conscientes da importancia de preparar ben este encontro, os días 21 e 22 de maio organizan un "obradoiro de preparación ao pitch" no que os proxectos seleccionados gozarán dun curso de formación para ensinar ferrametnas para que sexa certera a presenza no pitching..
Amplía a nova>>
28/03/2014
O XIX Festival de cine de Ourense mantén a súa contía dos seus premios
17.000 euros. Esta é a contía que o concello de Ourense aprobou onte para o palmarés da XIX edición do seu festival de Cine, o OUff. Un importe que se repartirá do seguinte xeito: 7.000 euros para a Gran Calpurnia que premia a mellor película; 3.000 tanto para o premio do Público como para o Carlos Velo ao mellor director. O premio do xurado contará con 2.000 euros, mentres que o de mellor guión e mellor interpretación estarán dotados con 1.000 euros. Ademais, tamén se acordaron as datas de celebración do certame, que terá lugar na cidade das Burgas entre o 15 e o 23 de novembro. Coa aprobación das bases, comeza o período de recepción de traballos, que estará aberto ata o 1 de setembro..
Amplía a nova>>
26/03/2014
A comunidade dos filmes
Recuperar o patrimonio fílmico dunha comunidade e polo ao servizo desa mesma comunidade e mais de todos os interesados em facer algo con el. O Proxecto Socheo recupera as películas domésticas da Guarda e as producións históricas con este escenario e evidencia as posibilidades que oferta este tipo de material. Continuamos a nosa serie sobre a recuperación do patrimonio audiovisual..
Amplía a nova>>
20/03/2014
Play Doc convida a catro directores galegos para crear un laboratorio de creación
Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos catro directores galegos que inauguran unha nova aposta do festival de documentais Play Doc. Chámase Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP) e pretede servir de centro de creación arredor documental. Segundo unha nota de prensa “a idea é que cada cineasta convidado capture, desde a súa propia caligrafía, os cambios de diversa índole -sociais, económicos, paisaxísticos...- que se están a producir no seu entorno”. Para esta estrea, os cineastas convidados realizarán pezas en torno ao concepto de "transformación". Os resultados veranse unha sesión especial dentro do festival coa presenza do director. .
Amplía a nova>>