30/04/2014
Chega o Revoltallo audiovisual 2014
Coa proxección hoxe dos traballos gañadores da edición 2013 na Biblioteca Ánxel Casal, en Compostela, abre a programación do Revoltallo audiovisual 2014. A iniciativa coordinada polas asociacións Verdegaia, Amarante-Setem e A Xuntanza céntrase como é habitual no cinema de acción social. O programa inclúe tamén unha mesa redonda con Cora Peña, Xosé Bocixa e Illa Bufarda o día 8, un obradoiro para facer curtas de temática social e ambiental entre os días 16 e 18 e a proxección dos traballos gañadores deste 2014, o día 21..
Amplía a nova>>
29/04/2014
As cámaras apuntan a Díaz Castro (II)
A produción audiovisual que está a aparecer este ano sobre Díaz Castro non se reduce a documentais sobre a súa vida e obra. A orixinalidade predomina no enfoque de varias producións, tanto no tema como no formato, á hora de tratar o homenaxeado. Retratos da súa aldea, telexornais ou diferentes representacións dos seus poemas son algunhas das propostas que están en marcha. Continuamos a serie de reportaxes sobre o audiovisual dedicado ao poeta..
Amplía a nova>>
28/04/2014
Les coses grans e Entre pipas triunfan no Carballo Interplay
A comedia catalá
Les coses grans impúxose como gañadora na primeira edición do festival de Webseries Cargallo Interplay, que se celebrou esta fin de semana. O proxecto levou os galardóns á mellor webserie de imaxe real, mellor interpretación feminina para Mar de Ulldemolins e mais o premio do público. Seguiuna no palmarés
Entre Pipas, recoñecida co premio á interpretación masculina para Luis Zahera e Xúlio Abonjo e mais co de mellor guión.
Ventura time resultou vencedora na categoría de animación e
Poetarras levou o premio ao mellor traballo en galego, categoría na que tamén obtivo unha mención
Palabras secretas..
Amplía a nova>>
24/04/2014
Panorámica: Galicia no Carballo Interplay
Das trinta e cinco webseries de todo o estado que compiten na primeira edición do Carballo Interplay, oito son galegas. A estas súmanse dúas producións que compoñen a sección paralela do certame. Un panorama creativo vizoso de alto nivel que podes coñecer de primeira man nesta panorámica..
Amplía a nova>>
24/04/2014
As webseries van de festa
Desde hoxe e ata o vindeiro 27 de abril, Carballo será a capital das webseries do estado. O festival Carballo Interplay nace a apostar forte por esta forma de audiovisual, que conta cada vez con máis adeptos pero que enfronta aínda a necesidade de atopar un modelo de negocio. Sen achegar grandes estreas, o evento nace a amosar unha nutrida presenza de traballos galegos. Sonia Mëndez, directora do festival, fálanos máis sobre o proxecto..
Amplía a nova>>
22/04/2014
Un pioneiro de película
A historia dun avanzado do cinema galego contada nun film. José Gil revolucionou a comezos do século XX a cultura do país coa súa aposta polo audiovisual e deixounos algúns dos documentos históricos máis importantes que existen neste ámbito. O documental
José Gil. Fotógrafo e pioneiro do cine, recolle agora a traxectoria deste pouco coñecido personaxe da man de Miguel A. Romero..
Amplía a nova>>
21/04/2014
O Estado convoca as axudas para creación de contidos culturais dixitais
A edición de hoxe do Boletín Oficial do Estado recolle a convocatoria de axudas da Secretaría de Estado de Cultura para proxectos privados de creación de contidos dixitais culturais en Internet. Estas axudas están dirixidas a profesionais autónomos ou empresas privadas para a realización de proxectos culturais que incrementen a oferta legal de contidos dixitais culturais e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas que actúen, entre outros, nos sectores das artes escénicas; artes visuais, patrimonio cultural, cine, televisión, radio, publicidade, videoxogos e artes interactivas, deseño de moda, novos medios de comunicación, música, libros, prensa, arquitectura, turismo cultural e deseño gráfico..
Amplía a nova>>
21/04/2014
Costa da Morte recibe un novo premio en Iberoamérica
Costa da Morte, o documental experimental realizado por Lois Patiño, foi escollido como mellor filme iberoamericano no 32º Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai, canda outro premio á mellor cinta do mesmo ámbito polo xurado do festival. Estes dous galardóns súmanse a unha ampla lista de premios recibidos polo traballo de Patiño nos últimos meses..
Amplía a nova>>
14/04/2014
O momento do público
Seis galardóns recibiu a película
Somos gente honrada, de Vaca Films e El Terrat, na XII edición dos Premios Mestre Mateo, que se celebraron na Coruña. A produción, dirixida por Alejasndro Marzoa, convertiuse na gran gañadora dunha edición que reivindicou o papel do público que, en palabras de Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, "vostedes dan verdadeiro sentido ao que facemos"..
Amplía a nova>>
09/04/2014
A pegada dos avós é premiado no Encontro Hispanoamericano de Cine Independiente
O documental
A pegada dos avós que dirixu Xosé Abad fíxose co premio único na categoría Movementos Sociais e Organización Cidadá no Encontro Hispanoamericano de Cine Independiente. O filme amosa o traballo de varios alumnos de bacharelato para coñecer as historias da represión franquista e impúxose entre os 194 filmes seleccionados no evento..
Amplía a nova>>