Novas | 1581 a 1590 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

11/09/2014
A lembranza do ollar (III): Reconstruíndo a Prósperi e Otero

Continuamos coa nosa serie audiovisual A lembranza do ollar, elaborada por Pablo Prado, explorando a apaixonante historia de Filippo Prosperi e Cándida Otero, pioneiros da fotografía en Vigo. Ao redor destes fotógrafos aínda hai moitas preguntas pendentes e moito descoñecemento ao redor dos seus fondos. Falamos con Vítor Vaqueiro, especialista en patrimonio fotográfico, para coñecer as claves e as preguntas que aínda están no aire. . Amplía a nova>>

05/09/2014
San Sadurniño acolle esta fin de semana o Chanfaina Lab

A chanfaina é unha receita tradicional do norte de Galicia que consistía en aproveitar as partes menos nobles do porco para facer unha sorte de chourizos e o significado, segundo a organización, acabou derivando en "revolto de cousas diversas". Máis de vinte realizadores audiovisuais galegos, de estilos totalmente distintos pero unidos pola súa mocidade, participarán esta fin de semana no Chanfaina Lab do concello de San Sadurniño. Trátase de facer pezas de entre tres e cinco minutos ambientadas no territorio municipal que se estrearán no Nadal.. Amplía a nova>>

03/09/2014
O FIB Bueu acollerá a exhibición de 27 filmes

A sétima edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) Bueu proxectará este ano 27 curtas, logo de que se presentaran a concurso un total de 932 obras. Este ano aumentáronse o número de obras a concurso "debido ao elevado número decurtas que recibimos e a súa calidade". O país con máis obras aceptadas é Francia, a maior parte das curtas son dramas e concursa unha de animación. O Centro Social do Mar da vila acollerá as proxeccións e actividades paralelas do 8 ao 13 de setembro. . Amplía a nova>>

28/08/2014
A lembranza do ollar(I): Pasouoquepasou, a memoria galega dende 1985

Comezamos hoxe unha nova serie audiovisual: A lembranza do ollar. Trátase dun repaso a catro interesantes proxectos de arquivado e recuperación da memoria audiovisual e fotográfica. Nos documentais, achegámonos a fascinantes coleccións gráficas e coñecemos como os promotores destas iniciativas as recuperan e difunden. Unha serie inspiradora, elaborada nos textos e vídeos por Pablo Prado. Amplía a nova>>

27/08/2014
A Esmorga estrearase na apertura do Festival de Cine de Ourense

O OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense, contará na apertura da súa 19ª edición, o 15 de novembro, cunha estrea emblemática. Será o filme A Esmorga, a versión cinematográfica da obra emblemática de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar. Unha semana despois, A Esmorga chegará ás salas de cine comerciais. O OUFF celebrarase do 15 ao 23 de novembro. . Amplía a nova>>

20/08/2014
Unha vila como fondo

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) son un evento mítico na conformación do audiovisual galego desde os anos 80, que apostan porque Carballiño sexa non só un lugar de debate, senón un lugar no que se grave cine, e para iso alentan aos afeccionados. Aquí podes ver as curtas gañadoras do concurso deste ano. . Amplía a nova>>

19/08/2014
O Concello da Coruña proxecta trasladar varias institucións culturais ao Goberno Militar

O Concello da Coruña obtivo o uso do antigo Goberno Militar e quere destinalo a usos culturais. Para iso, segundo La Opinión, pretende trasladar ao edificio as institucións que ata agora tiñan a súa sé na rúa Durán Loriga, entre elas o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), a Biblioteca de Estudos Locais e o Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, ademáis da Real Academia de Medicina. . Amplía a nova>>

18/08/2014
AGADIC convoca axudas para promoción do talento audiovisual e para realizadores noveis

A Consellería de Cultura destina un total de 145.000 euros á súa nova convocatoria de subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A convocatoria consta de tres modalidades: subvencións á escrita individual de guión en galego, subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega e subvencións a proxectos de longamentraxes cinematográficas en versión orixianl galega e que conten cun director novel. . Amplía a nova>>

07/08/2014
As 31 Xociviga homenaxean o Cineclube O Carballiño

A actividade do Cineclube O Carballiño será homenaxeada na 31 edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga) que se celebran nesa vila entre o 11 e o 17 de agosto. O Cineclube foi unha peza fundamental na posta en marcha desta iniciativa e correu coa organización das xornadas durante boa parte da súa historia. O encontro inclúe a proxección en diferentes espazos da vila de filmes como El Hobitt, la desolación de Smaug, Brave, Urxa, A casa da luz, Continental, El gran hotel Budapest ou Los fenómenos. O programa inclúe tamén a celebración dun encontro audiovisual galego-portugués e de diferentes actividades.. Amplía a nova>>

01/08/2014
O Festival de Artes Escénicas de Riós homenaxea a Morris

Os vindeiros 13 e 14 de agosto Riós acolle a VII edición do seu Festival de Artes Escénicas. O actor Antonio Durán Morris será o homenaxeado nesta xeira coa Castaña de Cristal, mentres que Carlos Sobera e Carmen Avendaño serán recoñecidos dándolles os seus nomes a senllos castiñeiros. Canda a isto, o programa inclúe unha intensa axenda na que non faltan propostas audiovisuais como a proxección do trailer de A Esmorga ou a preestrea da nova temporada da webserie Clases do social, así como a sección de cinema de integración social. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org