Continuamos coa nosa serie audiovisual A lembranza do ollar, elaborada por Pablo Prado, explorando a apaixonante historia de Filippo Prosperi e Cándida Otero, pioneiros da fotografía en Vigo. Ao redor destes fotógrafos aínda hai moitas preguntas pendentes e moito descoñecemento ao redor dos seus fondos. Falamos con Vítor Vaqueiro, especialista en patrimonio fotográfico, para coñecer as claves e as preguntas que aínda están no aire.
O traballo de recuperación e valorización das figuras de Filippo Prósperi e Cándida Otero pretende reconstruír a historia da fotografía en Vigo, dende 1870.
"Desvendar algúns vectores dun tempo histórico, unha historia fotográfica e unha forma de ver a vida", así describe Vitor Vaqueiro, respectado teórico da imaxe a súa investigación sobre esta parella de profesionais da imaxe de finais do S.XIX.
O estudio Fotografía Italiana F. Prósperi y Señora, situado no nº 31 da Rúa Príncipe de Vigo, é o que a comezos do S.XX pasa a ser o estudio dos Pacheco. O que foi director do Arquivo Pacheco de Vigo, doutorado cunha tese que analiza o traballo desta casa fotográfica durante case todo o S.XX, enfróntase agora ao reto de estudar en profundidade o xermolo desta casa fotográfica. Isto significaría completar a análise dos case 150 anos da nosa historia máis recente.
Pola calidade dos seus traballos e os premios que xa na súa época merecera esta parella, podemos falar dos mellores fotógrafos do Vigo daquel tempo e probablemente da Galiza defende Vaqueiro.
O estudo do traballo destes fotógrafos permítenos construír o noso relato familiar no sentido máis amplo explica Amada Traba, socióloga galega, docente no máster de Xénero da Universidade de Vigo. Nas creacións dos profesionais da imaxe daquela época podemos observar, por exemplo, como se configuraba o poder, o simbolismo ou a cuestión de xénero. No caso concreto de Cándida Otero, coñecida como Señora de F. Prósperi e posteriormente Viuda de F. Prósperi a cuestión de xénero latexa por baixo de todo o seu legado. Á sombra do seu propio home, a súa obra, vida e nome permaneceron ocultos explica Traba.
O maior problema á hora de levar a cabo un traballo destas características é a escaseza de material conservado ate os nosos días. Os Prósperi anunciábanse como un estudio que traballaba todos os días, domingos e festivos incluídos, polo que durante os 30 anos que dura o traballo desta parella de profesionais deberíase ter configurado un arquivo de milleiros de imaxes. Onde están? pregúntase Vaqueiro. O que queda delas no Arquivo Pacheco e as que se poden recuperar dos álbums familiares ou a través da rede, son as imaxes coas que este traballo pode contar, así como os múltiples gravados en papel (realizados a partir das fotografías dos Prósperi) que se publicaron na prensa do dezanove.
O discurso da Historia acostuma a estar emitido dende a posición dos vencedores e os dominantes, así que é a cidadanía a que ten que se empoderar, e preocupar de reconstruír o seu pasado. Reflexiona Amada Traba en referencia ao valor de estudos como o que Vaqueiro afronta. E engade Se ti non contas a túa historia ninguén a vai contar por ti.