Os vindeiros 13 e 14 de agosto Riós acolle a VII edición do seu Festival de Artes Escénicas. O actor Antonio Durán Morris será o homenaxeado nesta xeira coa Castaña de Cristal, mentres que Carlos Sobera e Carmen Avendaño serán recoñecidos dándolles os seus nomes a senllos castiñeiros. Canda a isto, o programa inclúe unha intensa axenda na que non faltan propostas audiovisuais como a proxección do trailer de A Esmorga ou a preestrea da nova temporada da webserie Clases do social, asà como a sección de cinema de integración social.
No apartado musical, o Colectivo Rebulir de Ramirás e a Coral Cantarela animarán a verbena tradicional, mentres LucÃa Pérez e Óscar Ibáñez presentarán os seus último traballos e Lys Pardo ofertará un tributo ao seu pai, Juan Pardo, interpretando unha selección dos seus temas. A VII Gala das Artes Escénicas contará, pola súa banda, con Pedro Brandariz, Fran Rei e Carlos Blanco.