Novas | 1531 a 1540 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

30/01/2015
Os "jalpóns" de Festival de Cans buscan padriño

Co obxectivo de depender menos de subvencións oficiais, a organización do festival de Cans decidiu que as dez salas de proxección que se habilitan durante o Festival de Cans en inmobles multiusos da parroquia. Os ghalpóns poden ser empregados como espazo publicitario e promocional. O festival celebrará a súa duodécima edición na parroquia de Cans (Porriño) entre o 20 e o 23 de maio. . Amplía a nova>>

29/01/2015
A base audiovisual

Hai xa oito anos, a asociación Senunpeso, en Vedra, iniciaba un proxecto pouco usual arredor da sétima arte. O LAV, un laboratorio audiovisual que reúne afeccionados e profesionais, amosa co seu éxito as posibilidades da formación arredor deste ámbito. O encontro celebra agora unha nova edición a manter o seu obxectivo de achegar ao público os coñecementos para contar historias con imaxes.. Amplía a nova>>

28/01/2015
As últimas producións galegas atópanse no programa Augal

Por cuarto ano, a Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra acolle o ciclo de formación sobre audiovisual Augal. Desta volta, o programa, que se desenvolve entre febreiro e abril, inclúe a proxección de varias producións recentes do noso panorama fílmico, como Encallados, Las altas presiones ou A viaxe de Leslie. Ademais, un apartado dedicado especificamente a webseries amosará os traballos Interfecto, Poetarras e Clases do social. Os responsables dos diferentes proxectos, como Alfonso Zarauza, Marcos Nine, Nerea Sarmiento, Ángel Santos ou David Valero compartirán a súa experiencia cos asistentes, que se poden matricular a partir do 28 de xaneiro. Na última xornada, o martes 21, está previsto que se desenvolva unha conferencia sobre a situación do sector audiovisual a cargo de Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual.. Amplía a nova>>

21/01/2015
Comeza carreira polos Mestre Mateo e os María Casares

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este luns a listaxe dos proxectos inscritos para competir na vindeira edición dos premios Mestre Mateo. En total son 111 obras as que compiten inicialmente nas 25 categorías dos galardóns. Destas producións, 11 son longametraxes, 17 documentais, 5 series, 7 series web, 20 programas de televisión, 18 curtas, 16 anuncios publicitarios e 17 videoclips. Desta listaxe seleccionaranse catro finalistas para cada categoría que se darán a coñecer o vindeiro mes de marzo.. Amplía a nova>>

13/01/2015
O LAV de Vedra convoca a oitava edición dos seus cursos

Audiovisual con móbil, montaxe, maquillaxe e efectos especiais, traballo con hardware libre, interpretación, dirección de actores ou colorimetría. O Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) convoca unha nova edición, a oitava xa, dos seus cursos. Entre o seis e o oito de febreiro os interesados poderán participar dunha oferta formativa a cargo de profesionais como Flor Maceiras, Jorge Coira, Alfonso Zarauza ou Xoán Diéguez entre outros. Ademais das actividades formativas, o encontro inclúe tamén unha mostra audiovisual.. Amplía a nova>>

07/01/2015
Importante presenza galega nas nominacións aos Goya

As quince nominación que acumula El niño, producida pola empresa galega Vaca Films supoñen o groso da presenza do noso audiovisual nos Premios Goya. A Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España daba a coñecer esta mañá a lista de finalistas para se facer con estes galardóns que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. O filme Daniel Monzón tamén achega as nominacións galegas de Nerea Barros a Actriz Revelación e de Raquel Fidalgo na categoría de maquillaxe e perruquería. Pola súa banda, Javier Gutiérrez optará ao premio ao mellor actor protagonista por La Isla Mínima, mentres A Esmorga compite polo mellor guión adaptado e Sangre de Unicornio, de Alberto Vázquez na categoría de mellor curta de animación. Tamén La tropa de trapo en la selva del arcoiris opta ao premio como mellor longametraxe de animación.. Amplía a nova>>

30/12/2014
Vinte novas licenzas ampliarán a oferta de televisión local

O Consello da Xunta aprobaba o pasado venres a concesión de vinte novas licenzas de televisións privadas de ámbito local. A resolución deste concurso permitirá que outros tantos operadores comecen a emitir no noso país, para o que dispoñen dun prazo de 12 meses. No concurso ficaron vacantes as licenzas para as Pontes, Chantada, Vilalba, Viveiro, O Barco e Verín, e dez das concesións foron para V Televisión.. Amplía a nova>>

29/12/2014
Convócanse as axudas para distribución cultural e festivais de Cinema

Un total de 350.000 euros apoiarán as actividades de distribución para industrias culturais ao longo de 2015, mentres que os festivais de cinema do país distribuiranse 90.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias da Axencia Galega das Industrias Culturais para estes fins, que manteñen as contías do pasado ano. Así, no campo da distribución, a Axencia apoia a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia, as presentacións en feiras e festivais foráneos, a asistencia a feiras e mercados culturais e mais as representacións no noso propio país. As convocatorias están abertas ata o vindeiro 31 de agosto de 2015 nas axudas á distribución e dun mes no caso dos festivais.. Amplía a nova>>

29/12/2014
A AGADIC resolve as axudas a audiovisuais de contido cultural galego

Un total de trece proxectos audiovisuais distribúen os case dous millóns de euros das subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego que convocaba o pasado mes de agosto a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total son once longametraxes de ficción e documentais unha serie de animación e unha miniserie histórica as que reparten os fondos, que se distribúen entre 2014 e 2016. Entre os proxectos máis beneficiados nesta convocatoria, destacan a miniserie Juana de Vega e a alumna da liberdade, de Zenit Televisión, e mais a longametraxe Sicixia de Vía Láctea, con cadanseus 260.000 euros.. Amplía a nova>>

23/12/2014
Feliz ano 2015

A edición diaria de noticias e contidos de Culturagalega non se actualizará ata o vindeiro día 3 de xaneiro de 2015. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org