Importante presenza galega nas nominacións aos Goya

El niño de Vaca Films está presente en quince categorías

As quince nominación que acumula El niño, producida pola empresa galega Vaca Films supoñen o groso da presenza do noso audiovisual nos Premios Goya. A Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España daba a coñecer esta mañá a lista de finalistas para se facer con estes galardóns que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. O filme Daniel Monzón tamén achega as nominacións galegas de Nerea Barros a Actriz Revelación e de Raquel Fidalgo na categoría de maquillaxe e perruquería. Pola súa banda, Javier Gutiérrez optará ao premio ao mellor actor protagonista por La Isla Mínima, mentres A Esmorga compite polo mellor guión adaptado e Sangre de Unicornio, de Alberto Vázquez na categoría de mellor curta de animación. Tamén La tropa de trapo en la selva del arcoiris opta ao premio como mellor longametraxe de animación.