O LAV de Vedra convoca a oitava edición dos seus cursos

A oferta abrangue desde colorimetría a interpretación ou deseño efémero

Audiovisual con móbil, montaxe, maquillaxe e efectos especiais, traballo con hardware libre, interpretación, dirección de actores ou colorimetría. O Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) convoca unha nova edición, a oitava xa, dos seus cursos. Entre o seis e o oito de febreiro os interesados poderán participar dunha oferta formativa a cargo de profesionais como Flor Maceiras, Jorge Coira, Alfonso Zarauza ou Xoán Diéguez entre outros. Ademais das actividades formativas, o encontro inclúe tamén unha mostra audiovisual.