18/12/2014
Catro filmes do audiovisual galego reciben axudas para a amortización
Son
Todo é silencio,
Vilamor,
Lobos de Arga e
Invasor, catro producións galegas que concorreron ás axudas para a amortización de filmes do Ministerio de Educación e Cultura. Nas táboas achégase tamén información sobre espectadores.
Todo é silencio tivo 66.678 espectadores e recibiu máis de 970.000 euros de subvención,
Vilamor, 41.960 e recibiu 377.000 euros,
Lobos de Arga 75.767, recibindo 1.067.000 euros e
Invasor 76.977, con 881.060 euros de subvención.
.
Amplía a nova>>
16/12/2014
Juan Gautier gaña a XV Mostra de Curtas de Noia por Soy tan feliz
O realizador Juan Gautier gañou o premio á mellor curtametraxe da XV Mostra de Curtas de Noia pola produción
Soy tan feliz. O premio consiste en 4.000 euros máis un trofeo conmemorativo. O mellor director, pola contra, foi Carles Torrens por
Sequence e Raskesh B. Narawani fíxose co mellor guión por
Closet. Os actores Jonas Bloquet e Olaya Martín obtiveron respectivamente os premios a mellor actor e mellor acriz e o premio especial do público foi para
I am Sami de Kae Bahar. A mellor curta comarcal foi para
O agasallo de Peña Producións. .
Amplía a nova>>
09/12/2014
O Coliseo Noela reabre para a XV Mostra de Curtas de Noia
Con
Little Galicia,Os fenómenos e
Funes,o inventor da lúa como cabezas de cartel, o pasado día 7 comezaba a XV Mostra de Curtas de Noia. O Teatro Coliseo Noela reabriu as súas portas como sede deste evento logo de tres anos e medio fechado por reformas. Máis de corenta producións internacionais compoñen un programa que inclúe animación e filmes realizados na propia comarca. Logo dos dous primeiros días de proxección, a actividade continúa desde o día 10 ao 14 deste mes..
Amplía a nova>>
02/12/2014
A esmorga da esmorga
"Contento cos resultados?". Do outro lado do teléfono escóitase unha sonora gargallada. "Esa é unha pregunta retórica?", contesta Ignacio Vilar, director de
A Esmorga, a película galega e en galego que está obtendo os primeiros postos nas cartelerias dos cines galegos por segunda semana consecutiva. Xa van aló máis de 20.000 espectadores só en Galicia, superando ás grandes producións americanas, e a cifra segue a subir. Falamos con Vilar para coñecer as claves do éxito da
Esmorga e o que nos ensina sobre o futuro do audiovisual galego. .
Amplía a nova>>
01/12/2014
The salt of the Earth leva o Premio Cineuropa
O documental de Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado sobre o fotógrafo Sebastião Salgado impúxose na 28 edición do Festival Cineuropa, que fechaba onte as súas portas en Compostela. O público que ao longo do mes asistiu as proxeccións deste programa seleccionou
The salt of the Earth cunha nota media de 9,11 o que sitúa o filme a distancia da segunda seleccionada na sección oficial,
O noso último verán en Escocia que ficou cunha nota de 8,29..
Amplía a nova>>
25/11/2014
Fotogramas da ausencia
Dúas psicólogas e dúas realizadoras audiovisuais, unha axuda da Unión Europea e moitas gañas fixeron callar o proxecto Videocartas Galiza-Berlín. Unha experiencia que busca recuperar a comunicación entre emigrantes e os seus próximos nos países de orixe, pero facéndoas públicas a través do audiovisual e motivando un debate aberto sobre a emigración onte e hoxe. As curtas resultantes puidéronse ver en Cineuropa..
Amplía a nova>>
25/11/2014
A Semana de Cine Submarino acolle unha estrea mundial de National Geographic
Vigo acolle entre mañá e o vindeiro 28 de novembro a vixésimo cuarta edición da Semana de Cine Submarino. O evento conta como principal novidade este ano coa estrea mundial do documental
Illas Desventuradas: O Chile máis salvaxe rodado para National Geographic. Precisamente Manu San Félix, biólogo e operador de cámara nesta produción será o convidado de honra da nova edición. Canda a este traballo, a cita inclúe no seu programa outros tres documentais vencellados a National Geographic e as producións
Esencia das mareas e mais
Mar dun bosque encantado do galego Jorge Candán, que tamén acudirá como convidado..
Amplía a nova>>
24/11/2014
De nieuwe wereld álzase co galardón do OUFF
A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF) fechaba onte as súas portas. A coincidir co final desta edición, dábanse a coñecer os gañadores dos premios do ano. Desta volta foi a holandesa
De nieuwe wereld a que levou o Gran Premio Calpurnia á mellor película, e viu o seu director, Jaap van Heusden honrado co premio Carlos Velo á mellor dirección. Pola súa banda, a alemana
Ohne Dich valeulle ao director Alexandre Powelz o galardón do público e, canda a Alexandra Umminger, o de mellor guión.. Amplía a nova>>
24/11/2014
A Esmorga convírtese na segunda película por recadación media no Estado
Era o runrun de toda a fin de semana pero hoxe o gabinete de comunicación de Via Láctea Produccións, a produtora de A Esmorga, confirmábao.
A Esmorga convertíase na segunda película por recadación media por cine de todo o Estado, malia estrearse unicamente en Galicia. Segundo
El Blog del Cine Español, iso supuxo unha posible facturación en taquilla duns 100.000 euros nesta primeira fin de semana..
Amplía a nova>>
24/11/2014
A Academia Galega do Audiovisual conservará as categorías de premios a formatos curtos
A Academia Galega do Audiovisual decidiu reincorporar aos Premios Mestre Mateo 2015 as catro categorías de formatos curtos (curtametraxe, webserie, anuncio publicitario e videoclip) e a de Dirección de Produción. A Asemblea tomou esta decisión tralas críticas mantidas por membros do sector, e anunciou a apertura dun debate para a "creación duns novos galardóns nos que atender a importancia das novas miradas e linguaxes audiovisuais". .
Amplía a nova>>