Novas | 1551 a 1560 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

14/11/2014
Trece producións reparten as axudas ao talento audiovisual

Cinco propostas de guión, cinco curtametraxes e tres longametraxes reparten as subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer esta mañá a resolución desta convocatoria que distribuíu un total de 145.000 euros entre as trece producións seleccionadas. Os filmes O eco, de Alberto García Hermida, Contrafaces de Alfonso Vázquez Cortizo e O tempo futuro de Xoan Escudero Rodríguez son os que reciben unha maior contía con cadanseus 30.000 euros.. Amplía a nova>>

14/11/2014
A estrea de A Esmorga abre mañá o Festival de Cinema de Ourense

Hai xa catro anos que o OUFF, o Festival Internacional de Cinema de Ourense acollía a presentación do proxecto de adaptar A Esmorga de Blanco Amor, ao cinema. Mañá, a XIX edición deste evento arrinca coa estrea deste filme que dirixiu Ignacio Vilar e que protagonizan Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris. Unha produción de Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia que levou seis anos a se completar e que vai chegar ás salas comerciais o vindeiro venres 21 de novembro.. Amplía a nova>>

12/11/2014
A Academia do Audiovisual reformula os Mestre Mateo

A XIII edición dos Premos Mestre Mateo está xa en marcha. A Academia Galega do Audiovisual abría onte o prazo para participar nos seus galardóns anuais, que chegan este ano con novidades. Así, este ano unicamente haberá catro ámbitos a concurso, centradas en longametraxes, documentais, series e programas de TV. En paralelo, a Academia crea os Premios Ith, que se darán a coñecer a finais do verán e que pretenden "recoñecer o talento emerxente dos novos creadores audiovisuais no máis amplo sentido da palabra; recoñecer a aportación doutras realidades dentro do sector audiovisual como o mundo da crítica, o estudio, a difusión, etc: e por último, recoñecer e poñer en valor o talento existente noutros terreos da creación audiovisual e noutros formatos de menor duración". En total, convócanse vinte categorías, e desaparecen apartados como os de Mellor Longametraxe para Televisión, Mellor Serie Web, Mellor Curtametraxe de Imaxe Real, Mellor Curtametraxe de Animación, Mellor Anuncio Publicitario, Mellor Videoclip e Mellor Dirección de Produción. O prazo de presentación de candidaturas aos galardóns está aberto ata o vindeiro 28 de novembro.. Amplía a nova>>

11/11/2014
Cineuropa: as oito de Moncho Lemos

Se non tes moito tempo, afrontar a disección das máis de duascentas películas de Cineuropa, o Festival de Cine de Santiago de Compostela é unha tarefa complicada. Pedímoslle a Moncho Lemos, coñecido xornalista cultural e cinematográfico, que nos faga unha pequena selección de películas imprescindibles de Cineuropa para as vindeiras semanas. E estas son as súas oito recomendacións. Disfrútaas!. Amplía a nova>>

07/11/2014
Artfutura reflexiona en Vigo sobre a promesa dixital

Durante os vindeiros tres fins de semana (a partir de hoxe) o Museo de Arte Contemporánea de Vigo acollerá unha das sedes de ARTFUTURa, que este ano celébrase simultaneamente en 20 cidades. Baixo o título "A promesa dixital", o programa deste ano analiza que deu de si a euforia do dixital nos últimos vintecinco anos, entre expectativas e realidades. Documentais, curtas e gravacións artísticas compoñen a exhibición. . Amplía a nova>>

06/11/2014
Xacio Baño e Alberto Vázquez optan aos Goya de curtametraxes

Dous traballos galegos están entre os trinta e cinco que optan a se facer cun Goya nas categorías de longametraxes. Ser e voltar, de Xacio Baño, foi seleccionado pola directiva da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como un dos dez candidatos para ser premiado no apartado de documentais. Pola súa banda, Sangre de unicornio de Alberto Vázquez, opta a un galardón como mellor curta de animación. Comeza agora o proceso de votación dos membros da Academia para seleccionar os finalistas e, entre estes, os premiados que se coñecerán na gala do vindeiro 8 de febreiro.. Amplía a nova>>

04/11/2014
Latinoamérica e a temática social priman nas candidaturas ao OUFF

Dez filmes nos que participan un total de quince países optan ás Calpurnias, os premios do Festival Internacional de Cinema de Ourense. O XIX OUFF, que se desenvolverá na Cidade das Burgas entre o 15 e o 23 de novembro, presentaba onte os filmes a concurso na súa sección oficial. O cinema emerxente latinoamericano, coas producións La vida después, La madre del cordero, A história da eternidade e El cerrajero, e mais a temática social predominan nas candidaturas. O Festival desenvolverá tamén as seccións paralelas Inédito en Ourense, Documentais, Panorama Galicia, Cine e Viño e Sesións Especiais. Por outra banda, a organización do evento entregoulle o premio Cidade de Ourense desta edición ao director Emilio Martínez-Lázaro como "homenaxe á súa traxectoria e querendo celebrar o éxito do cine español neste ano 2014".. Amplía a nova>>

03/11/2014
Estréase en Cambados o que foi o último filme de Dygra

Segundo anunciou Juan Galiñanes, director de Holy Night, a última peli producida por Dygra Films en 2011 e que nunca chegou a ser estreada formalmente, Cambados acollerá este venres ás 19 h. a primeira proxección pública do filme que custou entre dez e once millóns de euros. Dygra nunca chegaría a pechar un acordo coas distribuidoras e finalmente remataría por pechar. Será esta a primeira proxección, pero Galiñanes sinalou que se están buscando salas de exhibición comercial para este Nadal. . Amplía a nova>>

03/11/2014
Doce producións reparten as axudas ao desenvolvemento audiovisual

O web da Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe a resolución das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega. En total doce producións repartirán a partida de 175.000 euros da convocatoria entre este e o vindeiro ano. As longametraxes cinematográficas foron as máis beneficiadas pola convocatoria, con nove proxectos deste tipo. Entre eles, atópase á cabeza do financiamento mediante estas axudas Tempo vertical de Zeitun Films, que obtivo unha axuda de 18.693 eruos. Séguena a pouca distancia Dragal de Ficción Producións e mais Ningún deus aquí arriba, ambas con 16.918 euros, e Maldita memoria, Xamalú, que obtivo 16.817 euros.. Amplía a nova>>

31/10/2014
Cineuropa proxectará 227 filmes

227 películas que se poderán ver en catro equipamentos composteláns: o Teatro Principal, o Salón Teatro, o CGAC e Afundación de Abanca. Esa é a principal aposta este ano de Cineuropa, o Festival de Cine de Santiago, que ademáis completa o seu programa con Cineuropa Concerto, un evento musical no que se poderá asistir a oito concertos, algúns deles baseados en música de cinema, da man da Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia. Canda as seccións habituais de Oficial, panorama Internacional, DOCS-Cineuropa, Fantastique Compostela, Panorama Audiovisual Galego ou DOCS-Music, este ano o programa complétase con tributos específicos a actores como Lauren Bacall, James Garner ou robin Williams, ou o cinema alemán vinte cinco anos despois da caída do muro. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org