29/10/2014
Pistacatro presenta en Santiago o seu espectáculo "Desperta!"
A compañía circense Pista Castro estreará o seu novo espectáculo "Desperta!" este xoves 30 de outubro no Teatro Principal de Santiago ás 21.00 h. Segundo a compañía, "Desperta!" é un sho no que se afonda na identidade individual, no que nos iguala e nos diferencia, e que transcorre na intimidade dun baño cando ninguén mira". A dirección do espectáculo está a cargo de Natalia Outeiro. .
Amplía a nova>>
27/10/2014
Nace o circuíto Cinemas de Galicia
Unha nova proposta para incrementar a oferta cinematográfica do país en lugares onde non hai salas e achegar máis títulos galegos ás pantallas. Este é o espírito co que a Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba esta mañá
Cinemas de Galicia. A nova rede ponse en marcha en catro concellos, As Pontes de García Rodríguez, Foz, O Carballiño e Sanxenxo, cada un dos cales proxectará un mínimo de oito películas, das que cando menos cinco serán galegas. Os programadores poderán escoller entre un catálogo de 18 filmes entre os que se atopan once producións galegas en fase de explotación comercial. .
Amplía a nova>>
22/10/2014
O Gaiás homenaxeará os 25 anos de audiovisual galego
1989 é unha data clave para o cine galego.
Sempre Xonxa de Chano Piñeiro,
Continental de Xavier Villaverde e
Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e sss García Pinal, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, estreáronse do 23 ao 26 de novembro do 89 en Vigo. O Centro Gaiás quere homenaxear este feito a través dunha exposición que estará dividida en cinco sección: cine galego "revisará o audiovisual a través das longametraxes como formato principal. "Rodado essn Galicia" exporá s filmes alleos recollidos na nosa contorna paisaxística e monumental. "Ficcións televisivas" amosará a TV coma o motor da produción propia, "25 pezas máis recollerá outros formatos como animación ou documental" e "Cine de papel" pfreceralle ao público a abondosa e fundamental achega historiográfica ao audiovisual,. .
Amplía a nova>>
21/10/2014
O Freakemazine enche A Coruña de cine fantástico e de terror
Películas, obradoiros, eventos, festival de curtas, charlas e outras actividades encherán A Coruña de cultura freak do 22 ao 26 de outubro. Cine fantástico ou de terror "de calidade", con escasa distribución en salas comerciais. O Freakemazine tamén incluirá na súa inauguración, o día 22 de outubro, unha "videoregueira", un evento "híbrido entre o show e a charla" na que o ilustrador David Rubín e o rapeiro Hevi converxerán e dialogarán sobre cine fantástico e cultura popular. .
Amplía a nova>>
16/10/2014
O ukelele fai a unión
Deseño, música, videoclips... e ukeleles. Implicar a dez deseñadores, dez solistas e conxuntos de música e dez produtoras audiovisuais arredor dun instrumento é a ambiciosa proposta que desenvolveu a tenda O Gato Cósmico co seu Ukelele Kit Project. O resultado desta iniciativa pode verse este mes cunha exposición na Zona C de Compostela..
Amplía a nova>>
15/10/2014
Sete produtoras galegas participan no MIPCOM de Cannes
A vila francesa de Cannes acolle un ano máis, ata o vindeiro 16 de outubro o MIPCOM. Esta feira, considerada a máis importante do mundo no campo dos contidos televisivos conta na nova edición coa presenza de sete produtoras galegas, que acoden co apoio das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a internacionalización. En concreto trátase de Destino Bergen, Ficción Producciones, Filmanova, que acode coa súa filial mexicana, Portocabo, Tree Line, Voz Audiovisual e Zenit TV. Entre outros proxectos, as empresas galegas levan a este mercado producións como o filme
Schimbare de Álex Sampayo, o documental
Los austrias ou a a adaptación televisiva da novela de Jorge Díaz
Cartas a palacio.
Amplía a nova>>
13/10/2014
O XI Curtocircuíto fecha con premios para Álvaro Gago e Xacio Baño
O Teatro Principal de Santiago acolleu o pasado sábado a gala de feche da XI edición de Curtocircuíto. No acto entregáronse os premios desta xeira, entre os que destacaron o premio premio CREA ao mellor director galego para Álvaro Gago e mais os premio AGAG ao mellor guión galego e premio Planeta GZ que foron para Xacio Baño. Canda a eles, o filme
Traversées fíxose co premio Radar, mentres
Substanz levou o Explora. O xurado novo entregou o seu galardón á curta
Washingtonia mentres a favorita do público foi
Forever Over..
Amplía a nova>>
09/10/2014
O cinema euroárabe retorna a Compostela con Amal
Sen recuperar o formato de festival, Amal volta a Compostela como ciclo de cinema. A manter o formato do pasado ano, a iniciativa proxectará un total de nove filmes entre o 13 e o 18 de outubro, nos que se mesturan estreas cunha selección de traballos xa vistos en anteriores edicións. Así, os espectadores poderán ver
Return to Homs,
They are de dogs,
Amreeka,
Infiltrators, Omar, Yo soy Gaza,
Homeland (Né Quelque Part),
La bicicleta verde e
Waiting for Pasolini. Todas as proxeccións desenvolveranse no auditorio auditorio ABanca. Ademais desta entidade, o programa conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais. segundo denunciara a organización, a falta de apoio económico provocara o pasado ano a transformación do festival nun ciclo non competitivo..
Amplía a nova>>
07/10/2014
Nace o Observatorio do Audiovisual de Galicia
Da man dun grupo de profesionais do sector acaba de nacer o Observatorio do Audiovisual de Galicia, un proxecto que se presenta como un foro de debate, con reunións periódicas e organizado en grupos de traballo" co obxectivo de "contribuír a deseñar unha (nova) folla de ruta para o audiovisual". A situación actual do sector, deficiencias nas convocatorias recentes da AGADIC e a necesidade de propor alternativas apúntanse como bases para esta iniciativa, que conseguiu xa o apoio de máis de 120 profesionais deste ámbito. .
Amplía a nova>>
06/10/2014
Un proxecto de Andrés Rosende é premiado no Fantastic Market de Austin
O Audiovisual Galego continúa a obter recoñecementos no exterior. Así,
The Turned, proxecto dirixido polo compostelán Andrés Rosende acaba de se facer co galardón á mellor presentación de proxecto (Pitching Project) no Fantastic Market que se celebrou en Austin, Texas. O traballo, baseado no filme
Escape coa que Rosende obtivera o premio do Sindicato de Directores de America à mellor curta latina, aborda a temática vampírica deste a óptica da inmigración ilegal..
Amplía a nova>>