03/10/2014
Os centros de ensino galegos destacan nos premios á Alfabetización Audiovisual
Os premios á Alfabetización Audiovisual que convoca o Mnisterio de Educación, Cultura e Deporte teñen na súa segunda edición inequívoco sabor galego, xa que dous dos tres galardóns outorgados foron para centros do noso país. En concreto o CEIP A Rúa de Cangas, viu recoñecido o seu proxecto
Cineando ilusións, no que os alumnos elaboraron un documental sobre a antiga conserveira Massó. Ao tempo, no apartado de secundaria alzouse co galardón o IES Cacheiras, en Teo, polo proxecto
Persoas. Cada un dos centros recibirá 3.000 euros polo seu traballo..
Amplía a nova>>
29/09/2014
Álex Sampayo gaña o Festival de San Diego
O director de Lalín Alex Sampayo fíxose onte co premio ao mellor filme internacional no Festival de San Diego coa súa primeira longametraxe.
Schimbare, de Ficción produccións, está protagonizada por Candela Peña e Luís Zahera e aborda a problemática das redes internacionais de tráfico de órganos. O traballo, único filme español a competición, estivo tamén presente no Festival internacional de Montreal..
Amplía a nova>>
22/09/2014
Curtocircuito estrea seccións novas para dar a coñecer novas promesas
Curtocircuito, o Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela, proxectará máis de 120 filmes entre o 6 e o 11 de outubro, baixo a dirección de Pela del Álamo. Desta edición, o festival "propón un novo modelo compacto, de calidade, con vocación internacional". E para iso dótase de seccións novas, como Radar, que busca "acoller unha variada selección de títulos que marcan tendencias" ou Púlsar, destinada a "amosar o traballo de directores emerxentes", e que se inicia cun monográfico sobre o portugués Gabriel Abrantes, unha das figuras máis prometedoras do audiovisual luso..
Amplía a nova>>
18/09/2014
Neira Vilas, Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira e o Centro Pen Galicia levan os Premios da Cultura Galega 2014
A Xunta de Galicia deu a coñecer onte os gañadores dos Premios da Cultura Galega neste ano. Xosé Neira Vilas foi o galardoado na modalidade de Letras, recoñecéndoo como "un dos narradores que mellor describiu a dureza da vida campesiña e o sentimento de desarraigo do emigrante galego". No campo das artes plásticas recoñeceuse a Galería Trinta, mentres o galardón de artes escénicas levouno o actor de dramaturgo Cándido Pazó. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira mereceu a honra do xurado na categoría de Música, mentres no audiovisual recoñeceuse o traballo da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)..
Amplía a nova>>
15/09/2014
Francia arrasa nos premios dos FIC de Bueu
O filme francés
La lampe au beurre de Yak (A lámpada de manteiga de Yak) foi o gañador do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Bueu. O produtor da cinta, Julien Féret, recibiu da man do alcalde da localidade un premio de 2.000 euros. O segundo premio do xurado foi para outra produción francesa,
La Fuge. O premio do público foi para o filme
Meu amigo Nietzsche, do realizador brasileiro Fáusto da Silva.
3-1=0 resultou a mellor curta galega, realizada por Juan Galiñanes. .
Amplía a nova>>
11/09/2014
A lembranza do ollar (III): Reconstruíndo a Prósperi e Otero
Continuamos coa nosa serie audiovisual
A lembranza do ollar, elaborada por Pablo Prado, explorando a apaixonante historia de Filippo Prosperi e Cándida Otero, pioneiros da fotografía en Vigo. Ao redor destes fotógrafos aínda hai moitas preguntas pendentes e moito descoñecemento ao redor dos seus fondos. Falamos con Vítor Vaqueiro, especialista en patrimonio fotográfico, para coñecer as claves e as preguntas que aínda están no aire. .
Amplía a nova>>
05/09/2014
San Sadurniño acolle esta fin de semana o Chanfaina Lab
A chanfaina é unha receita tradicional do norte de Galicia que consistía en aproveitar as partes menos nobles do porco para facer unha sorte de chourizos e o significado, segundo a organización, acabou derivando en "revolto de cousas diversas". Máis de vinte realizadores audiovisuais galegos, de estilos totalmente distintos pero unidos pola súa mocidade, participarán esta fin de semana no Chanfaina Lab do concello de San Sadurniño. Trátase de facer pezas de entre tres e cinco minutos ambientadas no territorio municipal que se estrearán no Nadal..
Amplía a nova>>
03/09/2014
O FIB Bueu acollerá a exhibición de 27 filmes
A sétima edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) Bueu proxectará este ano 27 curtas, logo de que se presentaran a concurso un total de 932 obras. Este ano aumentáronse o número de obras a concurso "debido ao elevado número decurtas que recibimos e a súa calidade". O país con máis obras aceptadas é Francia, a maior parte das curtas son dramas e concursa unha de animación. O Centro Social do Mar da vila acollerá as proxeccións e actividades paralelas do 8 ao 13 de setembro. .
Amplía a nova>>
28/08/2014
A lembranza do ollar(I): Pasouoquepasou, a memoria galega dende 1985
Comezamos hoxe unha nova serie audiovisual:
A lembranza do ollar. Trátase dun repaso a catro interesantes proxectos de arquivado e recuperación da memoria audiovisual e fotográfica. Nos documentais, achegámonos a fascinantes coleccións gráficas e coñecemos como os promotores destas iniciativas as recuperan e difunden. Unha serie inspiradora, elaborada nos textos e vídeos por Pablo Prado.
Amplía a nova>>
27/08/2014
A Esmorga estrearase na apertura do Festival de Cine de Ourense
O OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense, contará na apertura da súa 19ª edición, o 15 de novembro, cunha estrea emblemática. Será o filme
A Esmorga, a versión cinematográfica da obra emblemática de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar. Unha semana despois, A Esmorga chegará ás salas de cine comerciais. O OUFF celebrarase do 15 ao 23 de novembro. .
Amplía a nova>>