Novas | 1581 a 1590 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

27/08/2014
A Esmorga estrearase na apertura do Festival de Cine de Ourense

O OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense, contará na apertura da súa 19ª edición, o 15 de novembro, cunha estrea emblemática. Será o filme A Esmorga, a versión cinematográfica da obra emblemática de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar. Unha semana despois, A Esmorga chegará ás salas de cine comerciais. O OUFF celebrarase do 15 ao 23 de novembro. . Amplía a nova>>

20/08/2014
Unha vila como fondo

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) son un evento mítico na conformación do audiovisual galego desde os anos 80, que apostan porque Carballiño sexa non só un lugar de debate, senón un lugar no que se grave cine, e para iso alentan aos afeccionados. Aquí podes ver as curtas gañadoras do concurso deste ano. . Amplía a nova>>

19/08/2014
O Concello da Coruña proxecta trasladar varias institucións culturais ao Goberno Militar

O Concello da Coruña obtivo o uso do antigo Goberno Militar e quere destinalo a usos culturais. Para iso, segundo La Opinión, pretende trasladar ao edificio as institucións que ata agora tiñan a súa sé na rúa Durán Loriga, entre elas o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), a Biblioteca de Estudos Locais e o Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, ademáis da Real Academia de Medicina. . Amplía a nova>>

18/08/2014
AGADIC convoca axudas para promoción do talento audiovisual e para realizadores noveis

A Consellería de Cultura destina un total de 145.000 euros á súa nova convocatoria de subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A convocatoria consta de tres modalidades: subvencións á escrita individual de guión en galego, subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega e subvencións a proxectos de longamentraxes cinematográficas en versión orixianl galega e que conten cun director novel. . Amplía a nova>>

07/08/2014
As 31 Xociviga homenaxean o Cineclube O Carballiño

A actividade do Cineclube O Carballiño será homenaxeada na 31 edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga) que se celebran nesa vila entre o 11 e o 17 de agosto. O Cineclube foi unha peza fundamental na posta en marcha desta iniciativa e correu coa organización das xornadas durante boa parte da súa historia. O encontro inclúe a proxección en diferentes espazos da vila de filmes como El Hobitt, la desolación de Smaug, Brave, Urxa, A casa da luz, Continental, El gran hotel Budapest ou Los fenómenos. O programa inclúe tamén a celebración dun encontro audiovisual galego-portugués e de diferentes actividades.. Amplía a nova>>

01/08/2014
O Festival de Artes Escénicas de Riós homenaxea a Morris

Os vindeiros 13 e 14 de agosto Riós acolle a VII edición do seu Festival de Artes Escénicas. O actor Antonio Durán Morris será o homenaxeado nesta xeira coa Castaña de Cristal, mentres que Carlos Sobera e Carmen Avendaño serán recoñecidos dándolles os seus nomes a senllos castiñeiros. Canda a isto, o programa inclúe unha intensa axenda na que non faltan propostas audiovisuais como a proxección do trailer de A Esmorga ou a preestrea da nova temporada da webserie Clases do social, así como a sección de cinema de integración social. . Amplía a nova>>

29/07/2014
Lois Patiño faise co premio da Mostra Gas Natural-Fenosa

Montaña en sombra un vídeo de catorce minutos é o traballo co que Lois Patiño obtiña onte o premio da 13ª Mostra Internacional Gas Natural Fenosa, dotado con 15.000 euros. Canda a el, foron galardoados Iñaki Gracenea por Cahiers des fleurs-jax e José Ramón Ais pola composición Parque Natural 2. En paralelo, o Concello da Coruña seleccionou para o premio Julián Trincado ao mellor autor galego a Álvaro Negro, que recibirá 6.750 euros por Estela II. . Amplía a nova>>

22/07/2014
Verán cultural en Ons

Algo acontece con Ons. Ao longo dos últimos dous meses viron a luz un libro electrónico, un documental, unha exposición e mais un disco que teñen o seu eixe nesta illa. A abundancia de propostas amosa o grande potencial cultural dunha zona ata o de agora pouco coñecida. . Amplía a nova>>

17/07/2014
Xacio Baño participa no Festival de Cinema de Locarno

O prestixioso Festival Internacional de Cinema de Locarno, un dos eventos que califican para os Oscar, contará con presenza galega. A curta de non ficción Ser e voltar, do galego Xacio Baño proxectarase no marco da sección Pardo di Domani. A curta de Baño amosa as tentativas do propio director de explicarlle aos seus avós en qué consiste o seu traballo no cinema.. Amplía a nova>>

14/07/2014
Monforte acollerá o seu primeiro festival de cinema fantástico

Con Narciso Ibáñez Serrador como padriño, Monforte acollerá entre os vindeiros 21 e 24 de agosto a primeira edición de Fancine de Lemos. O Festival de Cinema Fantástico nace da man do cineclub A Calexa e mais da produtora Amanita Films, e pretende amosar as mellores curtametraxes de xénero fantástico, de terror ou de ciencia ficción. Canda a estas obras, a primeira xeira dedícalle unha retrospectiva a Ibáñez Serrador, de quen se proxectarán os filmes La Residencia e ¿Quién puede matar a un niño?.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org