11/02/2015
Quiosco: Revista Actúa número 41
A Revista Aisge Actúa vén de presentar o seu número 41, correspondente a outubro/decembro de 2014. A revista é editada pola Sociedade de xestión de Artistas e Intérpretes e dedica un amplo monográfico neste número a Galicia, con entrevistas a Miguel de Lira, Lucía Regueiro e Tamar Novas. A revista pode descargarse de balde na ligazón asociada a esta noticia. .
Amplía a nova>>
09/02/2015
Xacio Baño volta de Clermont-Ferrand con dous recoñecementos
O festival de curtametraxes de Clermont-Ferrand, que remataba esta fin de semana na localidade francesa, recoñeceu o traballo do galego Xacio Baño. A súa curtametraxe
Ser e Voltar, na que o director realiza un retrato dos seus propios avós, obtivo unha mención especial do xurado e mais o premio Canal+ na sección Labo, dedicada a proxectos experimentais. Esta primeira incursión de Baño no xénero documental foi xa recoñecida con galardóns no Festival de Cans e en Curtocircuíto..
Amplía a nova>>
09/02/2015
Xeración Goya
Máis diversificados territorialmente, os últimos premios Goya confirmaron o bo papel de Galicia no mundo actoral e auguran un certo cambio de ciclo no cinema, máis próximo ás salas e con focos máis repartidos por todo o Estado. Nerea Barros e Javier Gutiérrez confirman a boa presenza dos actores galegos. .
Amplía a nova>>
04/02/2015
A TVG apoiará cinco filmes e catro documentais en 2015
Toro, con Luís Tosar e Mario Casas,
As mimosas de Óliver Laxe,
María e os demais, a ópera prima de Nely Reguera, a coprodución
Maimiño e mais o filme de animación
A tropa de trapo 2 recibirán apoio económico da Televisión de Galicia. A Comisión Directiva de Programación da canle pública anunciaba hai dous días a súa participación nun total de nove producións, nas que ademais destas longametraxes inclúense catro documentais. En concreto trátase dos proxectos
A Seara de Pepe Coira,
O ferry de Portomouros,
En todas as mans centrado na realidade do monte veciñal e
A batalla descoñecida, dedicada a extracción do wolframio durante a Segunda Guerra Mundial..
Amplía a nova>>
02/02/2015
Última semana para o cinema
O vindeiro 8 de febreiro fecha as súas portas
Cinegalicia 25, a exposición que, ao longo dos últimos meses, percorreu a historia do cinema galego nos últimos 25 anos. A Cidade da Cultura acolleu este proxecto comisariado por Miguel Anxo Fernández, no que se fai un percorrido por unha etapa fundamental para o desenvolvemento do audiovisual no noso país..
Amplía a nova>>
30/01/2015
Os "jalpóns" de Festival de Cans buscan padriño
Co obxectivo de depender menos de subvencións oficiais, a organización do festival de Cans decidiu que as dez salas de proxección que se habilitan durante o Festival de Cans en inmobles multiusos da parroquia. Os ghalpóns poden ser empregados como espazo publicitario e promocional. O festival celebrará a súa duodécima edición na parroquia de Cans (Porriño) entre o 20 e o 23 de maio. .
Amplía a nova>>
29/01/2015
A base audiovisual
Hai xa oito anos, a asociación Senunpeso, en Vedra, iniciaba un proxecto pouco usual arredor da sétima arte. O LAV, un laboratorio audiovisual que reúne afeccionados e profesionais, amosa co seu éxito as posibilidades da formación arredor deste ámbito. O encontro celebra agora unha nova edición a manter o seu obxectivo de achegar ao público os coñecementos para contar historias con imaxes..
Amplía a nova>>
28/01/2015
As últimas producións galegas atópanse no programa Augal
Por cuarto ano, a Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra acolle o ciclo de formación sobre audiovisual Augal. Desta volta, o programa, que se desenvolve entre febreiro e abril, inclúe a proxección de varias producións recentes do noso panorama fílmico, como
Encallados,
Las altas presiones ou
A viaxe de Leslie. Ademais, un apartado dedicado especificamente a webseries amosará os traballos
Interfecto,
Poetarras e
Clases do social. Os responsables dos diferentes proxectos, como Alfonso Zarauza, Marcos Nine, Nerea Sarmiento, Ángel Santos ou David Valero compartirán a súa experiencia cos asistentes, que se poden matricular a partir do 28 de xaneiro. Na última xornada, o martes 21, está previsto que se desenvolva unha conferencia sobre a situación do sector audiovisual a cargo de Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual..
Amplía a nova>>
21/01/2015
Comeza carreira polos Mestre Mateo e os María Casares
A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este luns a listaxe dos proxectos inscritos para competir na vindeira edición dos premios Mestre Mateo. En total son 111 obras as que compiten inicialmente nas 25 categorías dos galardóns. Destas producións, 11 son longametraxes, 17 documentais, 5 series, 7 series web, 20 programas de televisión, 18 curtas, 16 anuncios publicitarios e 17 videoclips. Desta listaxe seleccionaranse catro finalistas para cada categoría que se darán a coñecer o vindeiro mes de marzo..
Amplía a nova>>
13/01/2015
O LAV de Vedra convoca a oitava edición dos seus cursos
Audiovisual con móbil, montaxe, maquillaxe e efectos especiais, traballo con hardware libre, interpretación, dirección de actores ou colorimetría. O Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) convoca unha nova edición, a oitava xa, dos seus cursos. Entre o seis e o oito de febreiro os interesados poderán participar dunha oferta formativa a cargo de profesionais como Flor Maceiras, Jorge Coira, Alfonso Zarauza ou Xoán Diéguez entre outros. Ademais das actividades formativas, o encontro inclúe tamén unha mostra audiovisual..
Amplía a nova>>