Novas | 1541 a 1550 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

07/01/2015
Importante presenza galega nas nominacións aos Goya

As quince nominación que acumula El niño, producida pola empresa galega Vaca Films supoñen o groso da presenza do noso audiovisual nos Premios Goya. A Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España daba a coñecer esta mañá a lista de finalistas para se facer con estes galardóns que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. O filme Daniel Monzón tamén achega as nominacións galegas de Nerea Barros a Actriz Revelación e de Raquel Fidalgo na categoría de maquillaxe e perruquería. Pola súa banda, Javier Gutiérrez optará ao premio ao mellor actor protagonista por La Isla Mínima, mentres A Esmorga compite polo mellor guión adaptado e Sangre de Unicornio, de Alberto Vázquez na categoría de mellor curta de animación. Tamén La tropa de trapo en la selva del arcoiris opta ao premio como mellor longametraxe de animación.. Amplía a nova>>

30/12/2014
Vinte novas licenzas ampliarán a oferta de televisión local

O Consello da Xunta aprobaba o pasado venres a concesión de vinte novas licenzas de televisións privadas de ámbito local. A resolución deste concurso permitirá que outros tantos operadores comecen a emitir no noso país, para o que dispoñen dun prazo de 12 meses. No concurso ficaron vacantes as licenzas para as Pontes, Chantada, Vilalba, Viveiro, O Barco e Verín, e dez das concesións foron para V Televisión.. Amplía a nova>>

29/12/2014
Convócanse as axudas para distribución cultural e festivais de Cinema

Un total de 350.000 euros apoiarán as actividades de distribución para industrias culturais ao longo de 2015, mentres que os festivais de cinema do país distribuiranse 90.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias da Axencia Galega das Industrias Culturais para estes fins, que manteñen as contías do pasado ano. Así, no campo da distribución, a Axencia apoia a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia, as presentacións en feiras e festivais foráneos, a asistencia a feiras e mercados culturais e mais as representacións no noso propio país. As convocatorias están abertas ata o vindeiro 31 de agosto de 2015 nas axudas á distribución e dun mes no caso dos festivais.. Amplía a nova>>

29/12/2014
A AGADIC resolve as axudas a audiovisuais de contido cultural galego

Un total de trece proxectos audiovisuais distribúen os case dous millóns de euros das subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego que convocaba o pasado mes de agosto a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total son once longametraxes de ficción e documentais unha serie de animación e unha miniserie histórica as que reparten os fondos, que se distribúen entre 2014 e 2016. Entre os proxectos máis beneficiados nesta convocatoria, destacan a miniserie Juana de Vega e a alumna da liberdade, de Zenit Televisión, e mais a longametraxe Sicixia de Vía Láctea, con cadanseus 260.000 euros.. Amplía a nova>>

23/12/2014
Feliz ano 2015

A edición diaria de noticias e contidos de Culturagalega non se actualizará ata o vindeiro día 3 de xaneiro de 2015. Amplía a nova>>

18/12/2014
Catro filmes do audiovisual galego reciben axudas para a amortización

Son Todo é silencio, Vilamor, Lobos de Arga e Invasor, catro producións galegas que concorreron ás axudas para a amortización de filmes do Ministerio de Educación e Cultura. Nas táboas achégase tamén información sobre espectadores. Todo é silencio tivo 66.678 espectadores e recibiu máis de 970.000 euros de subvención, Vilamor, 41.960 e recibiu 377.000 euros, Lobos de Arga 75.767, recibindo 1.067.000 euros e Invasor 76.977, con 881.060 euros de subvención. . Amplía a nova>>

16/12/2014
Juan Gautier gaña a XV Mostra de Curtas de Noia por Soy tan feliz

O realizador Juan Gautier gañou o premio á mellor curtametraxe da XV Mostra de Curtas de Noia pola produción Soy tan feliz. O premio consiste en 4.000 euros máis un trofeo conmemorativo. O mellor director, pola contra, foi Carles Torrens por Sequence e Raskesh B. Narawani fíxose co mellor guión por Closet. Os actores Jonas Bloquet e Olaya Martín obtiveron respectivamente os premios a mellor actor e mellor acriz e o premio especial do público foi para I am Sami de Kae Bahar. A mellor curta comarcal foi para O agasallo de Peña Producións. . Amplía a nova>>

09/12/2014
O Coliseo Noela reabre para a XV Mostra de Curtas de Noia

Con Little Galicia,Os fenómenos e Funes,o inventor da lúa como cabezas de cartel, o pasado día 7 comezaba a XV Mostra de Curtas de Noia. O Teatro Coliseo Noela reabriu as súas portas como sede deste evento logo de tres anos e medio fechado por reformas. Máis de corenta producións internacionais compoñen un programa que inclúe animación e filmes realizados na propia comarca. Logo dos dous primeiros días de proxección, a actividade continúa desde o día 10 ao 14 deste mes.. Amplía a nova>>

02/12/2014
A esmorga da esmorga

"Contento cos resultados?". Do outro lado do teléfono escóitase unha sonora gargallada. "Esa é unha pregunta retórica?", contesta Ignacio Vilar, director de A Esmorga, a película galega e en galego que está obtendo os primeiros postos nas cartelerias dos cines galegos por segunda semana consecutiva. Xa van aló máis de 20.000 espectadores só en Galicia, superando ás grandes producións americanas, e a cifra segue a subir. Falamos con Vilar para coñecer as claves do éxito da Esmorga e o que nos ensina sobre o futuro do audiovisual galego. . Amplía a nova>>

01/12/2014
The salt of the Earth leva o Premio Cineuropa

O documental de Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado sobre o fotógrafo Sebastião Salgado impúxose na 28 edición do Festival Cineuropa, que fechaba onte as súas portas en Compostela. O público que ao longo do mes asistiu as proxeccións deste programa seleccionou The salt of the Earth cunha nota media de 9,11 o que sitúa o filme a distancia da segunda seleccionada na sección oficial, O noso último verán en Escocia que ficou cunha nota de 8,29.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org