25/11/2014
Fotogramas da ausencia
Dúas psicólogas e dúas realizadoras audiovisuais, unha axuda da Unión Europea e moitas gañas fixeron callar o proxecto Videocartas Galiza-Berlín. Unha experiencia que busca recuperar a comunicación entre emigrantes e os seus próximos nos países de orixe, pero facéndoas públicas a través do audiovisual e motivando un debate aberto sobre a emigración onte e hoxe. As curtas resultantes puidéronse ver en Cineuropa..
Amplía a nova>>
25/11/2014
A Semana de Cine Submarino acolle unha estrea mundial de National Geographic
Vigo acolle entre mañá e o vindeiro 28 de novembro a vixésimo cuarta edición da Semana de Cine Submarino. O evento conta como principal novidade este ano coa estrea mundial do documental
Illas Desventuradas: O Chile máis salvaxe rodado para National Geographic. Precisamente Manu San Félix, biólogo e operador de cámara nesta produción será o convidado de honra da nova edición. Canda a este traballo, a cita inclúe no seu programa outros tres documentais vencellados a National Geographic e as producións
Esencia das mareas e mais
Mar dun bosque encantado do galego Jorge Candán, que tamén acudirá como convidado..
Amplía a nova>>
24/11/2014
De nieuwe wereld álzase co galardón do OUFF
A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF) fechaba onte as súas portas. A coincidir co final desta edición, dábanse a coñecer os gañadores dos premios do ano. Desta volta foi a holandesa
De nieuwe wereld a que levou o Gran Premio Calpurnia á mellor película, e viu o seu director, Jaap van Heusden honrado co premio Carlos Velo á mellor dirección. Pola súa banda, a alemana
Ohne Dich valeulle ao director Alexandre Powelz o galardón do público e, canda a Alexandra Umminger, o de mellor guión.. Amplía a nova>>
24/11/2014
A Esmorga convírtese na segunda película por recadación media no Estado
Era o runrun de toda a fin de semana pero hoxe o gabinete de comunicación de Via Láctea Produccións, a produtora de A Esmorga, confirmábao.
A Esmorga convertíase na segunda película por recadación media por cine de todo o Estado, malia estrearse unicamente en Galicia. Segundo
El Blog del Cine Español, iso supuxo unha posible facturación en taquilla duns 100.000 euros nesta primeira fin de semana..
Amplía a nova>>
24/11/2014
A Academia Galega do Audiovisual conservará as categorías de premios a formatos curtos
A Academia Galega do Audiovisual decidiu reincorporar aos Premios Mestre Mateo 2015 as catro categorías de formatos curtos (curtametraxe, webserie, anuncio publicitario e videoclip) e a de Dirección de Produción. A Asemblea tomou esta decisión tralas críticas mantidas por membros do sector, e anunciou a apertura dun debate para a "creación duns novos galardóns nos que atender a importancia das novas miradas e linguaxes audiovisuais". .
Amplía a nova>>
14/11/2014
Trece producións reparten as axudas ao talento audiovisual
Cinco propostas de guión, cinco curtametraxes e tres longametraxes reparten as subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer esta mañá a resolución desta convocatoria que distribuíu un total de 145.000 euros entre as trece producións seleccionadas. Os filmes
O eco, de Alberto García Hermida,
Contrafaces de Alfonso Vázquez Cortizo e
O tempo futuro de Xoan Escudero Rodríguez son os que reciben unha maior contía con cadanseus 30.000 euros..
Amplía a nova>>
14/11/2014
A estrea de A Esmorga abre mañá o Festival de Cinema de Ourense
Hai xa catro anos que o OUFF, o Festival Internacional de Cinema de Ourense acollía a presentación do proxecto de adaptar
A Esmorga de Blanco Amor, ao cinema. Mañá, a XIX edición deste evento arrinca coa estrea deste filme que dirixiu Ignacio Vilar e que protagonizan Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán
Morris. Unha produción de Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia que levou seis anos a se completar e que vai chegar ás salas comerciais o vindeiro venres 21 de novembro..
Amplía a nova>>
12/11/2014
A Academia do Audiovisual reformula os Mestre Mateo
A XIII edición dos Premos Mestre Mateo está xa en marcha. A Academia Galega do Audiovisual abría onte o prazo para participar nos seus galardóns anuais, que chegan este ano con novidades. Así, este ano unicamente haberá catro ámbitos a concurso, centradas en longametraxes, documentais, series e programas de TV. En paralelo, a Academia crea os Premios Ith, que se darán a coñecer a finais do verán e que pretenden "recoñecer o talento emerxente dos novos creadores audiovisuais no máis amplo sentido da palabra; recoñecer a aportación doutras realidades dentro do sector audiovisual como o mundo da crítica, o estudio, a difusión, etc: e por último, recoñecer e poñer en valor o talento existente noutros terreos da creación audiovisual e noutros formatos de menor duración". En total, convócanse vinte categorías, e desaparecen apartados como os de Mellor Longametraxe para Televisión, Mellor Serie Web, Mellor Curtametraxe de Imaxe Real, Mellor Curtametraxe de Animación, Mellor Anuncio Publicitario, Mellor Videoclip e Mellor Dirección de Produción. O prazo de presentación de candidaturas aos galardóns está aberto ata o vindeiro 28 de novembro..
Amplía a nova>>
11/11/2014
Cineuropa: as oito de Moncho Lemos
Se non tes moito tempo, afrontar a disección das máis de duascentas películas de Cineuropa, o Festival de Cine de Santiago de Compostela é unha tarefa complicada. Pedímoslle a Moncho Lemos, coñecido xornalista cultural e cinematográfico, que nos faga unha pequena selección de películas imprescindibles de Cineuropa para as vindeiras semanas. E estas son as súas oito recomendacións. Disfrútaas!.
Amplía a nova>>
07/11/2014
Artfutura reflexiona en Vigo sobre a promesa dixital
Durante os vindeiros tres fins de semana (a partir de hoxe) o Museo de Arte Contemporánea de Vigo acollerá unha das sedes de ARTFUTURa, que este ano celébrase simultaneamente en 20 cidades. Baixo o título "A promesa dixital", o programa deste ano analiza que deu de si a euforia do dixital nos últimos vintecinco anos, entre expectativas e realidades. Documentais, curtas e gravacións artísticas compoñen a exhibición. .
Amplía a nova>>