Novas | 1561 a 1570 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

06/11/2014
Xacio Baño e Alberto Vázquez optan aos Goya de curtametraxes

Dous traballos galegos están entre os trinta e cinco que optan a se facer cun Goya nas categorías de longametraxes. Ser e voltar, de Xacio Baño, foi seleccionado pola directiva da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como un dos dez candidatos para ser premiado no apartado de documentais. Pola súa banda, Sangre de unicornio de Alberto Vázquez, opta a un galardón como mellor curta de animación. Comeza agora o proceso de votación dos membros da Academia para seleccionar os finalistas e, entre estes, os premiados que se coñecerán na gala do vindeiro 8 de febreiro.. Amplía a nova>>

04/11/2014
Latinoamérica e a temática social priman nas candidaturas ao OUFF

Dez filmes nos que participan un total de quince países optan ás Calpurnias, os premios do Festival Internacional de Cinema de Ourense. O XIX OUFF, que se desenvolverá na Cidade das Burgas entre o 15 e o 23 de novembro, presentaba onte os filmes a concurso na súa sección oficial. O cinema emerxente latinoamericano, coas producións La vida después, La madre del cordero, A história da eternidade e El cerrajero, e mais a temática social predominan nas candidaturas. O Festival desenvolverá tamén as seccións paralelas Inédito en Ourense, Documentais, Panorama Galicia, Cine e Viño e Sesións Especiais. Por outra banda, a organización do evento entregoulle o premio Cidade de Ourense desta edición ao director Emilio Martínez-Lázaro como "homenaxe á súa traxectoria e querendo celebrar o éxito do cine español neste ano 2014".. Amplía a nova>>

03/11/2014
Estréase en Cambados o que foi o último filme de Dygra

Segundo anunciou Juan Galiñanes, director de Holy Night, a última peli producida por Dygra Films en 2011 e que nunca chegou a ser estreada formalmente, Cambados acollerá este venres ás 19 h. a primeira proxección pública do filme que custou entre dez e once millóns de euros. Dygra nunca chegaría a pechar un acordo coas distribuidoras e finalmente remataría por pechar. Será esta a primeira proxección, pero Galiñanes sinalou que se están buscando salas de exhibición comercial para este Nadal. . Amplía a nova>>

03/11/2014
Doce producións reparten as axudas ao desenvolvemento audiovisual

O web da Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe a resolución das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega. En total doce producións repartirán a partida de 175.000 euros da convocatoria entre este e o vindeiro ano. As longametraxes cinematográficas foron as máis beneficiadas pola convocatoria, con nove proxectos deste tipo. Entre eles, atópase á cabeza do financiamento mediante estas axudas Tempo vertical de Zeitun Films, que obtivo unha axuda de 18.693 eruos. Séguena a pouca distancia Dragal de Ficción Producións e mais Ningún deus aquí arriba, ambas con 16.918 euros, e Maldita memoria, Xamalú, que obtivo 16.817 euros.. Amplía a nova>>

31/10/2014
Cineuropa proxectará 227 filmes

227 películas que se poderán ver en catro equipamentos composteláns: o Teatro Principal, o Salón Teatro, o CGAC e Afundación de Abanca. Esa é a principal aposta este ano de Cineuropa, o Festival de Cine de Santiago, que ademáis completa o seu programa con Cineuropa Concerto, un evento musical no que se poderá asistir a oito concertos, algúns deles baseados en música de cinema, da man da Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia. Canda as seccións habituais de Oficial, panorama Internacional, DOCS-Cineuropa, Fantastique Compostela, Panorama Audiovisual Galego ou DOCS-Music, este ano o programa complétase con tributos específicos a actores como Lauren Bacall, James Garner ou robin Williams, ou o cinema alemán vinte cinco anos despois da caída do muro. . Amplía a nova>>

29/10/2014
Pistacatro presenta en Santiago o seu espectáculo "Desperta!"

A compañía circense Pista Castro estreará o seu novo espectáculo "Desperta!" este xoves 30 de outubro no Teatro Principal de Santiago ás 21.00 h. Segundo a compañía, "Desperta!" é un sho no que se afonda na identidade individual, no que nos iguala e nos diferencia, e que transcorre na intimidade dun baño cando ninguén mira". A dirección do espectáculo está a cargo de Natalia Outeiro. . Amplía a nova>>

27/10/2014
Nace o circuíto Cinemas de Galicia

Unha nova proposta para incrementar a oferta cinematográfica do país en lugares onde non hai salas e achegar máis títulos galegos ás pantallas. Este é o espírito co que a Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba esta mañá Cinemas de Galicia. A nova rede ponse en marcha en catro concellos, As Pontes de García Rodríguez, Foz, O Carballiño e Sanxenxo, cada un dos cales proxectará un mínimo de oito películas, das que cando menos cinco serán galegas. Os programadores poderán escoller entre un catálogo de 18 filmes entre os que se atopan once producións galegas en fase de explotación comercial. . Amplía a nova>>

22/10/2014
O Gaiás homenaxeará os 25 anos de audiovisual galego

1989 é unha data clave para o cine galego. Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e sss García Pinal, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, estreáronse do 23 ao 26 de novembro do 89 en Vigo. O Centro Gaiás quere homenaxear este feito a través dunha exposición que estará dividida en cinco sección: cine galego "revisará o audiovisual a través das longametraxes como formato principal. "Rodado essn Galicia" exporá s filmes alleos recollidos na nosa contorna paisaxística e monumental. "Ficcións televisivas" amosará a TV coma o motor da produción propia, "25 pezas máis recollerá outros formatos como animación ou documental" e "Cine de papel" pfreceralle ao público a abondosa e fundamental achega historiográfica ao audiovisual,. . Amplía a nova>>

21/10/2014
O Freakemazine enche A Coruña de cine fantástico e de terror

Películas, obradoiros, eventos, festival de curtas, charlas e outras actividades encherán A Coruña de cultura freak do 22 ao 26 de outubro. Cine fantástico ou de terror "de calidade", con escasa distribución en salas comerciais. O Freakemazine tamén incluirá na súa inauguración, o día 22 de outubro, unha "videoregueira", un evento "híbrido entre o show e a charla" na que o ilustrador David Rubín e o rapeiro Hevi converxerán e dialogarán sobre cine fantástico e cultura popular. . Amplía a nova>>

16/10/2014
O ukelele fai a unión

Deseño, música, videoclips... e ukeleles. Implicar a dez deseñadores, dez solistas e conxuntos de música e dez produtoras audiovisuais arredor dun instrumento é a ambiciosa proposta que desenvolveu a tenda O Gato Cósmico co seu Ukelele Kit Project. O resultado desta iniciativa pode verse este mes cunha exposición na Zona C de Compostela.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org