Novas | 1441 a 1450 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

17/02/2016
Dani de la Torre recibe o Premio El Ojo Crítico de Cine

O palmarés premios El Ojo Crítico, que entrega cada ano Radio Nacional de España, contou este ano con dous galegos. Por unha banda, o director Dani de la Torre ve recoñecido o seu traballo no filme El desconocido e faise co galardón de cinema. O xurado destacou "a súa capacidade visual para narrar un conflito social a través da acción e da intriga". Pola outra, o teórico e crítico literario Darío Villanueva, actual presidente da Real Academia Española, foi recoñecido co Premio Especial El Ojo Crítico "pola súa traxectoria académica e intelectual". A entrega dos galardóns celebrouse na tarde de onte en Madrid.. Amplía a nova>>

16/02/2016
A CRTVG renova a súa aposta pola música

Dous novos proxectos amosan o anovado interese da CRTVG pola nosa música. Por unha banda, este 14 de febreiro abría a súas portas o web de Alalá. Esta nova canle permite acceder a todos os contidos deste programa televisivo centrado na música tradicional, ademais de achegar material inédito. O proxecto irá incorporando aos poucos contidos transmedia aos diferentes programas emitidos, e elaborará con este material un mapa das músicas de Galicia, ademais de achegar pezas completas, fotos ou notas dos diferentes programas.. Amplía a nova>>

12/02/2016
AGADIC incrementa o seu apoio aos cineclubes

A Axencia Galega das Industrias Culturais e mais a Federación de Cineclubes de Galicia asinaban esta mañá un convenio polo que a primeira destas entidades contribuirá ao longo de 2016 con 25.000 euros ao funcionamento da segunda. O apoio, que supón un incremento de mil euros a respecto do ano anterior, facilitará o desenvolvemento dunha programación estable e de calidade nos cineclubes do país. A Federación anunciou que de cara a este anos os seus membros teñen previsto programar trece ciclos temáticos e mais nove semanas de cine, además de enviar unha delegación aos Encontros de Cinema de Viana do Castelo. . Amplía a nova>>

12/02/2016
San Sadurniño acolle a proxección dos filmes do Chanfaina Lab

Xa están listas as pezas que saíron do último Chanfaina Lab de San Sadurniño. A Casa da Cultura acollerá na tarde deste sábado trece unha proxección en sesión continua de 21 curtametraxes de diferentes xéneros e estilos que se gravaron entre o catro e o seis de setembro no seo desta iniciativa. En total serán máis de tres horas de filmes que se rodaron integramente no concello e que contaron coa participación de moitos veciños. A proxección estruturarase en tres partes cunha introdución na que participarán os realizadores e mais un descanso intermedio. A sesión comezará ás 18 horas e ten entrada libre. Con posterioridade, a partir do venres 19 comezarán a se publicar no web do proxecto todas estas produción, a razón dunha obra cada venres. . Amplía a nova>>

09/02/2016
O Concello do Porriño incrementa o seu apoio ao Festival de Cans

O vindeiro Festival de Cans contará cun maior apoio do Concello do Porriño ao seu orzamento. En concreto, a cámara municipal incrementa nun 20 por cento a súa achega, que pasa de 15.000 a 18.000 euros. A alcaldesa Eva García e o director do evento, Alfonso Pato, acordaban o pasado venres os termos da colaboración. Ademais de orzamento, o Concello anunciou que preparará unha programación complementaria ao festival que se desenvolverá nas datas previas en diferentes localidades do municipio. Ademais, tamén se renderá unha homenaxe aos veciños da parroquia, que o propio Pato definiu como "os verdadeiros protagonistas" do evento.. Amplía a nova>>

08/02/2016
Galicia volve dos Goya con dúas estatuíñas

Os filmes galegos volveron dos Premios Goya que se entregaron o pasado sábado con só dous dos dez galardóns aos que optaban. Foi a longametraxe El desconocido, de Vaca Films, a que obtivo as estatuíñas, en concreto a de mellor son, que foi para Nacho Arenas, Jaime Fernández e o galego David Machado, e mais a de mellor montaxe, que recoñeceu o traballo de Jorge Coira. O filme aspiraba nesta edición dos premios do cinema español a premios noutras seis categorías.. Amplía a nova>>

03/02/2016
Os escritores cinematográficos recoñecen a Dani de la Torre e a Jorge Coira

O Círculo de Escritores Cinematográficos entregaba onte a súas medallas anuais nunha gala que fai a edición 71 destes galardóns. Desta volta, dous dos premios tiveron nome galego, ao abeiro do filme El desconocido. En concerto, o monfortino Dani de la Torre fíxose co premio ao mellor director revelación, mentres Jorge Coira foi recoñecido polo seu traballo na montaxe desta mesma película. El desconocido compite a vindeira fin de semana polos Premios Goya, para os que acumula oito candidaturas.. Amplía a nova>>

02/02/2016
Quiosco: Papeis da Academia

A Academia Galega do Audiovisual presentou o seu anuario, que desta volta introduce importantes novidades. A primeira é que se editará en formato electrónico e a segunda, é que aspiran a convertelo nunha publicación con máis frecuencia: "Queremos que deixe de ser un anuario: pretendemos que non sexa unha publicación que sae unha vez ao ano, queremos que os novos papeis da Academia cheguen a académicxs e ao noso público, ao longo de todo o ano, con reflexións, estudos e diagnoses dos tempos que vivimos". Ademáis inclúe dúas reportaxes de Montse Dopico: "O audiovisual galego, lonxe da igualdade de xénero" e "A dobraxe: un sector cos pés de lama", un calendario de eventos audiovisuais en Galicia e unha escolma sonora do traballo do compositor de bandas sonoras Xavi Font. . Amplía a nova>>

02/02/2016
Medra a presenza internacional do audiovisual galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba esta mañá no Salón Teatro de Compostela o seu plan 2016 para a proxección exterior do audiovisual galego co apoio do Igape e a colaboración do Clúster Audiovisual Galego. O proxecto concrétase polo momento nun reforzo da presenza das nosas empresas en mercados internacionais e na renovación dos catálogos das marcas Films from Galicia e Shorts from Galicia. Deste xeito, as produtoras galegas poderán asistir este ano, con apoio da Xunta, a nove mercados internacioais de dereitos audiovisuais. O calendario arrinca este oito de febreiro co Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand e continúa entre o 11 e o 19 no European Film Market de Berlín. O MIPTV, o Marché du Film e o MIPCOM (todos eles en Cannes), así como o MICSUR de Bogotá e o Ventana Sur de Bos Aires son outras das citas xa habituais para o sector.. Amplía a nova>>

01/02/2016
Os Premios Mestre Mateo e María Casares desvelan as súas candidaturas

Comeza a recta final para a XIV edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego e mais para os XX Premios de Teatro María Casares. A Academia Galega do Audiovisual, que organiza os primeiros, e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, responsable dos últimos, deron a coñecer as candidaturas que agora se someterán a votación para determinar os finalistas e, en última instancia, os premiados das dúas citas. No caso dos Mestre Mateo, compiten 146 producións, 159 produtoras e 518 profesionais nun total de 28 categorías. Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará na segunda semana de abril no Pazo da Ópera da Coruña.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org