Os filmes galegos volveron dos Premios Goya que se entregaron o pasado sábado con só dous dos dez galardóns aos que optaban. Foi a longametraxe El desconocido, de Vaca Films, a que obtivo as estatuÃñas, en concreto a de mellor son, que foi para Nacho Arenas, Jaime Fernández e o galego David Machado, e mais a de mellor montaxe, que recoñeceu o traballo de Jorge Coira. O filme aspiraba nesta edición dos premios do cinema español a premios noutras seis categorÃas.