15/11/2017
Once proxectos reparten as subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais
A páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais recolle hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega. Un total de once producións reparten os 200.000 euros das axudas, dos cales 25.000 corresponden a este ano e os restantes a 2018. As axudas distribúense en cadanseus 20.000 euros para os filmes de ficción
O vello e o can da produtora Caladiño,
Veinte de Vaca Films,
Melita, de Abano Producións,
Tres flores sen piedade de CTV,
Unha casa en Amargura de Ficción Producións,
Ultramar de Vaca Films,
Garbo, o espía que enganou a Hitler de Portocabo TV e mais
After de Frida Films..
Amplía a nova>>
13/11/2017
Comeza a edición máis ambiciosa do Curtas Armadiña de Poio
A terceira edición do festival audiovisual CURTAS ARMADIÑA dá comezo hoxe na localidade pontevedresa de Poio ás súas actividades e proxeccións, que prolongarán ata o vindeiro día 19 de novembro. Este ano o evento organizado pola Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña presenta numerosas novidades coas que vai crecendo como cita co audiovisual e como ferramenta social máis alá da concepción de certame de exhibición de curtametraxes. .
Amplía a nova>>
06/11/2017
Os Premios da Crítica recoñecen traxectorias, compromiso e vangardismo
Baixo o lema
"40 anos facendo país para sermos máis nós", lembrando o corenta aniversario da celebración ininterrompida dos premios, a Fundación Premios da Crítica de Galicia reuniu o pasado sábado en Vigo a trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. Os diversos xurados dos premios fixeron público nese momento o ditame da cuadraséxima edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica..
Amplía a nova>>
31/10/2017
Novembro trae o Cineuropa máis revolucionario
Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra este ano en proxeccións, en número de premiados, en xornadas e espazos de exhibición. O director de orixe griega Costa-Gavras recibirá un dos Premios honoríficos de esta edición, xunto aos directores españoles Manuel Martín Cuenca e Carla Simón, tamén o actor arxentino Leonardo Sbaraglia recibirá un dos Premios Cineuropa 2017.José Luís Losa, director de Cineuropa 31, detallou onte nunha rolda de prensa a programación desta nova edición, e incidiu na súa reivindicación do cinema como experiencia colectiva e na especial atención que o certame presta este ano á mocidade para contribuír á xeración de novos públicos. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, conduciu a rolda de prensa que contou tamén coa presenza da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra..
Amplía a nova>>
31/10/2017
Álvaro Gago volta da Seminci cun premio para Matria
A Semana Internacional de Cine (Seminci) de Valladolid recoñeceu o audiovisual galego.
Matria de Álvaro Gago obtivo o galardón á mellor curtametraxe española do encontro. O filme narra o día a día dunha traballadora dunha conserveira a pór de relevo a importancia das mulleres na sociedade galega. En paralelo, a longametraxe
Dhogs, ópera prima de Andrés Goteira, obtivo o premio Paul Naschy ao mellor filme da Sección Oficial do Festival de Cine Fantástico Nocturna de Madrid. Ademais, o protagonista da fita, Carlos Blanco, fíxose co galardón á mellor interpretación masculina..
Amplía a nova>>
27/10/2017
La vendedora de fósforos e Baronesa impóñense no OUFF
O Festival de Cinema de Ourense acaba de dar a coñecer os traballos galardoados na súa vixésimo segunda edición.
La vendedora de fósforos, de Alejo Moguillansky, impúxose como mellor filme da competición iberoamericana "pola súa capacidade para pensar o real a través da ficción e pola súa habilidade para construír un relato combinando materiais diversos sen perder a vitalidade do impulso". Pola súa banda Chris Gude fíxose co Premio Carlos Velo á Mellor Dirección polo seu traballo en
Mariana, categoría na que houbo ademais unha mención especial para
La noche polar, de Florencia Romano..
Amplía a nova>>
27/10/2017
A Mostra de Curtas de Noia homenaxea a María Bouzas
A partir do vindeiro 1 de novembro e ata o día 11, Noia acolle a súa décimo oitava mostra de curtas. No programa, para alén de mesas redondas e da proxecións dunha corentena de curtas e de varias longametraxes, a actriz María Bouzas recibirá o premio honorífico desta xeira. A organización quere recoñecer así a extensa traxectoria desta profesional, que participou en títulos como as series
ratos combinados e
Terras de Miranda ademais de ter unha ampla traxectoria teatral coa súa propia Compañía das Marías. A entrega do galardón está prevista para a noite do vindeiro 10 de novembro..
Amplía a nova>>
24/10/2017
Nieves Rodríguez, nova presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrou o pasado domingo unha asemblea xeral para escoller a nova Xunta Directiva que, durante os dous próximos anos, encabezará a este colectivo sindical que aglutina a máis de 300 profesionais da interpretación e da dirección. Tras o escrutinio, resultou elixida como nova presidenta Nieves Rodríguez, que sucede no cargo a Ernesto Chao. Pola súa banda, Mabel Rivera repetirá na vicepresidencia e Iria Sobrado, na secretaría. O conxunto da directiva, conformada por un total de 12 persoas, está integrada -ademais das tres actrices xa citadas- por Santi Romay, Laura Míguez, Machi Salgado, Sheyla Fariña, Diego Freire, Marta Lado, Martín Máez, Susana Sampedro e Toni Salgado.
.
Amplía a nova>>
23/10/2017
O Curtas Fest de Vilagarcía inicia a 45ª edición con ilustres invitados
Nado coma o Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía no ano 1973, o Curtas Fest celebrase ininterrumpidamente desde fai 44 anos en Vilagarcía de Arousa. É o festival cinematográfico decano de Galicia e un dos certámes con máis tradición da Península Ibérica. Este ano cumpre o seu cadraxésimo quinto aniversario e acolle, por segundo ano consecutivo, as Xornadas de Banda Deseñada de Vilagarcía. Dende hoxe luns ata o domingo 29 proxectará as curtametraxes de competición oficial ademais de numerosas longametraxes, moitas delas estreas en Galicia. O Curtas Fest ademais traerá a Vilagarcía a numerosos creadores do cine e da banda deseñada entre outros Juanma Bajo Ulloa, Esteban Maroto, o debuxante arxentino Juan Giménez ou Ángel Salas, Director do Festival Internacional de Cine Fantástico de Catalunya, Sitges. O programa inclué tamén exposicións, música e outras actividades durante toda a semana..
Amplía a nova>>
23/10/2017
O FKM da Coruña reparte os galardóns do cine fantástico e de terror
A 9ª edición do Festival de Cinema Fantástico FKM da Coruña apagou onte os proxectores tras facer a entrega dos premios e galardóns das súas diferentes seccións nun acto no Museo de Arte Contemporánea MAC. O festival dos xéneros fantástico e de terror concluíu nunha cerimonia na que se invocou ao espírito do escritor, ocultista, pintor e mago cerimonial Aleister Crowley..
Amplía a nova>>