Álvaro Gago volta da Seminci cun premio para Matria

O filme Dhogs e Carlos Blanco resultan premiados no Festival Nocturna

A Semana Internacional de Cine (Seminci) de Valladolid recoñeceu o audiovisual galego. Matria de Álvaro Gago obtivo o galardón á mellor curtametraxe española do encontro. O filme narra o día a día dunha traballadora dunha conserveira a pór de relevo a importancia das mulleres na sociedade galega. En paralelo, a longametraxe Dhogs, ópera prima de Andrés Goteira, obtivo o premio Paul Naschy ao mellor filme da Sección Oficial do Festival de Cine Fantástico Nocturna de Madrid. Ademais, o protagonista da fita, Carlos Blanco, fíxose co galardón á mellor interpretación masculina.