A 9ª edición do Festival de Cinema Fantástico FKM da Coruña apagou onte os proxectores tras facer a entrega dos premios e galardóns das súas diferentes seccións nun acto no Museo de Arte Contemporánea MAC. O festival dos xéneros fantástico e de terror concluíu nunha cerimonia na que se invocou ao espírito do escritor, ocultista, pintor e mago cerimonial Aleister Crowley.
Os premios e galardóns da novena edición de FKM dividíronse nos decididos polos xurados e os decididos por votación do público resultando un palmarés no que a longametraxe Sweet Virgina, segunda película do canadense Jamie M. Dagg resultou a gañadora do Premio do xurado na sección Internacionald e Longametraxes Ópera Prima; mentres que para o público a mellor desa competición foi Ícaros: a Vision de Leonor Carballo e Matteo Norzi. Namentres a produción máis recoñecida foi Woman Who Kill de Ingrid Jungermann que recibiu tres galardóns polo seu cartel, guión e banda sonora. Fucking Bunnies de Saatanan Kanit de Teemu Niukkanen levou o premio do xurado á mellor curtametraxe na categoría absoluta FKM 2017 e RIP Albert Pintó e Cage Casas o recoñecemento do público. Por outra banda o novo premio do Concurso Internacional de Curtametraxes Cinema Fetus dedicado a curtas experimentais de baixo orzamento e galego no orixinal foi para Radio Deskontrol de Diego López Curros.