09/12/2025
Bea Lema gaña coa curtametraxe 'El cuerpo de Cristo' o festival de Aguilar
A autora Bea Lema (A Coruña, 1985) gañou o premio a Mellor Curtametraxe do 37 Aguilar Film Festival grazas á adaptación audiovisual do seu premiado traballo de banda deseñada 'El cuerpo de Cristo'. Coa versión en papel, a artista gañou o Premio castelaod e Banda Deseñada en 2017 e o Premio Nacionald e Cómic en 2024 co publicación da obra por parte de Astiberri. Agora, baixo a produción da multipremiada Chelo Loureiro, de Abano Producións, a adaptación da obra ao formato audiovisual ven de obter este novo recoñecemento no certame de Aguilar de Campoo, calificador para os Premios Goya..
Amplía a nova>>
05/12/2025
Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea
Cunha xornada sobre
Sete séculos de creación literaria en galego, este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa intención de promover "a creatividade e o pensamento libre fomentando espazos de traballo e debate dende Galicia, en interacción coa cultura global", segundo apunta o propio foro..
Amplía a nova>>
03/12/2025
AGalega.gal estrea a miniserie No seu lugar, outro
Diálogos entre nomes da literatura e do audiovisual arredor do concepto de lugar e a relación co espazo que habitamos. Esta é a proposta da miniserie
No seu lugar, outro que desde este 2 de decembro está dispoñible no web AGalega.gal..
Amplía a nova>>
02/12/2025
Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas
Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar olladas singulares e comprometidas coa linguaxe cinematográfica. O premio nace co impulso do Concello e da Deputación de Pontevedra, e representa un desexo largamente compartido polo festival: recoñecer a implicación autoral, o risco creativo e a coherencia ética e estética que definen unha cinematografía viva e transformadora.
.
Amplía a nova>>
02/12/2025
Ourense celebra a I Semana de Cine Arqueolóxico
Un ciclo de cinema centrado na investigación do pasado. Esta é a proposta da I Semana de Cine Arqueolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Ourense entre os días 2 e 5 de decembro. O Museo Arqueolóxico Provincial e mais o Cineclube Padre Feijoo coordinan un programa composto por cinco filmes. As proxeccións, que se celebran ás 19:30 horas, acompañaranse de presentacións específicas sobre cada proxecto..
Amplía a nova>>
01/12/2025
Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca
A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón que está por riba das acadadas nas edicións pre-Covid 19, que sempre sinalaban aos 14.000 asistentes e que ata o de agora non foran alcanzadas. O director de Culturgal, Camilo Franco, considera que "as cifras de asistencia avalan a forte aposta pola programación deste ano, máis ampla e de maior calidade en todas as disciplinas da cultura", con outras novidades como o concerto de benvida do xoves (Uxía) e o de peche fóra do espazo habitual no Teatro Principal (Óscar Ibáñez). Xustamente para o ano ven, o director de Culturgal adianta a intención de levar máis actividades a outras localizacións de Pontevedra, "sobre todo aos espazos que non teñen acceso habitualmente aos espectáculos culturais”, explica Camilo Franco. "Ano a ano damos pasos para atraer novos públicos, cunha oferta diversificada e iniciativas como o Teatriño e os espazos para a banda deseñada, o cine e a arte contemporánea, o circo ou o videoxogo galego", engade o director de Culturgal. .
Amplía a nova>>
24/11/2025
O festival de Xixón premia a Ángel Santos e Anxos Fazáns polas súas novas longametraxes
A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Pontevedra, 1976), que presentaba no festival asturiano a longametraxe. 'Así chegou a noite', acadou o galardón á mellor dirección na Sección Oficial Internacional. O xurado valorou do seu traballo o feito de " capturar con elegancia os ritmos vitais dun home e unha muller, cada un ao borde do seu propio precipicio existencial". O filme, protagonizado por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), rodado integramente en Galicia, explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor. Ademais de Santos, a cineasta Anxos Fazáns tamén saíu de Xixón con dous galardóns, polo seu filme más recente 'As liñas descontinuas'. Fazáns acadou dous premios de diversos xurados: o premio Dama ao Mellor guión dunha película española -xunto ao tamén guionista da película Ian de la Rosa-; e o Premio Rambal que outorga a Asociación Xega, de xente LGTBI+. .
Amplía a nova>>
20/11/2025
Luis Zahera recoñecido pola súa traxectoria no Aguilar Film festival
O actor santiagués Luis Zahera, que ven de estrearse como protagonista coa serie 'Animal' en Netflix recibirá un recoñecemento á súa traxectoria profesional en Aguilar de Campoo (Castela e León). Será durante a celebración do 37º Aguilar Film Festival (AFF) que se lle entregará o premio Águila de Oro ao santiagués. O intérprete, gañador de dous premios Goya polos seus traballos como secundario en El Reino (Rodrigo Sorogoyen, 2018) e As Bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022) e de outros recoñecementos en festivais como Málaga ou Cans, ten tamén no seu haber a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. O vindeiro sábado 28 de novembro Zahera recollerá o galardón, que o festival de Aguilar tamén concede este ano ao director belga Olivier Smolders e ao actor vallisoletano Óscar de la Fuente..
Amplía a nova>>
19/11/2025
Sirât opta a catro Premios do Cinema Europeo
Os Premios do Cinema Europeo teñen unha especial presenza galega na súa 38 edición. O filme
Sirât, de Óliver Laxe, acumula catro candidaturas nos galardóns que convoca anualmente a Academia de Cinema Europeo. Ademais, a produción opta tamén a se facer cun dos Premios Forqué, que entrega a asociación de produtoras audiovisuais EGEDA a nivel estatal..
Amplía a nova>>
18/11/2025
Falece o produtor de cine Julio Fernández
Con 78 anos de idade falecía hoxe en Miami o produtor cinematográfico Julio Fernández, figura clave do audiovisual estatal nos finais do século XX e principios do XXI a través da súa empresa Filmax. Natural da Fonsagrada (Lugo), os seus restos mortais volverán ao seu lugar de orixe, segundo recolle o xornal El progreso como vontade da familia. Asentado en Barcelona desde novo, iniciouse no mundo do audiovisual pola súa afección ao cine comprando Filmax, unha empresa para adquirir dereitos de películas. Pero pronto se orientou cara á produción de filmes, primeiro participando e máis tarde asumindo o rol de produtor. A finais dos 90 creou Filmax Castelao Productions, unha produtora de cine de ficción e de animación coa que crea un novo xénero: Fantastic Factory. Impulsou a animación coa creación dunha factoría 3D en Santiago de Compostela de nome Bren Entertainment..
Amplía a nova>>