Novas | 1 a 10 de 4291

Siguiente >>

02/12/2025
Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas

Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar olladas singulares e comprometidas coa linguaxe cinematográfica. O premio nace co impulso do Concello e da Deputación de Pontevedra, e representa un desexo largamente compartido polo festival: recoñecer a implicación autoral, o risco creativo e a coherencia ética e estética que definen unha cinematografía viva e transformadora. . Amplía a nova>>

02/12/2025
Ourense celebra a I Semana de Cine Arqueolóxico

Un ciclo de cinema centrado na investigación do pasado. Esta é a proposta da I Semana de Cine Arqueolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Ourense entre os días 2 e 5 de decembro. O Museo Arqueolóxico Provincial e mais o Cineclube Padre Feijoo coordinan un programa composto por cinco filmes. As proxeccións, que se celebran ás 19:30 horas, acompañaranse de presentacións específicas sobre cada proxecto.. Amplía a nova>>

01/12/2025
Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca

A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón que está por riba das acadadas nas edicións pre-Covid 19, que sempre sinalaban aos 14.000 asistentes e que ata o de agora non foran alcanzadas. O director de Culturgal, Camilo Franco, considera que "as cifras de asistencia avalan a forte aposta pola programación deste ano, máis ampla e de maior calidade en todas as disciplinas da cultura", con outras novidades como o concerto de benvida do xoves (Uxía) e o de peche fóra do espazo habitual no Teatro Principal (Óscar Ibáñez). Xustamente para o ano ven, o director de Culturgal adianta a intención de levar máis actividades a outras localizacións de Pontevedra, "sobre todo aos espazos que non teñen acceso habitualmente aos espectáculos culturais”, explica Camilo Franco. "Ano a ano damos pasos para atraer novos públicos, cunha oferta diversificada e iniciativas como o Teatriño e os espazos para a banda deseñada, o cine e a arte contemporánea, o circo ou o videoxogo galego", engade o director de Culturgal. . Amplía a nova>>

24/11/2025
O festival de Xixón premia a Ángel Santos e Anxos Fazáns polas súas novas longametraxes

A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Pontevedra, 1976), que presentaba no festival asturiano a longametraxe. 'Así chegou a noite', acadou o galardón á mellor dirección na Sección Oficial Internacional. O xurado valorou do seu traballo o feito de " capturar con elegancia os ritmos vitais dun home e unha muller, cada un ao borde do seu propio precipicio existencial". O filme, protagonizado por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), rodado integramente en Galicia, explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor. Ademais de Santos, a cineasta Anxos Fazáns tamén saíu de Xixón con dous galardóns, polo seu filme más recente 'As liñas descontinuas'. Fazáns acadou dous premios de diversos xurados: o premio Dama ao Mellor guión dunha película española -xunto ao tamén guionista da película Ian de la Rosa-; e o Premio Rambal que outorga a Asociación Xega, de xente LGTBI+. . Amplía a nova>>

20/11/2025
Luis Zahera recoñecido pola súa traxectoria no Aguilar Film festival

O actor santiagués Luis Zahera, que ven de estrearse como protagonista coa serie 'Animal' en Netflix recibirá un recoñecemento á súa traxectoria profesional en Aguilar de Campoo (Castela e León). Será durante a celebración do 37º Aguilar Film Festival (AFF) que se lle entregará o premio Águila de Oro ao santiagués. O intérprete, gañador de dous premios Goya polos seus traballos como secundario en El Reino (Rodrigo Sorogoyen, 2018) e As Bestas (Rodrigo Sorogoyen, 2022) e de outros recoñecementos en festivais como Málaga ou Cans, ten tamén no seu haber a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. O vindeiro sábado 28 de novembro Zahera recollerá o galardón, que o festival de Aguilar tamén concede este ano ao director belga Olivier Smolders e ao actor vallisoletano Óscar de la Fuente.. Amplía a nova>>

19/11/2025
Sirât opta a catro Premios do Cinema Europeo

Os Premios do Cinema Europeo teñen unha especial presenza galega na súa 38 edición. O filme Sirât, de Óliver Laxe, acumula catro candidaturas nos galardóns que convoca anualmente a Academia de Cinema Europeo. Ademais, a produción opta tamén a se facer cun dos Premios Forqué, que entrega a asociación de produtoras audiovisuais EGEDA a nivel estatal.. Amplía a nova>>

18/11/2025
Falece o produtor de cine Julio Fernández

Con 78 anos de idade falecía hoxe en Miami o produtor cinematográfico Julio Fernández, figura clave do audiovisual estatal nos finais do século XX e principios do XXI a través da súa empresa Filmax. Natural da Fonsagrada (Lugo), os seus restos mortais volverán ao seu lugar de orixe, segundo recolle o xornal El progreso como vontade da familia. Asentado en Barcelona desde novo, iniciouse no mundo do audiovisual pola súa afección ao cine comprando Filmax, unha empresa para adquirir dereitos de películas. Pero pronto se orientou cara á produción de filmes, primeiro participando e máis tarde asumindo o rol de produtor. A finais dos 90 creou Filmax Castelao Productions, unha produtora de cine de ficción e de animación coa que crea un novo xénero: Fantastic Factory. Impulsou a animación coa creación dunha factoría 3D en Santiago de Compostela de nome Bren Entertainment.. Amplía a nova>>

18/11/2025
O Foro internacional de arte e cultura dixital SINTE reúne a expertos e creadores no Gaiás

O programa do Foro internacional de arte e cultura dixital, Sinte, que celebra a súa primeira edición este 20 e 21 de novembro na Cidade da Cultura arrincará o xoves coa conferencia plenaria do cofundador e director do estudio Ouchhh, Ferdi Alici que asinou instalacións para institucións, museos e empresas como o Gran Museo Exipcio no Cairo, o Museo Mori de Toquio, Google, Nike, Audi a NASA ou o CERN, entre outros. Alici súmase así á máis dunha vintena de figuras de relevancia internacional —procedentes de países como Francia, Italia, Turquía, Portugal ou O Xapón— que compoñen o programa dun encontro que forma parte da aposta da Xunta polas artes dixitais, sector punteiro e importante motor económico no que Galicia aspira a situarse na vangarda coa construción no Gaiás do Centro de Artes Dixitais.. Amplía a nova>>

18/11/2025
Comeza a 33 Semana de Cine Submarino en Vigo

Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afundación na rúa Marqués de Valladares en Vigo acollerá esta 33ª edición na que o ano pasado participaron más de 1.200 persoas e que este ano contará con proxeccións matinais ás que asistirán máis dun milleiro de escolares de primaria de Vigo e comarca. Con entrada libre, as proxeccións, ás que seguirá un coloquio con persoal investigador, documentalistas e divulgadores mariños, permitirá ás e aos espectadores descubrir as profundidades mariñas de Galicia, Indonesia ou Costa Rica; os tesouros arqueolóxicos que agochan os fondos baleares ou as peculiaridades dunha especie que habita nas augas da illas Cíes e que recibe o nome de 'o rei'. A directora do Instituto Español de Oceanografía e exalumna da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo, Rosa Figueroa; o director do Ciclo internacional de cine submarino de San Sebastián, David Sánchez e a bióloga costarricense Beatriz Naranjo, serán os convidados aos coloquios que se desenvolverán cada día despois das proxeccións audiovisuais.. Amplía a nova>>

17/11/2025
O Festival Xociviga achega curtas de 22 nacionalidades ao Carballiño

O Festival Internacional de Curtametraxes Xociviga celebra entre os días 19 e 23 de novembro a súa nova edición no Carballiño. Na que é a segunda xeira desde a súa renovación, o veterano encontro achega producións de 22 nacionalidades diferentes, seleccionadas entre as máis de mil que concorreron á convocatoria.. Amplía a nova>>

Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org