Sirât opta a catro Premios do Cinema Europeo

O filme de Óliver Laxe é tamén finalista nos Premios Forqué do cinema estatal

19/11/2025 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
22 lecturas | Compartido 0 veces

Os Premios do Cinema Europeo teñen unha especial presenza galega na súa 38 edición. O filme Sirât, de Óliver Laxe, acumula catro candidaturas nos galardóns que convoca anualmente a Academia de Cinema Europeo. Ademais, a produción opta tamén a se facer cun dos Premios Forqué, que entrega a asociación de produtoras audiovisuais EGEDA a nivel estatal.
No caso dos Premios do Cinema Europeo, o traballo de Laxe pode facerse cos premios á Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Guión, mentres o seu protagonista, Sergi López aspira ao recoñecemento como mellor actor. Os premios entregaranse o vindeiro 17 de xaneiro nunha cerimonia que se vai desenvolver en Berlín.

Nos Premios Forqué, Sirât opta ao premio á mellor longametraxe do ano. A entrega dos galardóns realizarase este 13 de decembro en Madrid.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Lugares