'Xenocidio' é escollida como palabra do ano 2025

Rexistráronse 7.200 votos no Portal das Palabras

  • ...ermo 'xenocidio" foi creado por Raphaël Lemkin (1901-1959) e adoptado tras a II Guerra Mundial pola ONU. "O termo volveu pronunciarse en múltiples ocasións nos últimos meses para sinalar as accións do estado de Israel na Franxa de Gaza", sinala a Rea...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

O ministerio de Cultura incoa a declaración da ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O monumento de Becerreá do século XVIII fai parte da rede viaria estatal

  • O Boletín Oficial do Estado deste 19 de novembro publicaba a incoación do expediente para declarar a ponte de Cruzul, en Becerreá, como Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do...

A vila que non chegou a ser

Entre a dilatada secuencia temporal do castelo de Lobarzán, os arqueólogos identifican un poboado altomedieval que non prosperou por motivos descoñecidos

  • Durante moito tempo as dez hectáreas do conxunto arqueolóxico do castelo de Lobarzán e o recinto da Ceada (Monterrei) alimentaron hipóteses sobre en que época se construíran os espazos. Tras varias campañas de escavación, os arqueólogos come...

Sae a licitación o proxecto para musealizar o Museo de Caaveiro

A Deputación da Coruña investirá 340.000 euros en dotar de contidos este conxunto

  • Un novo proxecto de musealización ampliará os contidos do Museo de Caaveiro, situado nas Fragas do Eume, no Concello da Capela. A Deputación da Coruña saca a concurso as obras para un proxecto que conta cun orzamento total de 342.975,21 euros. Se...

O Simposio Castelao explora a complexidade da figura do galeguista

A RAG celebra en Pontevedra a xornada Momentos da cultura galega: Castelao en Buenos Aires

  • O Bloque Nacionalista Galego e a Fundación Galiza Sempre organizan este 8 de novembro o Simposio Castelao. A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela acolle unha cita que pretende, segundo as entidades convocantes "abordar a ...

O Gaiás presenta o legado artístico de Asorey

A exposición sobre o escultor é a máis completa realizada ata agora

  • A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, inaugurou hoxe a exposición "Francisco Asorey, unha recuperación necesaria", último gran proxecto expositivo da institución deste 2025. A exposición, comisariada por Miguel Fernández-Ci...

Artistas galegos por Palestina na Sala Capitol

Por segundo ano celébrase 'Amal x Gaza' para recadar fondos para a UNRWA

  • ...rganizado desde o festival Amal que leva agora dous anos recollendo fondos para a UNRWA, axencia da ONU encargada de ofrecer asistencia humanitaria á poboación palestina, todos os beneficios das entradas, que custan 15 euros (máis gastos) irán destin...

Yzquierdo Perrín e a arte medieval galega: dez textos para ler

Repasamos a traxectoria intelectual do catedrático de Arte finado onte en Compostela

  • O historiador da arte Ramón Yzquierdo Perrín faleceu este xoves 2 de outubro en Santiago de Compostela. Yzquierdo foi catedrático de Arte na Universidade da Coruña e profesor na Universidade de Santiago. Este venres ás 12 da mañá celebrarase u...

Janet Novás recibe o Premio Nacional de Danza 2025 na modalidade de interpretación

O andaluz Guillermo Weickert recibe o da modalidade de creación

  • A artista galega Janet Novás (Porriño), canda o onubense Guillermo Weickert foron galardoados este xoves cos Premios Nacionais de Danza, dotados cada un con 30.000 euros. Novás ganou o galardón na modalidade de interpretación, e o xurado recoñe...

A provincia da Coruña ofrece un amplo programa de visitas nas Xornadas Europeas do Patrimonio

A inscrición aínda está aberta no web da Deputación da Coruña

  • A Deputación da Coruña celebra a segunda edición das Xornadas europeas do Patrimonio cun completo programa de visitas guiadas gratuítas e un obradoiro de astrofotografía. As visitas recollen espazos singulares como xoias industriais, xacementos ...

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega

  • A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados n...

Cando os nenos mortos non abandonan a casa

Novos achados no castro de Viladonga avanzan que no interior das cabanas poderían gardar e sinalar con estelas os restos dos nenos falecidos

  • Cando subimos ao alto do parapeto do castro de Viladonga (Castro de Rei) observamos unha densa malla de vivendas e rúas que falan da intensa vida deste poboado. Pero o que non sabiamos é que esa croa non só é un espazo de vivos senón que tamén ...

Nacen en Santiago unhas xornadas para divulgar a parte menos coñecida da nosa Historia

Pedro Feijoo, Christina Glavez, Bieito Romero e outros divulgadores farán parte desta edición inaugural

  • Os vindeiros 26 e 27 de setembro Santiago acollerá a primeira edición das Xornadas de divulgación e narrativa 'Compostela Histórica'. Escritores do xénero como Pedro Feijoo ou Christian Gálvez, ademais do músico Bieito Romero e a arqueólogo L...

O Museo Carlos Maside e a súa colección xa son BIC

O DOG recolle unha declaración que non muda a proposta inicial da Xunta

  • Tal e como anunciara o Consello da Xunta do pasado 21 de xullo, o Diario Oficial de Galicia deste día 29 recolle o decreto polo que se fai efectiva a declaración do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como Ben de Interese C...

O Cruceiro do Hío perde o seu Adán

Un veciño de Vigo arrincou a figura ao tentar subir ao monumento

  • A Policía Local de Cangas identificaba este 21 de xullo a persoa que arrincou a figura do Adán que fai parte do coñecido Cruceiro do Hío, en Cangas. Os feitos desenvolvéronse na noite do pasado día 15 cando un veciño de Vigo subiu ao monumento...

Escavar na casa da santa Compaña

Unha intervención arqueolóxica investiga as orixes dun templo altomedieval en Ponteareas

  • Na parroquia de Guillade (Ponteareas) os veciños conservaban unha tradición. Non había que se achegar pola noite polas ruínas da igrexa de santa Leocadia, porque de aí partía a santa Compaña. A lenda trasladaba ao mito unha das memorias máis ...

Moito máis que unha porta

A nova campaña no castro de Montes Claros desvela inxentes traballos na construción do sistema de acceso

  • A nova campaña arqueolóxica do castro de Montes Claros (A Laracha) xa leva tres ampliacións das sondaxes ao longo de todo este tempo. Puri Soto, directora da intervención, tenta aclarar a complexidade das estruturas que van aparecendo nunha área...

O castro de San Cibrao de Las obtén a consideración de BIC

A incoación do expediente chega un mes despois do acordo para facer públicos os terreos do conxunto

  • O Diario Oficial de Galicia deste 17 de xuño recolle a incoación do expediente polo que se declara Ben de Interese Cultural o castro de San Cibrao de Las. O conxunto da Idade do Ferro, considerado un dos maiores de Galicia, está situado entre os c...

O CCG presenta o proxecto Lugares de memoria

Unha xornada e unha web exploran como se constrúe o pasado en Galicia

  • Recoller aqueles espazos físicos ou mentais que funcionan como 'lugares de memoria' para Galicia é o propósito do proxecto 'Lugares de memoria'. Baixo a coordinación do catedrático de Historia Contemporánea Xosé Manuel Núñez Seixas, o proxec...