A Xunta creará en 2026 a figura dos "itinerarios culturais de interese autonómico"

Afectará a "trazados de especial relevancia para a difusión e promoción da cultura en todo o territorio"

  • O conselleiro de Cultura José López Campos anunciou nunha reunión con representantes municipais que a Xunta creará en 2026 unha nova figura administrativa chamada "Itinerarios culturais de interese autonómico", orientada a dotar de recoñecement...

O Museo dos Naufraxios de Camariñas dá un paso decisivo para a súa creación

Deputación da Coruña e Concello asinan o convenio para a restauración estrutural da antiga lonxa

  • O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, deron onte un paso en firme para levar a bo fin o proxecto do Museo dos Naufraxios na localidade costeira que leva sobre a mesa varios ano...

Declaran deserto o certame Avilés de Taramancos

Presentáranse dezaseis candidaturas

  • O certame literario de relato de aventuras Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia declarou deserta a edición, ao considerar o xurado por unanimidade que "os orixinais non acadaron os mínimos de calidade literaria que se exise" neste p...

Agadic axusta á alza as axudas a festivais audiovisuais

Sube o orzamento ata os 310.000 euros e mantén as mesmas condicións de acceso

  • O Diario Oficial de Galicia deste 22 de decembro publica a convocatoria de axudas á realización de festivais de cinema de carácter profesional por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. Esta liña ven de incrementar ...

Falece o actor Celso Bugallo

Foi un dos secundarios con máis presenza do cine español das últimas décadas

  • Co solsticio de inverno chegou a mala nova da morte dun dos grandes intérpretes secundarios do noso audiovisual. En Pontevedra falecía aos 78 anos Celso Bugallo Aguiar (Vilalonga, Pontevedra, 1947). O actor, un dos secundarios máis emblemáticos e...

Presentan a primeira Bienal de Artes Vivas de Pontevedra

A cita estival alternarase coa recuperada Bienal de Arte e terá no Convento de Santa Clara a súa sede central

  • No vindeiro ano 2026 a primeira edición da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra collerá o relevo alterno da Bienal de Arte que volveu iniciarse este ano e cuxa seguinte edición terá lugar en 2027. O Convento de Santa Clara será a sede desta propo...

Premio Nacional de Artesanía para o torneiro Aitor Martínez

O proxecto 'Artesanía no Prato' da Fundación Artesanía de Galicia tamén obtén un recoñecemento nos galardóns estatais

  • O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornaría de madeira, especializado no uso do freixo galego resultou gañador na categoría Produto da XVIIIª edición dos Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Minist...

Premio José Sellier da Academia Audiovisual para AGAPI

Recoñécense o carácter pioneiro da asociación e o seu papel vertebrador do sector

  • A Academia Galega do Audiovisual ven de entregar o XIV Premio José Sellier á Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), en recoñecemento á súa traxectoria exemplar, ao seu carácter pioneiro e á súa contribución decisiva á const...

Óscar Manuel Guzmán faise co Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

O galardón recoñeceu con 3.000 euros a súa obra Só os mortos saben a verdade

  • O Concello do Grove daba a coñecer este 17 de decembro o fallo do co XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. O autor Óscar Manuel Guzmán Álvarez impúxose neste certame e levará 3.000 euros pola súa novela Só os mortos saben a verdade ...

A Fundación Didac pon en marcha o proxecto AVISTA con tres xornadas de actividades

Dá visibilidade ao traballo de mulleres xestoras e creadoras na cultura e nas artes

  • A Fundación DIDAC comeza hoxe as actividades do proxecto AVISTA, que ten como obxectivo dar visibilidade ao traballo das mulleres artistas e creadoras no eido da cultura, as artes e o deseño. Este proxecto que funcionará en paralelo como unha canl...

A RAG analiza as toponimias de Zas, Padrón e Pontecesures

O web da Academia ten dispoñibles dous novos volumes da colección Terra Nomeada

  • A colección Terra Nomeada , coa que a Real Academia Galega (RAG) explica e dá a coñecer os significados de topónimos de todo o país, conta xa con dous novos volumes. O web da entidade ten dispoñibles para descarga Toponimia de Zas , realizado p...

Os Premios Gran de Area galardoan 12 proxectos arquitectónicos de Pontevedra e Ourense

Os recoñecementos do Colexio de Arquitectos recibiron 60 propostas a concurso

  • As delegacións de Pontevedra, Ourense en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) daban a coñecer este 16 de decembro a resolución dos premios Gran de Area, cos que recoñecen "o traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construt...

'Sirât' pode aspirar a cinco premios Óscar

Oliver Laxe inaugura hoxe unha instalación artística no Museo Reina Sofía que parte da película

  • O calendario cinematográfico dos premios Óscar da poderosa industria cinematográfica estadounidense tiña marcado este 16 de decembro para dar a coñecer as "listas curtas" de precandidaturas aos galardóns nas diversas categorías. Os ollos estab...

Luis Tosar galardoado coa Medalla de Ouro das Belas Artes

O actor recibirá o galardón do Goberno de España xunto con outras 34 seleccionados

  • O Consello de Ministros ven de aprobar hoxe a lista de galardoados deste anos coa Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, proposta polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun. Entre as 35 personalidades e institucións do mundo da cultura está o a...

Felipe Arias ingresa na RAG como membro correspondente

O plenario da entidade aprobou a incorporación do historiador, arqueólogo e museólogo

  • A Real Academia Galega acordaba no seu plenario deste 12 de decembro a incorporación de Felipe Arias como membro correspondente da entidade. O historiador, arqueólogo e museólogo, que dirixiu o Museo Provincial de Lugo e o Museo do Castro de Vilad...

Quiosco: Comunica nº 10

A nova entrega da revista anual da Asociación de Periodistas de Galicia inclúe o informe 'O estado da innovación na comunicación en Galicia'

  • A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) ven de presentar e difundir o número 10 da revista anual Comunica, dedicado neste ao estado da innovación na comunicación en Galicia. A nova edición de Comunica inclúe o informe 'O estado da innovaci...

A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"

  • Santiago de Compostela perde un dos seus espazos culturais de referencia na que era a súa segunda oportunidade. Tras albergar desde 1992 e ata 2011 unha parte importante da actividade cultural máis alternativa de Galicia, sendo espazo de residencia...

Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas

O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me

  • A décima xeira do festival Novos Cinemas fechaba as súas portas este 14 de decembro coa entrega dos seus galardóns. O filme Wind Talk To Me , dirixido polo serbio Stefan Djordje impúxose no certame ao obter o Premio Novos Cinemas e mais o do púb...

Xinzo reparte os seus Premios da Cultura

Os galardóns locais recoñecen a figuras como Antón Riveiro Coello ou as irmás Iria e Alba Prol

  • O Concello de Xinzo de Limia vén de facer pública a acta do xurado dos seus Premios da Cultura 2025, doce galardóns que buscan recoñecer o talento, a creatividade e o compromiso social que definen a identidade limiá. A pesares do seu forte cará...

A arte busca os camiños da profesionalización

Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo

  • A Asociación Profesional de Artistas de Galicia A Colectiva, en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, trae a Galicia este venres un formato de xornadas que xa leva tempo organizándose noutras comunidades do Estado español e que re...