Cova Eirós, en Triacastela, está considerada o principal depósito do paleolÃtico galego. Para alén dos restos de animais extintos e das pinturas e gravados rupestres, este recinto alberga tamén pegadas de actividade humana moito máis achegada aos nosos dÃas. A arqueóloga Alba Vidal Soliño atendeu por vez primeira a unha variedade peculiar destes restos, os graffitis que varias xeracións de visitantes realizaron no interior da cavidade ao longo dos anos.
Cando nos primeiros anos 90 comezou a investigación cientÃfica da cova Eirós (Cancelo, Triacastela), o equipo especializado en paleontoloxÃa da Universidade da Coruña que indagaban o pasado máis remoto do noso paÃs atopou axiña evidencias de tempos moito máis recentes nesta caverna. Unha mirÃade de sinaturas, nomes e datas marcados na rocha evidenciaban un do espazo cando menos desde o século XIX. Estes gravados e graffitis, que nalgún caso mesmo danaron restos prehistóricos, foron vistos desde aquela como unha deturpación no que é un dos principais depósitos arqueolóxicos sobre o PaleolÃtico galego. Ata que, en 2021, a arqueóloga Alba Vidal Soliño decidiu dedicar o seu Traballo Fin de Grao en Historia precisamente a estes elementos. A súa investigación Os graffiti de Cova de Eirós: a vida contemporánea dunha cova paleolÃtica amosou a complexidade da relación da comunidade local con este espazo e contribuÃu a unha mellor relación entre a veciñanza e os membros dos equipos arqueolóxicos.
ArqueoloxÃa do recente
O interese de Vidal por estes elementos, que ata entón non foran obxecto de investigación, comezou "na segunda ou na terceira campaña de escavacións da cova na que participei". Naquel momento "tiña que procurar un tema para o Traballo Fin de Grao, e este pareceume interesante. Ademais, esta investigación conectaba cun aspecto que me parece crucial da arqueoloxÃa, e máis se está financiada con cartos públicos, que é a divulgación e a socialización dos traballos e dos lugares nos que se desenvolven entre a poboación máis próxima", explica esta investigadora. A combinar as técnicas arqueolóxicas de análise dos elementos materiais presentes na cova con entrevistas de carácter etnográfico entre a veciñanza, Vidal conseguiu reconstruÃr a presenza humana contemporánea nas covas.
As inscricións
"Neste rexistro inicial dos elementos esgrafiados identificáronse polo menos 140 sinaturas diferentes. Algunhas aparecen repetidas un par de veces e hai casos nos que se contabilizan máis dunha ducia da mesma persoa", detalla o trabalo de Vidal. Do total, considérase que 27, un 19%, corresponden a mulleres, outras 94 (un 67%) con homes e 13 son casos indeterminados que inclúen apelidos, nomes de casas ou letras soltas, segundo recolle o texto da arqueóloga. Para realizar estas marcas polo xeral gravabanse nomes mediante incisións con pedras ou lousas nas paredes calcarias, e mesmo nalgún caso, onde o material o permitÃa, empregáronse os dedos. "A inmensa maiorÃa son nomes ou alcumes vencellados ás casas da aldea. Existen algúns sÃmbolos que se vencellan a grupos das últimas décadas do século XX e pouco máis. Nalgúns casos, as sinaturas aparecen asociadas a anos", explica. Esta tipoloxÃa concreta "nun primeiro momento parecÃa interesante porque podÃanos indicar o momento no que se producira a visita, pero mediante as entrevistas vimos que a cifra podÃa marcar tamén o ano de nacemento". Mesmo con estas dúbidas, a presenza dunha sinatura datada en 1889 amosa a antigüidade da práctica de marcar as paredes deste espazo. A análise das inscricións dá conta tamén dunha destacada maiorÃa de crianzas e adolescentes na autorÃa destes elementos. Nas motivacións deste costume, o traballo de Vidal apunta o "sinalar a estancia" das persoas que os fixeron e tamén "o afán de marcar a profundidade acadada" nas exploracións.
Visitas ocasionais
A repasar a historia das visitas veciñais da cova, a arqueóloga apunta que "ata 1960, aproximadamente, o espazo tiña un uso agropastoril. As crianzas acudÃan a esa ladeira do monte cos rabaños de ovellas e de cabras, e utilizaban as bocas das covas que existen na zona para se agochar do tempo, xa fose choiva ou calor excesiva", detalla. "A cova Eirós, que para a veciñanza é a Cova Grande, daba para acoller tamén o gando". Nese sentido, as visitas desta poboación ao lugar eran frecuentes, e o uso que se lle daba a cova era económico, como parte do sistema de explotación gandeira tradicional. Naquel momento "a xente que agora ten máis anos entraba en grupos desiguais de idade. Entón podÃan ir crianzas de 4 ou 5 anos canda a outras de 9", lembra a investigadora. Era unha experiencia que se vivÃa con curiosidade pero tamén de medo. Hai que pensar que entraban con candeas porque non habÃa lanternas". Nestes casos as incursións eran ocasionais, cunha ou dúas visitas por parte de cada crianza. Deste perÃodo, segunda lembra Vidal, nas proximidades da entrada "son curiosas as marcas de carburo" un antigo sistema de iluminación por combustión habitual en minas e covas, "que deben ser todas da época que está entre os anos 40 ou 50".
Exploradores emigrados
Fronte a estes, grupos máis recentes, "xa contaban con medios de iluminación, non habÃa ese compoñente de medo e entraban con máis frecuencia". Para alén das mudanzas técnicas, tamén houbo unha evolución no xeito en que se visitaba a cavidade. En poucas décadas "atopamos unha mudanza importante da base económica da aldea, derivada da emigración a Cataluña e a Madrid. Con isto abandonouse a gandarÃa á escala en que se desenvolvÃa antes, a xente procurou outros traballos e as crianzas deixaron de subir ao lugar cos animais". Deste xeito, a poboación máis nova "a partir dese momento só Ãa alà xogar, en particular cando no verán viñan familiares emigrados para os que a visita era unha aventura. Esta xente incitaba a subir e ver o que habÃa alà a nenos e preadolescentes, que se movÃan por ese afán de exploración".
A proliferación
Deste xeito, é a partir dos anos 80 que se ve a maior parte das sinaturas nas paredes do espazo. "Nos 90, entre 1992 e 1994, hai unha concentración altÃsima. Corresponden a crianzas que entraban en cuadrilla". A aparición de sinaturas consecutivas a xeito de listaxe, ou de varios nomes inscritos nun rectángulo, dan conta de visitas grupais coma as referidas nesta época. Tamén se rexistran sinaturas colectivas a nome de Exploradores e Las niñas que dan fe de grupos cuxos compoñentes individuais non se chegaron a identificar. As marcas deste perÃodo "son as que están situadas máis ao fondo. Aparecen en todas as partes da cova, mesmo na chamada galerÃa do pozo, na que o acceso é un pozo de 5 metros de caÃda. Cómpre saber de espeleoloxÃa para acceder, aà están", na maior parte dos casos acompañadas do ano de realización (sobre todo 1992 e 1993) e os cinco mesmos nomes que se repiten.
O declive dunha tradición
Co comezo das campañas de investigacións paleontolóxicas e arqueolóxicas que se desenvolveron a partir desa década, e a crecente consciencia da importancia patrimonial do conxunto, o costume de inscribir o nome nas paredes da cova foi desaparecendo. O traballo de Alba Vidal refire, no entanto, que existen exemplos de sinaturas posteriores ao ano 2000 "aÃnda que escasas". En concreto identificouse un grupo de tres mozos "que entraron xuntos no outubro de 2005, naturais de Cancelo ou aldeas próximas" e "dous casos con data de 2008 (correspondente co ano en que entraron), ao mes de rematar a primeira campaña arqueolóxica acometida polo GEPN-AAT" (Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da Universidade de Santiago de Compostela). A estes súmase "o nome dunha rapaza da contorna que se acompaña dun 2000", ano do seu nacemento.
As pistas que achegan as letras
AÃnda que as entrevistas achegaron moita información sobre a identidade das persoas que accederon ao lugar e o momento no que o fixeron, a propia análise das inscricións foi tamén determinante á hora de identificar grupos e datas. O feito de seren a maior parte destas marcas nomes propios, permiten concretar en moitos casos a súa autorÃa. "Atopamos algúns veciños que as fixeron, e tamén familiares que viñan de fóra. Logo apareceron sinaturas de xente doutros lugares, que sinalan a súa procedencia na propia sinatura ou mesmo traballadores da canteira próxima que se definen como tales" na propia inscrición, explica a arqueóloga. O tempo pasado desde as sinaturas máis antigas localizadas na caverna fan que "na maior parte a veciñanza non lembre quen eran esas persoas, aÃnda que hai nomenclaturas que se repiten na mesma familia". AsÃ, "o xeito de escribir axuda a identificar tamén quen fixo cada unha. Nas de comezo do século XX vese moita letra inglesa, da caligrafÃa que ensinaban nas escolas". Máis adiante "as letras son máis cadradas e empréganse máis maiúsculas. Tamén se verifica algunha feita por nenos, que poñen letras fóra de sitio". Como caso curioso, "vimos dous autógrafos cun mesmo nome que nas entrevistas foron identificados como pai e fillo, pero resultou que aquel que nós pensabamos que correspondÃa ao maior, era do pequeno", explica Vidal. "Os niveis de estudos eran tamén inversos ao que pensabamos, cada un entrou cunha idade distinta e en diferentes momentos vitais", o que facilitou a confusión.
A dificultade de falar das sinaturas
O proceso de entrevistas non resultou sinxelo nunha poboación que é consciente na actualidade do valor patrimonial da caverna. O temor entre a veciñanza por ter estragado elementos arqueolóxicos coas marcas que deixaron na súa infancia ou mocidade dificultou as primeiras aproximacións na investigación. "Inicialmente a xente era reticente", recoñece Vidal. "Algo que lles queriamos deixar patente neste traballo era que o que fixeron non estaba mal. Non se pode acuñar como vandalismo, porque cando eles entraban e asinaban non existÃa a protección legal. Ata 2011 non apareceron as pinturas e as gravuras, e non foi até 2019 cando se declarou Ben de Interese Cultural". Segundo explica, "o que queriamos conseguir nas entrevistas era coñecer a súa experiencia, como viviron e percibiron a cova e como mudou esa experiencia coas intervencións cientÃficas, pero en ningún caso xulgalos".
Perspectivas sobre unha cova
Vidal lembra que Cancelo "É unha aldea de montaña na que durante o ano hai menos de 30 persoas, e que veña alguén de fóra a preguntar algo que se denunciou publicamente por alterar o rexistro arqueolóxico causa receo. Ao longo dos dÃas e das interaccións, notamos un cambio notable en como nos recibÃan, o xeito no que aceptaban as entrevistas e a soltura que habÃa ou o tempo que duraban. Ata chegar a ese punto bonito de que convidasen a merendar ou cear", explica. AÃnda que recoñece que hai unha minorÃa entre a veciñanza que está "claramente en oposición ás intervencións que se fan, tanto arqueolóxicas como da canteira" próxima, Vidal apunta no seu traballo que en xeral "apréciase unha maior consciencia e identificación respecto á cova". AsÃ, "para eles, a cova segue a ser a súa paisaxe cotiá. Entenden que o feito de vir xente de fóra a falar da súa importancia debe ser bo para a aldea, pero tamén perciben que un público indesexado que pode levar a problemas, como o lume do monte de 2023", provocado por tres visitantes á cavidade e que levou por diante 5.000 metros cadrados de monte. Fronte a isto, "a xente máis nova ten unha relación máis identitaria co lugar. Desde pequenos vivÃrono co valor patrimonial que se lle engadiu cando comezaron as escavacións".
As lembranzas do material
Esta metodoloxÃa de traballo permitiulle a Vidal indagar tamén no patrimonio inmaterial vencellado a este espazo e as lembranzas que se transmiten sobre o mesmo. "Algo interesante e curioso é que nas entrevistas aparecen contradicións entre xente da mesma idade que lembra cousas lixeiramente distintas do que atopaban ao entrar. Desde os elementos que atoparon na sala de entrada a se xa habÃa sinaturas", explica. "Hai xente que lembra de entrar ao que serÃa unha estancia dunha casa cunha lareira e os colchóns contra as paredes. Lembraban mesmo os ganchos para pendurar tixolas. Pola contra, outras persoas, que poden ter 6 ou 7 anos menos, non lembran nada diso". É algo moi común en todas as entrevistas deste tipo, e non é algo que poidamos contrastar nin confirmar". Entre estas curiosas descricións do interior, destaca a fogueira. "Algúns refiren ter visto restos dun lume na sala de entrada", a incluÃr nalgúns casos mesmo bancos arredor. "Logo, nas escavacións, comprobamos que alà habÃa restos dunha fogueira medieval bastante grande da que quedaba algunha pegada", explica a arqueóloga. Dentro das percepcións populares sobre a cavidade, as entrevistas revelaron que "habÃa quen sabÃa que tivera que haber xente que xa entrara, non só para plasmar sinaturas, senón tamén porque vÃan placas de lousa que terÃan que ter chegado doutras covas, porque alà non as hai. E outras testemuñas aseguran ter visto grans de café ou cascas de noces que se terÃan empregado para facer un rastro e atopar o camiño de saÃda".
Para Vidal, que ten en proceso de publicar varios artigos sobre este tema, as sinaturas constitúen "un elemento moi interesante, non só por si mesmo, senón polo que achega do pasado máis inmediato. É algo ao que en xeral non se lle presta atención como parte dun equipo de investigación arqueolóxico, e que está demostrar que é unha ferramenta para establecer unha boa relación coa veciñanza. Desde que comezamos estes labores e viron que temos interese no que contan, mellorou a relación, e agora a xente participa máis nas actividades que propomos".
GalerÃa de sinaturas en Cova Eirós

Esvástica acompañada do ano de 1994 e unha rúbrica, coa sinatura previa de Jose. Fonte: Alba Vidal Soliño

Sinatura de Corral 1889, no cóbado da GalerÃa Nordeste. Fonte: Alba Vidal Soliño

Grupo de firmas feitas con carburo, coa data de 1930. Fonte: Alba Vidal Soliño

Parte da parede entre os Paneis 9b e 11, na GalerÃa Este-Sueste. Fonte: Alba Vidal Soliño

Un dos espazos medios dos pasos entre as galerÃas na Este-Sueste. Fonte: Alba Vidal Soliño

Grupo de firmantes na GalerÃa da Rocha Nai, da década de 1940: Manuel EspÃn / Antoni Doval/ Jaime Fernández / Jesús GarcÃa / Pepe GarcÃa. Fonte: Alba Vidal Soliño

Faustino (pai). Fonte: Alba Vidal Soliño

Faustino (fillo). Fonte: Alba Vidal Soliño