Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Un artigo na revista Comptes Rendus Palevol dá conta da importancia dos achados na cavidade lucense

24/11/2021 | Santiago. Xermán Hermida | Seccións: historiapatrimonio
40 lecturas | Compartido 0 veces

"Between two worlds: Cova Eirós and the Middle-Upper Palaeolithic transition in NW Iberia" é o título do artigo que acaba de publicar na revista francesaComptes Rendus Palevol o Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC en colaboración co Institut Català de Paleoecología Humana i Evolució Social e a Universidade Rovira i Virgili de Tarragona. O texto desvela a importancia dos restos de ocupación humana que apareceron nesta cavidade de Triacastela para comprender a transición entre poboacións neandertais e de homo sapiens no norte da Península Ibérica.
Segundo informa a Universidade de Santiago este 24 de novembro, a análise presentada amosa, a partir de datacións por radiocarbono, que se deu "unha supervivencia tardía, hai uns 40-41.000 anos, dos grupos de neandertais nas montañas do interior galego con respecto aos últimos grupos do Cantábrico. Mentres a cornixa cantábrica xa estaba colonizada polos humanos modernos, nas montañas galegas aínda quedaban poboacións residuais de neandertais".

Do mesmo xeito, datacións realizadas nun nivel superior da caverna revelan que foi hai uns 36.000 anos cando se deu "unha chegada á rexión relativamente rápida dos Homo  sapiens, con respecto a outras rexións do centro e sur peninsular". Segundo o equipo de investigación, isto "podería indicar unha relativa estabilización das poboacións de Homo sapiens que se manteñen no litoral e vales cantábricos durante uns poucos milenios, antes de estenderse fóra da conca cantábrica en momentos de lixeira mellora climática".

Se ben na cova non se localizaron restos humanos de ningunha das dúas especies, si que ficaron restos da súa ocupación deste espazo "durante estancias breves e reiteradas no tempo, ligadas a actividades cinexéticas como a caza e procesado de cervos, rebezos, corzos e xabarís, baixo unhas condicións ambientais bastante similares". Estes restos amosan diferenzas nas estratexias de abastecemento de materias primas para fabricar ferramentas, na tecnoloxía e nas estratexias de caza" que contribuíron a establecer os diferentes períodos de ocupación de cada unha das especies humanas.
21/03/2025

Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Unha investigación sobre os graffitis na cavidade dá conta dos usos recentes deste depósito paleolítico

03/01/2024

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Os resultados permiten coñecer os contactos entre sociedades cazadoras-recolectoras no noroeste peninsular

13/01/2017

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Os investigadores do depósito presentaron o resultado da última campaña de escavacións

16/09/2015

A campaña de Cova Eirós fecha con novos achados

Os neandertais empregaron o espazo para estancias curtas

20/08/2012

Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela

Son as conclusións da quinta campaña que se realiza desde o ano 2008

01/03/2011

Coquetería paleolítica

O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia

Universo culturagalega.gal