Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela

Son as conclusións da quinta campaña que se realiza desde o ano 2008

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vista do achado. Fonte: USC

Vista do achado. Fonte: USC

Cautela ante o achado porque aínda están á espera das probas como as da datación radiocarbónica, pero as hipóteses apuntan cara pinturas e gravados rupestres nas paredes da Grande Sala da escavación de Cova Eirós en Triacastela. Trátase, segundo unha nota remitida pola cosellaría de Educación e Cultura, “dun dos descubrimentos patrimoniais máis importantes acontecidos en Galicia”. Hoxe presentáronse os resultados da última das campañas, a quinta, dun proxecto que pretende comparar as materias primas e as estratexias de subsistencia do homo sapiens e do homo neanderthalensis.

Vista do achado. Fonte: USC
1/4
Vista do achado. Fonte: USC
2/4
Silueteado do achado
3/4
As pinturas de Cova Eirós
4/4

Esta é a quinta campaña que se realiza neste espazo no que están implicados equipos de técnicos investigadores conformado das Universidades de Santiago de Compostela e da Rovira e Virgill – IPHES, coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Ata o de agora, xa se localizaron varios niveis de ocupación do Paleolitico Medio e Superior de entre 85.000 e 35.000 anos, ademais de comprobarse que a cova foi ocupada na Idade de Bronce e Media.

*Información actualizada coa galería fotográfica o 21/08/2012

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Unha investigación sobre os graffitis na cavidade dá conta dos usos recentes deste depósito paleolítico

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Os resultados permiten coñecer os contactos entre sociedades cazadoras-recolectoras no noroeste peninsular

Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Un artigo na revista Comptes Rendus Palevol dá conta da importancia dos achados na cavidade lucense

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Os investigadores do depósito presentaron o resultado da última campaña de escavacións

A campaña de Cova Eirós fecha con novos achados

A campaña de Cova Eirós fecha con novos achados

Os neandertais empregaron o espazo para estancias curtas

Coquetería paleolítica

Coquetería paleolítica

O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cova Eirós, Educación, Galería, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural...