ADEGA leva á Fiscalía as actuacións de COSMOS e da Xunta na Cova Eirós

Advirten de que este inverno a cova e as pinturas rupestres poden resultar danadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Segundo ADEGA, a actividade mineira da empresa mineira COSMOS chegou ata a pranta da Cova Eirós, un sitio arqueolóxico fundamental para coñecer a prehistoria máis antiga de Galicia e na que se conservan as pinturas rupestres máis antigas do país. "Como consecuencia da eliminación da capa de solo", advirte ADEGA, "e do material xeolóxico que protexía plata da cova, a infiltración de augas superficiais aumentou considerablemente producindo a entrada de auga que escorrega polas paredes da cova, co risco de destrución das pinturas e gravados do interior". ADEGA solicitou a intervención da Fiscalía de Medio Ambiente e Patrimonio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, instando á paralización cautelar das obras.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA, Cova Eirós, Prehistoria, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Lugares