Reclaman a paralización da mina próxima a Cova Eirós

Os ecoloxistas advirten que as explosións poden danar o sitio arqueolóxico

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Triacastela outorgou á mina da empresa Cementos Cosmos licenza de actividade a escasos metros de Cova Eirós, o sitio arqueolóxico no que se están a documentar importantes restos de actividade neandertal, así como as primeiras pinturas rupestres do Paleolítico achadas en Galicia. Segundo a empresa cementeira, as explosións da mina están controladas e se realizarán en áreas que non danen a cova. Pero a Plataforma Contraminación dubida da seguridade e presentou un recurso contra esta decisión municipal e anuncian que chegarán aos tribunais se é rexeitado.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cova Eirós, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares