Triacastela anula a licenza da mina que afectaba a Cova Eirós

A decisión afecta a Cementos Cosmos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Triascastela anunciou a varios colectivos integrantes da plataforma de oposición á mina que afectaba á Cova Eirós que os recursos de reposición presentados contra ela non podían ser valorados xa que a licenza foi anulada "pola falta de quorum". Segundo os colectivos, a sesión da Xunta de Goberno Local onde a devandita licenza fora inicialmente aprobada só contara coa presenza da alcaldesa e un concelleiro. A polémica mina xestionada por Cementos Cosmos afectaba, segundo estes colectivos, á supervivencia da Cova Eirós, un dos escasos sitios arqueolóxicos de Galicia onde se poden estudar as fases iniciais da Prehistoria e onde se conservan as únicas pinturas rupestres prehistóricas do país.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cova Eirós, Prehistoria

Claves

Conceptos
Lugares