A Cova Eirós permitirá comprender as diferencias culturais entre sapiens e neandertais

Os investigadores localizan cultura material das dúas especies

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Hai 50.000 anos de diferencia entre os restos de cultura material -útiles- dos neandertal e os homo sapiens que habitaron a Cova Eirós, no concello lugués de Triacastela, e todo iso concentrado nos pocos metros cadrados do interior da cavidade. Pero os arqueólogos están moi satisfeitos. Para Arturo de Lombera, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, "permite interpretar a forma de vida de dúas especies que viviron no mesmo lugar". A intervención tamén amosa a presenza da fauna das diferentes épocas, que nalgúns casos chegou a competir cos propios humanos polo uso da cova.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cova Eirós, Prehistoria

Claves

Conceptos
Lugares