Publícase o primeiro libro sobre Cova Eirós

A Consellaría de Cultura achega 30.000 euros para continuar coas investigacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Publícase o primeiro libro sobre Cova Eirós

Cova Eirós. Primeras evidencias de arte rupestre Paleolítico en el Noroeste Peninsular, con Ramón Fábregas e Arturo de Lombera como editores, é o primeiro libro que recolle as investigacións sobre esta cavidade de Triacastela. A Universidade de Santiago corre coa publicación dun traballo que amosa a importancia das pinturas e gravados que atoparono neste espazos os estudosos do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC en colaboración co Institut Catalá de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona (IPHES).

A coincidir coa presentación deste volume, a Consellaría de Cultura asinaba onte un convenio coa Universidade de Santiago polo que apoiará con 30.000 euros a continuidade das pesquisas neste importante depósito. Os achados en Cova Eirós revolucionaron as ideas previas sobre a arte rupestre na Península e achegan importantes datos sobre a conviencia de neanderthal e homo sapiens.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cova Eirós, Ramón Fábregas, Editores, Prehistoria...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares