Localizan un acocho de máis de 50 moedas romanas nunha cova de Triacastela

Son moedas do século IV d.C.

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un conxunto de máis de cincuenta moedas romanas foi descuberto na Cova das Cabras (Triacastela), unha cavidade próxima á Cova Eirós. As moedas foron localizadas durante a intervención arqueolóxica levada a cabo na cova por parte dos arqueólogos do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC e un equipo da universidade de Tarragona, dentro do proxecto de Cova Eirós. As moedas foron identificadas polo arqueólogo Santiago Ferrer como follis de Bronce, acuñadas ao longo do século IV. O achado súmase así aos numerosos acubillos con tesouriños de moedas localizados no noroeste peninsular durante a Antigüidade Tardía. Eses acubillos reflicten un ambiente de conflitividade social no que as persoas gardaban as súas pertenzas en lugares aillados ou pouco visibles para evitar o seu roubo. Os investigadores tamén atoparon na entrada da cova testemuñas do uso medieval dese espazo como curral, como osos de cabras e ovellas datados entre os séculos XII ou XIII ou cerámica medieval.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Cova Eirós, Prehistoria, USC...

Claves

Entidades
Lugares