Coquetería paleolítica

O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Colgante da Cova Eirós. Foto: Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico

Colgante da Cova Eirós. Foto: Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico

No ano 2009 apareceu na Cova de Eirós, un xacemento paleolítico de Triacastela, un pequeno colgante de dente de raposo. O equipo de investigación conseguiu datar o nivel do solo no que se localizou, e amosaba unha vertixinosa visión temporal: aquel colgante de raposo fixérase hai 26.000 anos e era o adorno máis antigo da Historia do noroeste peninsular. Non sería o único adobío paleolítico atopado en Galicia, xa que se suma a outros dous localizados na área. Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria da USC, explícanos estas valiosas primeiras mostras de adornos de Galicia.

Colgante de Férvedes.
1/2
Os tres adornos máis antigos de Galicia.
2/2

Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria da USC e director do proxecto de investigación sobre o Paleolítico, sitúa o achado no seu contexto. “É frecuente que nas escavacións paleolíticas aparezan adornos”, di o investigador, “pero en Galicia, debido á acidez do chan e á escasa documentación que temos polo momento, non estaban documentados”. Fábregas dirixe un proxecto de investigación que, precisamente, tenta localizar no oriente de Galicia os restos da nosa prehistoria máis antiga. Nas montañas de Lugo e Ourense, que contan con bandas de material calizo, hai máis posibilidades de localizar xacementos preservados.

O colgante de óso da Cova Eirós é o terceiro adobío paleolítico aparecido en Galicia. “Hai trinta de anos aparecera un posible adorno en pedra na zona de Vilalba, nun abrigo granítico en Férvedes, pero non apareceu nunha escavación, así que a súa atribución paleolítica era por semellanza con outros na zona cantábrica”, sinalou Fábregas, “e tamén na escavación da cova de Valdavara atopamos varias cunchas de dentalium que se puideron datar radiocarbonicamente hai uns 15.000 anos. É unha industria de tipo magdaleniense, da mesma época que o colgante de Férvedes, e podemos comprendelas como as doas dun colar”.

As cunchas de Valdavara proceden do mar Cantábrico, o cal deixa deducir a existencia dunha historia detrás: “ben as xentes que vivían en Becerreá se desprazaban ata a costa cantábrica e alí apañaban as cunchas ou ben tiñan conexións de intercambio ou contactos con comunidades paleolíticas”. Estes pequenos obxectos ofrecen moita información sobre as sociedades que os fabricaron.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Unha investigación sobre os graffitis na cavidade dá conta dos usos recentes deste depósito paleolítico

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Os resultados permiten coñecer os contactos entre sociedades cazadoras-recolectoras no noroeste peninsular

Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Un artigo na revista Comptes Rendus Palevol dá conta da importancia dos achados na cavidade lucense

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Os investigadores do depósito presentaron o resultado da última campaña de escavacións

A campaña de Cova Eirós fecha con novos achados

A campaña de Cova Eirós fecha con novos achados

Os neandertais empregaron o espazo para estancias curtas

Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela

Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela

Son as conclusións da quinta campaña que se realiza desde o ano 2008

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Fábregas, Prehistoria, USC, Cova Eirós...

Claves

Protagonistas
Entidades