A campaña de Cova Eirós fecha con novos achados

Os neandertais empregaron o espazo para estancias curtas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cairo dun oso das cavernas localizado en Cova Eirós

Cairo dun oso das cavernas localizado en Cova Eirós

A Universidade de Santiago de Compostela acaba de anunciar o feche dunha nova campaña de escavacións no depósito de Cova Eirós, en Triacastela, onde se atoparon novos restos vencellados a neandertais. A pescudas realizadas ao longo deste ano centráronse nos niveis mais antigos da cova, datados entre 84.000 e 120.000 anos e permitiron comprobar que o lugar era empregado para estadías cortas. Segundo sinala a nota da USC, os materiais localizados "poden relacionarse con estancias curtas e breves, enfocadas á caza e procesado das presas da contorna, ademais doutras actividades como a talla de cantos de seixo procurados nos ríos próximos ou o traballo de peles". Canda a restos de animais, atopáronse tamén ferramentas e unha boa cantidade de puntas de frecha da industria lítica Levallois.

A cova é o único depósito do país no que teñen aparecido ferramentas e fauna vencellados aos neandertais, así como a únicas pinturas rupestres do paleolítico que se conservan en Galicia. As investigacións realízanse da man do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noreste (GEPN) da USC, en colaboración co Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social (IPHES) co apoio da Consellaría de Cultura, que achegou 30.000 euros ao proxecto. Diferentes colectivos teñen denunciado o risco de degradación que corre este depósito pola cercanía dunha canteira en activo.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Os gravados contemporáneos de Cova Eirós

Unha investigación sobre os graffitis na cavidade dá conta dos usos recentes deste depósito paleolítico

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Atopan un 'corpus artístico' común paleolítico entre a Cova Eirós e o Val do Côa

Os resultados permiten coñecer os contactos entre sociedades cazadoras-recolectoras no noroeste peninsular

Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Os restos de Cova Eirós datan o tardío final dos neandertais en Galicia

Un artigo na revista Comptes Rendus Palevol dá conta da importancia dos achados na cavidade lucense

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Novos achados confirman a importancia arqueolóxica de Cova Eirós

Os investigadores do depósito presentaron o resultado da última campaña de escavacións

Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela

Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela

Son as conclusións da quinta campaña que se realiza desde o ano 2008

Coquetería paleolítica

Coquetería paleolítica

O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cova Eirós, USC, Universidade de Santiago de Compostela, Prehistoria