Ao igual que outras profesións da cultura, tamén a ilustración está a sofrer o efectos da crise derivada da COVID-19. Entre outras cuestións, e canda á mingua na carga de traballo, a profesión lamenta as dificultades que están a atopar para acceder ás axudas públicas para persoas dadas de alta como autónomas. No entanto, este colectivo artÃstico, afeito a traballar desde a casa, no perde fol creativo durante o confinamento. Bea Lema, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e mais Abi Castillo, ilustradora e ceramista con traballos en diferentes campos, debaten sobre situación deste sector nos Diálogos Confinados do Consello da Cultura Galega.
-Como estades a levar este confinamento? Seguides a traballar?
Bea Lema (BL) -A nivel individual estouno levando ben, non teño ninguén afectado pola doenza. É certo que para a xente que debuxamos o dÃa a dÃa non mudou tanto. Logo temos moita actividade na asociación (AGPI). Estamos a falar constantemente con colectivos desta e doutras disciplinas a nivel estatal.
Abi Castillo (AC) -Lévoo con moita paciencia, tamén sen afectados na familia. Logo os dÃas non mudaron demasiado porque estou acostumada a traballar na casa, a pasar moitos dÃas sen moita relación co exterior, ou sexa que polo momento bne.
-Cales pensades que son os efectos máis inmediatos que está a sufrir a profesión nesta crise.
BL - Na AGPI e coa FADIP, que engloba diferentes colectivos de ilustradores do estado, fixemos unha enquisa para ver como está a afectar esta situación. E atopamos que están a se dar moitas cancelacións e aprazamentos de traballos. As posibilidades de supervivencia para as persoas do sector están nunha media de tres meses nesta situación. E estamos a ver que a maior parte de nós non nos podemos acoller ás axudas que oferta o estado.
AC - A cancelación e os aprazamentos son a tónica ultimamente. Non temos unha data especÃfica para reincorporarnos á actividade total, e iso é un problema porque son cartos se non sabemos cando van aparecer, se aparecen. No meu caso eu teño o obradoiro de cerámica na aldea, a unha hora da casa e non me podo desprazar alÃ. Entón non podo avanzar no meu traballo e ter produto para cando isto volte a unha normalidade, non vou ter nada que ofrecer e iso é un problema para min.
-Estades a ver se dentro da ilustración hai sectores especialmente afectados por esta crise?
BL -Está todo bastante parado. Teño compañeiros que traballan no mundo da animación e teñen bastante traballo. Ao se paralizar as rodaxes, a animación faise algo interesante porque a xente pode traballar desde a casa. Logo no tema do libro están as imprentas paradas, non se está a publicar, e penso que fóra da animación non hai nada que estea a rexurdir.
-Cales pensades que son as medidas prioritarias para axudar o sector da ilustración?
BL -A nosa principal problemática é o tema da intermitencia. Non podemos acceder ás axudas do goberno porque a maiorÃa de nós non estamos dados de alta como autónomos todos os meses. Temos un traballo que nos permite subsistir a metade do ano pero logo hai moitos meses nos que non hai facturación, o que nos impide estar dados de alta de xeito continuo. Que isto non se recoñeza é un problema, e leva un monte de anos a se reivindicar. Desde a FADIP tivemos unha xuntanza co Ministerio de Cultura o 17 de abril. Levamos alà unha serie de medidas como o recoñecemento desta intermitencia, a aprobación do Estatuto do Artista, que saÃu xa en 2017 e que recolle medidas básicas como a adaptación do sistema de cotizacións, ou que as asociacións poidamos funcionar como sindicatos e representar legalmente os socios. Tamén está pendente que poidamos ter un tarifario, do mesmo xeito que existe un convenio de artes gráficas, que marque un pouco por onde se poden mover os prezos. Ou que poidamos ter acceso a unha xubilación digna e un lote de cousas máis. Dentro xa do sector do libro hai tamén medidas interesantes por facer, como que as subvencións á edición contemplen o pago dos dereitos de autor. Hoxe permiten cubrir gastos de imprenta e de maquetación pero non o traballo do autor ou autora, o que é absurdo, porque sen eles non hai nada. Agora estamos a agardar novas do ministro, que se supón que para o 5 de maio aprobará medidas.
AC -Eu son socia da AGPI e sigo todas as novas que van saÃndo, sei do esforzo que están a facer e ninguén mellor ca Bea para falar deste tema, son quen están en contacto coas diferentes asociacións para pór todo en común. Eu son autónoma e vexo que as cotas mensuais son abusivas, non todos os meses son abondo frutÃferos para asumir esta cota pero tes que continuar de alta para poder seguir a traballar, e entón resulta algo complicado.
-En que estado chegou a ilustración a esta crise? Como foron os últimos anos no sector?
BL -Xa estaba moi mal. O movemento S.O.S. Sector Gráfico, que tamén apoiamos, publicaba datos de que xa en 2019 o 60% dos profesionais do sector facturaba mensualmente menos que o salario mÃnimo. Ese dato e que a xente recoñeza que non pode sobrevivir máis de dous e tres meses na situación actual amosa que é algo que arrastramos desde hai moito tempo. Nunca chegamos a estar ben e isto ven empeorar a situación.
AC -Penso que xa era un sector precario, sobre todo porque moitas veces non somos considerados indispensables. Cando chega un momento de crise moita xente o primeiro que afasta das súas prioridades é o visitar cinemas, teatros e comprar obra gráfica ou facer este tipo de cousas. Neste confinamento moita xente que non valoraba este tema penso que si se dou conta da importancia da cultura neste tempo libre e de reflexión. Logo está o tema de non ter ingresos fixos ao mes, ou a utopÃa que é ir enlazando traballos. Chegamos mal a esta situación pero xa estabamos mal desde o comezo.
- Atopades semellanzas entre esta situación e a crise de 2008?
BL -Penso que non, esta é unha situación especial, cunha crise mundial derivada de cuestións de saúde. Cústame moito comparalas. Eu acabei de estudar en 2008 e sempre vivÃn nesta situación de traballar de xeito precario, con bolsas ou con moitas dificultades para atopar traballo. Pero paréceme que non é comparable.
AC - Eu tamén o vexo asÃ. A anterior crise apañoume a traballar noutro sector e combinándoo co tema artÃstico. O único que se pode comparar penso que é que ao final a creatividade, xa non a nivel de facer cousas, senón de intentar saÃr a flote de todos os xeitos posibles, ese xeito de se reinventar para poder subsistir a niveis Ãnfimos, vai aparecer aÃ.
-Durante o confinamento están a se compartir, tamén no voso ámbito, contidos de balde nas redes. Como vedes este movemento?
BL -Agora mesmo como unha situación circunstancial paréceme ben que cada un comparta o que queira, pero penso que é perigoso que a xente se acostume. Iso é algo que xa existÃa, os contidos totalmente gratuÃtos por Internet. Non hai consciencia de que para crear calquera contido cultural hai autoras e autores detrás que lle dedican o seu tempo e a súa vida. E que esa xente precisamos un contexto para vivir todos os meses. E iso sabémolo os que estamos nisto todos os dÃas pero os demais non o valoran de todo. Como colectivo é moi importante que nos concienciemos e que teñamos claro que queremos un recoñecemento do noso traballo. Penso que debemos ter dereito a un acceso á cultura igual que temos dereito á sanidade pública e á educación. Pero igual que co médico non nos estraña que lle paguen un soldo a final do mes, penso que deberÃa haber un apoio moi forte por parte do estado para este ámbito, e penso que é cara onde deberiamos remar. Se non o facemos xeran contidos só os grandes, como Netflix. E se só teñen voz eles pérdense moitos outros discursos e visións da realidade. Hai unha visión moi mercantilista da cultura que fai que se fale dunhas cousas e non doutras, e por isto é fundamental ao apoio á cultura por parte do estado.
AC Eu tamén tiven persoalmente o meu dilema con este tema. HabÃa moita xente a pedir directos e obradoiros en liña, e neste momento non estás ti na situación máis creativa porque estamos todos igual en shock e traballando como podemos desde casa. E logo tampouco entendo que eu tivese que me encargar de entreter á xente dese xeito. Eu dedÃcome ao meu traballo, que considero como algo serio, e tampouco penso que teña que agasallar todo o que fago. O meu proceso creativo é algo moi persoal. Fixen algún directo, pero tiven o meu dilema tamén por se estaba a xerar entretemento, que non é o meu oficio.
-Como vedes o futuro? Hai oportunidades nesta crise para a ilustración?
BL -A min cústame imaxinar como será, e penso que a todos nos pasa. A nivel persoal paréceme preocupante. A estar na AGPI, que é algo novo para min, estes dÃas vinme na tesitura de ter que propor medidas E paréceme preocupante non ter a capacidade de imaxinar outros mundos, ou un futuro, aÃnda que sexa utópico. O que me gustarÃa levar desta situación é que houbese máis consciencia de colectivo, que teñamos moi claro que hai unha interdependencia e que o único xeito de mellorar as cousas é que fagamos piña e digamos o que queremos e cara a onde queremos ir.
AC -Penso que vai haber que traballar moito mais duro do que traballabamos antes, que xa non sei se haberá folgos para tanto. E logo que di Bea, que cómpre apoiar os colectivos, que son os que teñen a forza, a achegar as nosas cotas. Son os que poden propor novos sistemas de traballo para saÃr adiante como conxunto.