A montaxe e a produción de exposicións protagonizan a XI entrega dos Diálogos Confinados

Jesús Mosquera e Raquel Seijas analizan a problemática deste sector ante a crise sanitaria

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A montaxe e a produción de exposicións protagonizan a XI entrega dos Diálogos Confinados

Jesús Mosquera, de Jega Comunicación Visual e mais Raquel Seijas, de Escenoset, protagonizan a XI entrega dos Diálogos Confinados do Consello da Cultura Galega. A institución ten xa no seu web o vídeo do novo debate, moderado por Rosario Sarmiento, no que se aborda a problemática da montaxe e a produción de exposicións no contexto da crise sanitaria actual. Segundo explican as persoas convidadas, o sector aproveitou o confinamento para apostar por unha diversificación de actividades e afondar no ámbito dixital. Para alén das cancelacións destes meses, as medidas de seguridade e distancia actual están a dar nunha maior aposta por exposicións no exterior e nun incremento do peso do virtual no traballo neste campo.

Como iniciativas necesarias para apoiar este ámbito cultural, no diálogo reclámanse medidas como "unha maior formación nas escolas para a valoración dos bens culturais do público do futuro; o establecemento de medidas de protección non só das persoas usuarias senón tamén dos prestatarios dos servizos; a reactivación da contratación de calidade e inxección económica por parte do sector público; a eliminación de trabas administrativas; a apertura de novas liñas de traballo e o reforzo do ámbito dixital son algunhas das claves que se deberían abordar a curto e medio prazo para un sector coa ollada posta na reactivación do traballo xa de cara ao último trimestre deste ano", segundo recolle o web do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Diálogos confinados

Ver serie completa
Diálogos confinados. Artes escénicas na procura de escenarios

Diálogos confinados. Artes escénicas na procura de escenarios

As particularidades da volta á actividade inclúen reflexión sobre o cultural como comunitario

Diálogos confinados: O audiovisual que se reinventa

Diálogos confinados: O audiovisual que se reinventa

A crise da Covid-19 transforma toda a cadea de produción, distribución e exhibición de series e filmes

Videoxogos: a eterna materia pendente

Videoxogos: a eterna materia pendente

Achegámonos á produción do agardado The Waylanders e ás novas promesas do videoxogo galego

Diálogos confinados (III): As fundacións literarias rurais ven neste o momento dos pequenos

Diálogos confinados (III): As fundacións literarias rurais ven neste o momento dos pequenos

A Fundación Eduardo Pondal e a Fundación Uxío Novoneyra consideran unha oportunidade o escenario post-crise da COVID-19

Diálogos Confinados (II): Chove sobre mollado na ilustración

Diálogos Confinados (II): Chove sobre mollado na ilustración

A crise da COVID-19 impacta forte nun sector moi afectado pola precariedade

Diálogos confinados (I): Máis rural para unha arqueoloxía máis diversa

Diálogos confinados (I): Máis rural para unha arqueoloxía máis diversa

Francisco Alonso Toucido e María José Bóveda conversan sobre como a arqueoloxía de xestión afronta a crise

Do mesmo ámbito

Libro e COVID-19: A tormenta perfecta

Libro e COVID-19: A tormenta perfecta

A crise provocada pola pandemia súmase ás propias dinámicas da industria editorial para situar o sector do libro ante un escenario complexo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Rosario Sarmiento, Consello da Cultura Galega, Escolas...