Un modelo en transición, o futuro incerto do libro electrónico, o peso crecente da distribución de contidos por Internet ou as novas tecnoloxÃas de impresión eran desafÃos ao que o conxunto do sector do libro estaba a se enfrontar. A aparición da actual crise sanitaria e as súas derivacións económicas atopan esta industria cultural nunha situación complexa á que se suma a coincidencia de se desenvolver nuns meses cruciais para a facturación anual. Repasamos, da man das fontes do documento de traballo O sector do libro galego perante a crise da COVID-19 do Observatorio da Cultura Galega o incerto panorama ao que se enfronta este ámbito.
"A falta de consumo esperta a alarma entre os axentes do tecido editorial: distribuidoras sen pedidos, editoriais obrigadas a suspender lanzamentos de novidades, aprazamentos das feiras promocionais nacionais e internacionais, anulación da presentacións de novos tÃtulos, autónomos sen traballo, pemes sen liquidez... Redúcense drasticamente os ingresos nunhas datas tradicionalmente importantes para o sector". Deste xeito introduce o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega o seu documento de traballo O sector do libro galego perante a crise da COVID-19. Esta primeira achega, a falta aÃnda de datos estatÃsticos sobre o impacto económico actual no sector, achega da man de profesionais e responsables das agrupacións sectoriais do libro do paÃs unha primeira análise desta situación.
A tormenta perfecta
O sector do libro enfróntase á problemática derivada da pandemia nun momento no que diferentes factores, como os hábitos de consumo cultural e as propias innovacións tecnolóxicas xa estaban a provocar mudanzas importantÃsimas en todos os pasos da industria. A transición ao libro electrónico resultou máis lenta e incompleta do planificado polas editoras. Os novos sistemas de impresión dixital obrigaron ás imprentas a mudar os seus xeitos de traballo e revolucionan a xestión de stocks e de almacenamento. A auxe do comercio por Internet da man das grandes plataformas de venda percÃbese como unha ameaza importante, en particular para librarÃas e distribuidoras, e ameaza con mudar o modelo de negocio arredor da lectura. Todo isto mestúrase coa coincidencia do confinamento e a correspondente baixada de consumo precisamente nuns meses cruciais para actividade e resultados anuais do sector. Segundo recoñece Xosé Ballesteros, responsable de Kalandraka e presidente da Asociación Galega de Editoras, a industria do libro atópase "fronte á tormenta perfecta". "Nin o sector do libro nin ningún outro estaba preparado para unha situación coma esta, que roza o eido da ciencia-ficción", sinala Xosé MarÃa Argibay, de Arnoia Distribución.
O peso da anterior crise
"Despois de anos de descensos moi importantes a partir da crise de 2008, o número de libros editados mostraba certa estabilidade en Galicia, pese a que nunca se recuperaron os datos previos a aquela data. No último ano de referencia (2018), mesmo aumentou lixeiramente o número de tÃtulos, tanto en papel como en soportes distintos do papel. Non obstante, descendeu o número de editores e os empregos que estes xeran. Os datos económicos dos principais actores do sector vense afectados por esta situación xeral. As editoriais, que sufriron un retroceso importante durante os anos da crise, non se recuperaron substancialmente co cambio de ciclo que se experimentou dende 2013-2014 ata a chegada da crise provocada polo SARS-Cov-2. De feito, presentan en conxunto perdas en case todos os exercicios. As librarÃas experimentan unha situación similar, pero parecÃan recuperarse de forma máis clara nos últimos anos, malia que tamén tiñan grandes dificultades para ofrecer beneficios. O sector das artes gráficas non deixou de encoller dende o inicio da crise económica, pero as empresas que puideron seguir coa súa actividade foron capaces, en conxunto, de xerar beneficios a partir de 2014". O sector non se daba aÃnda por recuperado da crise económica de 2008, segundo lembraba Xosé Ballesteros, aÃnda que recoñece que nos últimos tempos esta industria "atopábase nunha fase de certa tranquilidade". De xeito máis concreto, desde o campo das empresas gráficas, Jacobo Bermejo, presidente do Clúster da Comunicación Gráfica e responsable da empresa Tórculo, sinala que "este foi o eido máis danado a raÃz da crise de 2008. Ata os anos 2013 ou 2014 deuse un descenso dun 70% na demanda de todo este tipo de produtos. A baixada veu fundamentalmente do descenso na actividade editorial, pero tamén no traballo das administracións ou en cousas como a impresión de temarios da oposicións. Houbo quen aproveitou para deixar de imprimir revistas e dar o salto ao dixital. O libro electrónico tivo tamén o seu impacto nun momento no que mesmo se imaxinaba un futuro sen papel. Isto deu nunha redución" do ámbito gráfico no paÃs "de ao redor do 50%, aÃnda que o se foi recuperando lentamente". Malia a esta recuperación, Bermejo advirte que "a impresión en papel experimenta un descenso da demanda dun 10% anual durante os últimos anos".
Unha crise diferente
"A crise anterior afectou a uns sectores máis do que a outros, pero esta fire absolutamente a todos", apunta desde as artes gráficas Jacobo Bermejo. "Esta crise non se parece á que comezou en 2008. Daquela aÃnda que houbo sectores moi castigados, o das librarÃas foise mantendo, porque xa estabamos preparados e intuïamos o que Ãa pasar. Pero isto é outra cousa. aÃnda que xa estamos en crise permanente a aparición da Covid-19 foi moi repentina e pillounos desprevidas", apunta desde a Federación Galega de LibrarÃas a súa presidenta, Pilar RodrÃguez. Os dous, coinciden en sinalar a aspiración a que os bancos na actualidade teñan un comportamento diferente, e a importancia das medidas rápidas do sector público para apoiar esta complexo. "Penso que desta volta, a diferenza de 2008, os bancos non están a especular. Houbo moitos profesionais que solicitaron os créditos ICO para facer fronte ao que aconteza nos vindeiros meses. Os negocios que están sans economicamente poderán continuar, pero os bancos non van conceder créditos aos que non teñan solvencia", completa RodrÃguez. "Unha diferenza salientable con aquela crise é que nesta os estados reaccionaron máis rapidamente. A posibilidade de acceder a créditos ICO pode salvar moitas empresas", coincide Bermejo. "Daquela os maiores pechadores de empresas foron os bancos, que cancelaban ou reducÃan as liñas de crédito e asfixiaban as empresas. Agora o goberno está a avalar os bancos". No entanto recoñece que "as empresas non dispoñen do músculo financeiro que tiñan en 2008, polo que sen este tipo de axudas non poderÃan subsistir".
Un sector fortemente vinculado
A estreita relación entre os diferentes elos da cadea do libro fan que as medidas de apoio se perciban como necesariamente orientadas ao conxunto, segundo salientan os actores consultados. AsÃ, desde a presidencia da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias incide en que "o destino dos autores galegos está absolutamente vinculado ao destino das editoriais. Se o tecido editorial cae, a posibilidade de normalidade no sistema literario cae. Precisamos das estruturas editoriais, desde as grandes ás pequenas. Cómpre que produzan e que teñan excedentes para investir tanto en proxectos rendibles como naqueles que non o son". Coincide con el Xosé MarÃa Argibay desde Arnoia Distribución, a sinalar que se trata "dun sector no que os diferentes gremios están moi vencellados e xérase un efecto dominó" en crises coma estas. "A falta de liquidez ameaza a moitas librarÃas. Se non poden pagar ás editoras, estas cortan os créditos e as librarÃas non poden cubrir os pedidos ao non poder pagar eses libros que mercan. Todo o sector está estreitamente vencellado", explica desde a Federación de LibrarÃas Pilar RodrÃguez.
Diversidade interna
No entanto, a grande diversidade que presentan eses mesmos actores, en canto a ámbitos de actuación ou no propio tamaño das empresas implicadas fai que se vexan afectados de diferentes xeitos, algo que ao tempo pode dificultar a adopción de medidas conxuntas para todo o sector. "Os dirixentes, tanto autonómicos como nacionais e mesmo europeos, non coñecen as caracterÃsticas e peculiaridades de cada elo da cadea do ámbito do libro", apunta a presidenta da Federación de LibrarÃas. AÃnda que con diferentes dimensións, as persoas consultadas coinciden en sinalar o pequeno tamaño das empresas como un elemento que condiciona as posibilidades de supervivencia de moitas das empresas que participan deste ámbito. AsÃ, na Asociación Galega de Editoras lembran que entre as súas 40 asociadas hai microempresas con responsables que teñen a edición como un complemento a outro traballo, empresas maiores co libro educativo como grande soporte ou traballadores autónomos que viven da actividade editorial. A estas súmanse aÃnda a firmas que fan parte orgánica de editoras foráneas, como son os casos de Xerais ou de Rodeira, xa que "dependen absolutamente das decisións" que tomen as súas matrices á hora de acceder a créditos ou a posibles medidas paliativas artelladas artelladas desde a Administración.
Os elos máis pequenos
"Unha librarÃa é un pequeno comercio, e este tipo de negocio non está preparado para a forte caÃda de ingresos que lle agarda nunha situación como esta. Subsistimos cos ingresos que xeramos no dÃa a dÃa. É moi difÃcil saber canto tempo pode aturar o sector. Ademais, as librarÃas están rexidas por núcleos familiares, se alguén dese núcleo ten ingresos extras alleo á librarÃa vaille axudar a manter e levar mellor a situación, pero aqueles que só vivan do negocio van sufrir", lembra Bermejo. A maiores, "o 90% das librarÃas son tamén papelarÃas e venden xornais e revistas, polo que tiveron que agardar ata o 31 de marzo para poder facer ERTES, xa que se consideraban servizos esenciais", advirte como un problema engadido a presidenta da Federación. Ballesteros lembra ademais do impacto indirecto que a crise vai ter sobre sectores profesionais vencellados ao libro. A falta de liquidez e a pausa na actividade das editoras provocarán que estas teñan que prescindir do labor de colaboracións externas para servizos como tradución, corrección, deseño ou maquetación. "Isto vai provocar que moita xente que traballa arredor do tecido editorial e que son colaboradores externos, polo xeral autónomos, fiquen sen traballo". Segundo Bermejo, "a meirande parte do sector ten moitas caÃdas e case todos están a facer o seu ERTE. Autónomos como deseñadores ou fotógrafos están a se ver aÃnda máis afectados", concorda.
A Administración
O documento do Observatorio da Cultura advirte que a esta situación "tampouco axudan as polÃticas de gasto público. Por unha banda, constátase un descenso moi importante no gasto das adquisicións en bibliotecas que, non obstante, debuxaba unha tÃmida recuperación a partir de 2014. Por outra, os orzamentos dos principais programas de fomento do libro e da lectura sufriron grandes recortes nos últimos anos, con descensos que se situaron por riba do 50% nos peores momentos". Malia a ter o libro a consideración legal de sector estratéxico "na práctica non se traduce nunha acción real, porque o interlocutor do sector coa administración é a ConsellarÃa de Cultura, que non ten capacidade para decidir a porcentaxe de interese dos créditos ou paralizar o pagamento do IBI porque son cuestións que non entran nas súas competencias senón nas do IGAPE, con quen non temos interlocución directa" lembra Ballesteros desde a Asociación de Editoras. Ao tempo, profesionais do ámbito apuntan tamén que parte da actual situación de debilidade débese tamén ás sucesivas minguas de investimentos públicos. Como lembra o presidente da AELG "desde o bipartito o destino orzamentario para o libro caeu de aproximadamente un millón de euros a 200.000". Bermejo coincide en apuntar que "o libro galego nos últimos tempos non tivo por parte das administracións nin a axuda nin o impulso de épocas anteriores". A posibilidade de que se produza unha reorientación de fondos públicos desde o sector cultural para paliar outros efectos da crise paira tamén sobre o futuro. Nese sentido, a continuidade de premios literarios ou de actividades culturais que achegaban apoio económico a diferentes elos da cadea do libro fica en cuestión.
O peso presencial
O carácter presencial do traballo nas librarÃas fai que este ámbito do sector se vexa especialmente afectado pola situación actual. "A crise trae consigo o feche forzado da actividade" advirte Pilar RodrÃguez, o que implica a desaparición da principal canle de venda do libro do paÃs. "As librarÃas están fechadas e polo tanto a venda presencial caeu en picado. AÃnda que se manteñan abertas algunhas que teñen permitida a venda de xornais ou revistas, o volume de distribución baixou drasticamente, xa que estas adoitan ser moi pequenas" advirte Argibay desde Arnoia Distribución. Do mesmo xeito, e alén do libro, o traballo nas artes gráficas sofre a crise tamén pola parálise da actividade comercial. "Nas tendas emprégase moito produto impreso que hai uns anos non existÃa. CartelarÃa, anuncios de rebaixas ou de ofertas... Coa crise da Covid-19 este sector viuse gravemente golpeado, todo o material quedou paralizado ao fechar os puntos de venda. E o mesmo acontece co material que se editaba para congresos, foros e outras actividades", explica Bermejo. Se ben poden continuar a desenvolver a súa actividade de escrita en confinamento, autoras e autores do paÃs sofren tamén os efectos do feche de espazos culturais coa actual crise sanitaria. "Visitas a bibliotecas e centros escolares, obradoiros literarios ou clubs de lectura desapareceron, e iso constituÃa unha parte fundamental da supervivencia para autores e autoras", lembra Sánchez Iglesias desde Asociación de Escritoras e Escritores.
Hábitos culturais
Segundo advirte o documento do Observatorio da Cultura Galega, "entre as causas dunha situación de crise aparentemente estrutural, atópase o descenso no consumo privado de libros. As familias gastan moito menos en libros non de texto que antes de 2008 e cada vez menos. A recuperación económica que se experimentou a partir de 2014 non favoreceu o gasto en cultura dos fogares galegos, que segue descendendo nos tres últimos anos de referencia (2015-2018). O gasto en libros, despois de anos de baixadas, semellaba recuperarse un pouco en 2018". A incidir nesa liña, algúns dos voceiros do sector, como Xosé Ballesteros, alerta desde a AGE da posibilidade que este perÃodo de confinamento provoque mudanzas nos hábitos culturais da poboación. Unha aposta máis forte pola lectura en Internet e o libro electrónico aparece como un dos cambios destacados que se albisca. A idea vese referendada polos primeiros datos que indican que durante o confinamento houbo un incremento do consumo de libro electrónico. "Esta crise está a incentivar a compra por Internet, e temos a inquietude de que isto arraigue no cidadán e se converta nun hábito. Este problema xa era anterior pero poderÃa empeorar", sinala RodrÃguez desde as librarÃas. Dese as distribuidoras coincide con esta percepción Xosé MarÃa Argibay, que, no entanto, considera este crecemento "insuficiente" para manter o sector. Ademais, sinala que "hai un incremento da lectura en liña, o que, lonxe de mellorar a situación, está a fomentar a piratarÃa, cun forte crecemento de descargas ilegais e de publicación en formato PDF". "O libro dixital non vai salvar o sector", concorda Ballesteros. Sánchez Iglesias tamén advirte do precedente que pode supor a tendencia dun número importante de profesionais culturais de achegar contidos de balde en liña durante o confinamento. "Creadores e creadoras están a servir contidos á sociedade para preservar o dereito da cidadanÃa a gozar da súa cultura nestes momentos incertos, a entender que a cultura serve para conservar a saúde social. Pero isto no futuro non debe ser asÃ, non se pode entrar na dinámica do todo gratis. O traballo debe ser pagado e esta idea debémola establecer como norma, con independencia de que un escritor queira facer determinadas colaboracións de balde".
A precariedade da autorÃa
Desde a perspectiva da autorÃa, Cesáreo Sánchez Iglesias presidente da Asociación de Escritoras e escritores en lingua galega, sinala que "no presente as condicións profesionais dos autores non son as propicias. Toda unha xeración de escritores entrou nunha fase de precariedade laboral enorme, a se empregar noutros traballos para poder sobrevivir. Calquera escritor profesional non é capaz de vivir dos dereitos de autor, senón que conxuga este labor con traballos paraliterarios como profesor, tradutor, corrector, editor ou mesmo en sectores completamente alleos á escrita. Pero isto non implica que non sexa profesional". De feito, a situación galega non favorece o desenvolvemento desas ocupacións paraliterarias que noutros lugares posibilitan a independencia económica dos autores e autoras. "Noutros paÃses e mesmo noutras comunidades autónomas, traballos como colaboracións, artigos para revistas, guións televisivos, reportaxes ou outros contidos están recoñecidos, pero para os escritores galegos estas colaboracións son escasas, e a precariedade xeneralizada en eidos como o xornalismo implican tamén baixas remuneracións". Nese sentido insiste que esta profesión "non é un traballo de fin de semana" xa que o autor ou autora "entrega a súa vida á escrita, onde ten a súa vocación e a súa realización profesional. Está nunha continua formación que custa cartos, hai unha disciplina diaria. Pódense tardar tres ou catro anos en escribir un libro". Ao seu ver, "hai tempo a potencia creadora da cultura galega foi tan importante que chegou a ser a terceira a nivel estatal,pero na actualidade é moi fráxil e iso repercute no escritor que non pode subsistir".
Calendario
Para complicar máis a situación, a actual parálise de actividade coincide nun momento do ano que o sector ten claro é a súa temporada forte, canda ás vendas de Nadal. O DÃa do Libro Infantil, o DÃa do Libro, as Feiras do Libro e mesmo a campaña comercial para situar os manuais escolares nos centros de ensino están a se ver afectados de xeito particular pola situación actual. "A campaña de promoción dos libros de texto comeza despois da Semana Santa. Hai editoras que teñen equipos que se dedican en exclusiva desde maio ata case o comezo do curso a visitar colexios para promocionar os seus libros. Ao non se poder facer esta campaña presencial, non sei que tipo de acción pode haber como alternativa", lembra o presidente das editoras. "Neste mes e medio vanse perder como mÃnimo catro millóns de euros, e situación vai empeorar. Sen as feiras do libro" que comezan habitualmente en abril, "pérdese practicamente medio ano de facturación", recoñece. "Está a se falar de as celebrar en outono, pero non se sabe como pode afectar este cambio de época, cando a campaña forte é en primavera e este tipo de feiras marcan un fito referencial para pulsar a situación do sector durante todo ano", explica Bermejo.
Visións de futuro
Xosé MarÃa Argibay, de Arnoia Distribución apunta que "resulta complicado vaticinar o tempo que poderá aguantar a industria do libro por mor da diversidade das casuÃsticas do seu tecido empresarial. A enorme caÃda de actividade será máis tolerable para os negocios que conten cun colchón económico, pero outras veranse obrigadas a fechar e posiblemente non poidan abrir de novo. Para editoriais da envergadura de Kalandraka, Xerais ou Galaxia o camiño de saÃda será máis doado, pero as máis débiles veranse máis afectadas". Advirte, no entanto que "hai negocios de dúas ou tres persoas que aÃnda que contan con facturacións baixas teñen tamén gastos moi reducidos, o que pode incrementar a súa capacidade de aguante". Desde unha perspectiva máis xeral, advirte que "non hai que esquecer que o libro é un produto de consumo e todas as fontes anuncian que vai haber unha forte caÃda do libro do consumo en xeral, moito peor que a de 2008. Con todo, é unha crise conxuntural, que suporá unha dura baixada neste 2020, no que se tocará fondo, pero que se irá recuperando cara ao 2021".
"Non somos quen de imaxinar o futuro desde un escenario tan penoso coma este" advirte Pilar RodrÃguez. "Todos os libreiros estamos inquedos, pero temos que pensar en positivo. Considero que non está en risco o futuro da industria do libro e das librarÃas. Somos un sector acostumado a sobrevivir ás crises, e no prazo dun ano tamén sobreviviremos a esta. É certo que seguramente un 10% das librarÃas terán que fechar, pero as demais subsistirán e sairán reforzadas. Hai prestar unha especial atención ás librarÃas de ámbito rural, que serán posiblemente as máis prexudicadas".
Deste o ámbito das artes gráficas, Bermejo advirte que "o que se aveciña vai ser un tsunami, e ninguén vai quedar indemne, nin as empresas mais potentes. Pero a xente non vai deixar de escribir en galego e continuará a haber unha demanda de libro galego. O problema é saber quen vai xestionar todo iso". Segundo el "vai haber un perÃodo de moi pouca actividade como mÃnimo ata setembro. Hai que ter en conta que as empresas do sector non son robustas, e a súa recuperación será lenta, cunha suba sostida pero moi lenta". Encol das pequenas editoras advirte que "é posible que morran moitas pero seguramente despois haberá unha eclosión, porque vai seguir a existir a necesidade de facer libro galego. O o que non sabemos e se o farán as mesmas empresas, seguramente non". Como unha mudanza á vista adianta que "as editoras galegas están moi atrasadas no concepto de edición a demanda e na introdución de novas tecnoloxÃas e iso vai ter que mudar. O libro en papel seguirá a existir, iso seguro."
"O obxectivo xeral do sector en Galicia é manter os postos de traballo e que no peche ningunha librarÃa", apunta Ballesteros sobre as perspectivas para un futuro inmediato. No entanto, de cara ao futuro prevé que a medio prazo case desapareza o sector, xa que só poderán sobrevivir as grandes firmas. Ao seu ver, darase unha maior concentración empresarial, unha tendencia que xa se está a percibir ao longo dos últimos anos. AsÃ, aÃnda que é previsible que moitas editoras pequenas continúen a traballar "moitas outras desaparecerán pola falta de liquidez" o que dará nunha diminución global de voces e de actividade no sector, lembra o presidente do gremio das editoras. O cálculo que realiza sitúa en 4 millóns de euros, sobre os 25 de facturación anual, as perdas das editoras no perÃodo de crise que levamos ata o momento, pero advirte de que, vista situación o máis probable é que as perdas cheguen á metade dese total. Pola súa banda, na súa ollada cara ao futuro, Sánchez Iglesias recoñece estar "esperanzado" ao tempo que advirte que "a situación estaba mal e vai isto vai empeorala. A cultura ten que contar cos mesmas ferramentas de reflote que outros sectores", reivindica.
Co fin de intentar minimizar o dano no sector, os representantes destas tres entidades presentaron dous bloques de medidas. O primeiro recolle as propostas trasladadas ao Goberno central a través da Federación de Gremios de Editores de España e as Cámaras do Libro de España:
- Dispoñer de créditos a xuro cero para as empresas do sector para poder facer fronte aos problemas de tesourarÃa derivados da parada repentina da actividade económica.
- Autorizar o atraso do pagamento das retencións do IRPF para empresas e autónomos.
- Suspender o pagamento das cotas da Seguridade Social para empresas e autónomos durante o vindeiro semestre.
- Facilitar o pagamento do IVE do 1º e 2º trimestre.
- Suprimir o pagamento do IBI das librarÃas.
O segundo bloque abrangue un paquete de oito medidas para incentivar a demanda do libro galego:
• Pór en marcha un bono familiar que fomente a compra en librarÃas.
- Incrementar nun 50% a dotación para a compra de libros por parte de todas as bibliotecas públicas.
- Preparar unha campaña especial de fomento da lectura que integre a toda a sociedade.
- Deseñar un plan de potenciación do libro galego dentro e fóra do paÃs, con especial detemento naquelas estratexias que promovan e poñan en valor a súa internacionalización.
- Crear unha liña especial de axudas para a edición.
- Ampliar os prazos de execución e xustificación das accións subvencionadas en 2020. Flexibilizar todas as tramitacións das axudas, simplificar a entrega de documentación, axilizar os pagamentos.
- As librarÃas deben ser a canle de comercialización preferente para calquera compra con fondos da Administración pública e/ou realizadas por entidades públicas.
- Reorientar as asignacións económicas previstas para o Xacobeo 2021 para destinar máis recursos á edición, á actividade dos escritores/as e ás librarÃas, e contar coas librarÃas nas campañas de divulgación de Galicia como destino turÃstico e nas accións difusoras do Xacobeo.
Na semana do DÃa do Libro, o Goberno anunciou unha baixada do IVE aplicado ao libro electrónico, que pasa asà dun 21% ao 4%, equivalente ao da edición en papel. No entanto, fican pendentes de aplicar moitas medidas para salvar este sector.

MEDIDAS PENDENTES