O colectivo Varanda Viva, nado ao abeiro do confinamento, organizou o pasado 5 de maio a mesa redonda virtual A Cultura PosCOVID-19 en Galiza. As voces da xestión cultural que participaron no encontro coincidiron en facer propostas desde coordenadas afastadas das perspectivas máis habituais sobre a cultura galega. A sustentabilidade como eixo, a importancia dos coidados ou a necesidade potenciar a idea de cultura alén das industrias culturais foron algunhas das cuestións fundamentais que apareceron. Repasamos da man desta iniciativa o que pode ser un futuro alternativo para cultura do paÃs.
Definida como "rede galega de solidariedade, voluntariado e reivindicación promovida por persoas traballadoras dos servizos esenciais e afectadas pola COVID-19", o colectivo Varanda Viva leva todo o confinamento a promover inicitivas de reivindicación e dinamizaión social e cultural. Dentro destas últimas, o pasado martes 5 de maio desenvolveu a través das súas redes sociais a mesa redonda Virtual A Cultura PosCOVID-19 en Galiza.
Encarna Lago, xerente da Rede MuseÃstica Provincial de Lugo, Julio Gómez, codirector do Festival Sinsal, o investigador e activista Fran Quiroga e mais a concelleira de infraestruturas culturais de Pontevedra, Carme Fouces, debateron a través de videochamada coa moderación de Alberto GarcÃa, ex-presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. A presentar o encontro, GarcÃa xa adiantaba que o debate sobre o futuro da cultura "está a se dar en diferentes partes do Estado", aÃnda que en Galicia "polo momento estamos moi centrados na parte do rescate do sector, e nas medidas do Ministerio e da Xunta, que están ser moi demandadas polas asociacións profesionais". No entanto, sinalaba, "pensamos que paralelamente pódese facer o debate de como queremos que sexa o modelo para cando isto todo pase. Se estamos de acordo en se estas axudas abondan para repetir o modelo que habÃa antes ou se pensamos que este pode ser un momento para pensar un cambio de modelo".
Cultura como industria e cultura como vida
Unha coincidencia xeral das voces que participaron neste encontro foi a crÃtica cara ao actual modelo de cultura, que consideran centrado na perspectiva de produción e consumo, vencellado ao ocio e co foco posto na idea de industria cultural. Nas súas reflexións como moderador, GarcÃa apuntaba que "continúa a se falar da cultura como ocio, como produto ou como consumo, a se centrar na idea de obra ou da produción creativa das artes. Neste debate partimos da reflexión de que a cultura sempre foi, para alén dun recurso económico, que tamén é, un dereito moi anterior ao produto económico. A cultura é unha construción colectiva, milenaria, un proceso relacional entre moitas persoas, xerador de modos vida e de moitas cousas, entre elas a obra artÃstica, que é o produto final. Pero se nos centramos só na reflexión e na linguaxe na cultura como produto final e a vertente profesional, deixamos unha parte grande fóra".
No mesmo sentido, Julio Gómez reivindicaba nunha das súas intervencións que "algo fundamental desde a perspectiva da cultura debe ser comezar a abandonar a cultura da produción. Isto foi unha fuxida cara a adiante que tivemos que enfrontar desde o sector privado, porque desde o sector público non estaban a cumprir a súa responsabilidade", apuntaba. Na mesma liña que outras persoas participantes destacou que "temos que abandonar o concepto da cultura tanxible e comezar a reivindicar a intanxible, o compoñente relacional da cultura. E iso non son os bens de produción, é consecuencia deste elemento relacional. Hai que reclamar a cultura como formación e información para construÃr unha sociedade crÃtica".
Para Fran Quiroga tamén "é perigosa esa substitución da cultura polas industrias culturais e creativas". As mesmas "están a dominar cada vez máis este paradigma e está a se esquecer todo o que supón a cultura como dereito e mais a cultura comunitaria de base". Ademais, denuncia que a precariedade existente no sector pon en dúbida que se poida mesmo falar de industria. "Isto é grave porque non se axeita á realidade na que vivimos, onde realmente non existe esta industria creativa e cultural salvo en catro ou cinco casos illados. O resto son xente que maioritariamente nin sequera son autónomos porque non chegan a fin de mes e que non contan com ingresos regulares". Apunta ademais que caer nese discurso resta forza tamén ao peso social da cultura. "Ao nos centrar na idea de industrias creativas saÃmos perdendo. O PIB que produce a cultura a nivel estatal é aproximadamente o 3%, que non resulta tan significativo fronte a outros sectores, e pode dar a idea de que é algo prescindible. O relato ten que ir ao que supón a cultura para nós como persoas. Que significa ter cultura, acceder a ela, producila, distribuÃla e vivir en sociedade, no canto de se centrar na cuestión económica".
Dentro dos valores que se deben recuperar para a cultura, Carme Fouces advertÃa que "o construto do paÃs está totalmente vinculado co aspecto cultural, é a cultura a que nos fai. Nin o PIB nin ser mais ou menos potentes en determinados sectores. Se de base non temos unha estrutura cultural propia e forte temos moitas dificultades para ser un paÃs decente". Encarna Lago pola súa banda ten claro que "chegou o momento de aproveitar estas circunstancias para formatear un sistema que non serve. Trátase un sistema cultural baseado no produtivismo que non ve a cultura como cultivo e esquece totalmente da cultura de base", ademais de cuestións como "todo o que ten que ver coa cultura como dereito ou como participación". Ao seu ver, "este sistema non funciona e proba diso é como estamos. O propio sector non pode seguir a vivir da beneficencia. E un caso como o das polÃticas agrarias. Cómpre un sector forte porque senón pasaranos o mesmo que aconteceu coas vacas de leite e a polÃtica agraria comunitaria". "Temos que facer este cambio entre todas e todos, sen que ninguén quede fóra", conclúe.
Un modelo de públicos
Derivada desta perspectiva, debateuse na mesa a cuestión de encher salas e eventos como Ãndice de éxito das iniciativas culturais. "Se a cultura deste paÃs acaba de se esnaquizar porque os grandes macroconcertos dos que emanaba a polÃtica cultural non se poden celebrar é que non estabamos a facer ben as cousas. E penso que isto está feito a mantenta", apuntaba Fouces arredor do que sinala como discurso oficial sobre a situación. "Unha pandemia coma esta vai botar por terra moitos proxectos, pero non pode arrasar deste xeito, porque a xente quedou sen posibilidade de erguer a cabeza. Semella que fora da exhibición non hai nada, desde o tronco do que emana a polÃtica cultural non se ve outra cousa". Nesa liña, lembraba que "nesta anormalidade, que se nos vendeu como lóxica e normal, as Administracións recibÃamos propostas dunha serie de compañÃas, seleccionabamos o que máis nos gustaba para conseguir as maiores asistencias e practicamente non habÃa risco" nas programacións "porque ata quedaba mal apostar por algo que podÃa quedar a media entrada, considerábase tirar os cartos públicos". A reivindicar a importancia de indicadores afastados da asistencia, Julio Gómez reivindicaba que "esta cultura minoritaria que reducimos a cuestións como os aforos si teñen un enorme retorno cualitativo ao xerar formación e información". O moderador, Alberto GarcÃa, sinalaba que "unhas poucas cousas boas deste momento é que polo menos durante uns meses non imos ser escravos desa idea de canta xente xuntamos nas actividades. Non é o criterio único, porque se non poderÃase meter calquera cousa, pero é bo momento para repensar esta ditadura dos números".
No mesmo sentido apuntou a idea da "sustentabilidade como unha clave para facer outro tipo de cultura. Por exemplo no canto deses grandes eventos, pódese apostar por eventos máis pequenos e sustentables que a longo prazo sexan máis resilientes". Julio Gómez, no entanto apunta que "cómpren grandes eventos. Son tamén parte da nosa identidade, como as grandes festas patronais e gastronómicas. Pero tamén precisamos os pequenos eventos que teñen outra responsabilidade social, propostas como Medialab Prado, que non chegan a todos os públicos". "Os grandes eventos paréceme ben cando os hai, pero ás veces a hai que partir de pequenos xestos e eventos que nos levan ao macro. PoderÃanse facer polÃticas de colaboración, tecer redes e levar un mesmo evento a distintas localidades. O que se fai cun concello pequeno pódese facer para todo", puntualizaba Encarna Lago.Â
O papel das institucións
Parte do debate xirou sobre o labor que deben desempeñar as institucións, tanto na actual crise como nun potencial novo modelo de cultura. Carme Fouces destacou o potencial do sector público neste ámbito. "Desde as institucións é desde onde se pode traballar. Unha produtora privada non vai picar pedra durante anos para facer algo cunha rendibilidade imposible". Para alén da responsabilidade autonómica, a concelleira pontevedresa recoñecÃa a necesidade de implicación de todas as Administracións na polÃtica cultural. "AÃnda que un concello, ou cinco ou unha deputación poidamos facer pouco, algo podemos facer, e non podemos deixar e o facer. Cómpre que a administración cultural se olle ao espello e vexa o que nos están a ofertar". Tamén desde o sector público, Encarna Lago reivindica a necesidade de transformar os xeitos de traballo. "Precisamos con moita urxencia dunha nova institucionalidade, que entenda as Administracións como o que somos, servidoras públicas que temos que dar exemplo. Chegou o momento de polÃticas gobernamentais valentes, con posicións estratéxicas a curto, medio e longo prazo", explica. Ao seu ver, o rol máis destacado para a Administración debe estar a "traballar acompañando, salvagardando, apoiando e fortalecendo e pondo en valor o propio" . Ao seu ver "hai moitos lobbies de poder que anquilosan prácticas endogámicas e xeran modelos institucionais totalmente obsoletos, e hai que rachar con iso".
"Non tivemos un modelo, isto puido ser bo ou malo", sinalaba Julio Gómez sobre a polÃtica cultural autonómica. Alén disto, "agora estamos a vivir uns tempos excepcionais e precisamos marcar como mÃnimo dous horizontes, a curto e a medio prazo". AsÃ, "estamos nun momento social no que se están a cuestionar moitas cousas, entre eles o papel das nosas institucións e dos polÃticos que as ocupan e que nos representan. E precisamos profesionais neste postos. Pola propia complicación e a responsabilidade que ten facer polÃtica é moi importante que teñamos polÃticos dedicados totalmente á cubrir un espazo tan excepcional coma este. E tamén debemos reivindicar o papel profesional da polÃtica para esixirlles isto. Estamos nun momento no que os polÃticos deben facer xestos, xerar empatÃa", apuntaba.
Como propostas concretas para as institucións, puña como exemplo "a colaboración entre Administracións. De pouco pode valer un plan estratéxico ou unha carta de dereitos da cultura se logo desde a Xunta se establecen relacións verticais e perpendiculares entre as Administracións. Ten que haber unha relación. Un exemplo nese sentido é Culturgal, e ese modelo é o que precisamos máis que nunca. Nestes momentos deberÃan estar sentadas a ConsellerÃa de Cultura, as catro deputacións e, como mÃnimo, as concellarÃas das sete cidades máis importantes". Como outra medida necesaria destacaba "a responsabilidade social á hora de reivindicar a cultura, non só como espazo de ocio senón sobre todo como un espazo no que construÃr de reflexión. Para isto tes que mirar o máis próximo. Nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU (ODS) están todos os puntos que poidamos tratar hoxe ou no futuro. Non somos os xestores privados os que temos que demostrar que imos cumprir eses obxectivos, que en maior ou menor medida xa estamos a abordar. Teñen que ser as institucións quen comece a liderar este punto de partida".
Fran Quiroga, á súa vez, destaca do sistema cultural institucional, "a falta de ambición. Somos moi cativos á hora de articular unha rede que poida axudar a falarmos dun ecosistema cultural forte. Isto vai tamén vencellado a que o panorama cultural galego público é aburrido, poderÃa pensar e cuestionar moito máis o contemporáneo. Fóra deste sistema, en xeral hai unha grande riqueza e hai entidades capaces de facer estas conexións", sinala.
Apoio á experimentación
"É importante que pensemos en como imos activando as institucións culturais, e como desde aà axudamos a que o sector poida ser moito máis resiliente", lembraba no mesmo sentido Quiroga. "A administración aà non se pode ver como un espazo de produción de contidos, ten que ser un lugar no que se medie para que aquelas persoas e aqueles colectivos que están a traballar vexan garantida a súa sustentabilidade nestes procesos". Nesa liña lembraba que "hai lugares onde as administracións axudan a colectivos que traballan de xeito autónomo. Enténdese aà que a Administración non ten o monopolio da creación". AsÃ, "é necesario que se comece a falar de espazos de produción como laboratorios de innovación social onde a cultura é tamén un lugar propicio para experimentar. Desde aà hai que reivindicar a capacidade de innovación da cultura. A innovación non virá só por unha subvención ou unha exención fiscal, senón que só se dá nestes espazos. E se temos espazos mais amplos e con recursos é onde podemos comezar a experimentar alternativas que nos leven cara á idea de situar a vida no centro e non o capital"
Sen renegar do papel da industria neste campo, a concelleira de infraestruturas culturais de Pontevedra apuntaba que "cómpre ver os dous planos do ámbito cultural. Un é o da cultura de base, unha parte que debe estar ben fortalecida, onde se cree e se investigue. E logo hai que pór ese ramo, que será a exhibición do que saia de aÃ. E isto pódese abordar desde unha institución ou da man dunha industria. Ou tamén pode ficar só na parte amadora, que non xerará unha industria cultural pero que debe existir e ter as rúas redes. E a administración debe ter a obriga de apoiala, amparala e impulsala".
O papel da cultura
A incidir nesa perspectiva da cultura como un ben común cun papel que xogar no conxunto da sociedade, Carme Fouces comezaba a súa intervención a lembrar que "nesta época de confinamento semella que todo o mundo estaba como obrigado a compartir de balde algo de creatividade porque era o que se demandaba. Isto tamén quere dicir algo. A min gustarÃame saber se outros sectores son quen de facer iso, de entregar asà toda a súa creatividade de xeito tan brutal sen recibir nada a cambio". Para alén do apoio que supón nestes tempos de confinamento, Quiroga insistÃa nas funcións determinantes que pode ter a cultura, en sentido amplo, en vindeiros tempos. "De cara ao futuro temos un risco moi grave, que é como se poden inserir polÃticas autoritarias en aras dunha eficiencia" ante a pandemia. "Ante iso temos que dar respostas para substituÃr ese relato. Pode ser gravÃsimo, e desde a cultura temos que apostar por tecer outros relatos e outras narrativas nas que evidenciar que a cuestión relacional, o cooperativismo, as interdependencias e a solidariedade van facer fronte a este totalitarismo potencial".
As urxencias
Para alén da necesidade de repensarmos o futuro da cultura, Gómez defendeu a necesidade de medidas urxentes. "Temos que atender as necesidade máis inmediatas, que son todas as persoas que imos pasar dificultades porque vivimos do noso traballo e non da Administración. As primeiras liñas de atención deberÃan estar dirixidas, e van estar dirixidas cara a este colectivo", sinalaba no encontro. "Todas as institucións, comenzando pola Xunta, as deputacións e os concellos van reaccionar a moi curto prazo co que máis teñen a man. E temos que ser solidarias con esa reacción porque non hai tempo para máis. Se non se fixeron antes os deberes non se van facer nunha situación estrema coma esta. Todos temos que nos aproximar a atallar as primeiras necesidades. Hai que soster parte do profesionais da cultura e atallar a primeira hemorraxia de persoas que vivÃan ao dÃa e que agora nin iso. E logo xa haberá tempo de traballar".
O valor da cultura propia
A conversa amosou tamén a coincidencia sobre o potencial que formas propias da nosa cultura posúen para contribuÃr a solucionar a crise e mais xerar un novo modelo. "Non podemos seguir a vivir sobre unhas formas que privilexian uns xeitos de facer cultura, importados, que non teñen a ver co noso" apuntaba Encarna Lago a destacar que mesmo dentro de propostas orientadas á democracia cultural, "están a se importar modelos de participación, mesmo na ruralidade, que están moi ben para as cidades pero que non teñen que ver cos modelos territoriais que temos". "Ante esta situación cómpre máis que nunca dispor de polÃticas valentes. E será o sector o que en breve poña o dedo a analizar polo miúdo o que está a pasar, con coñecemento sobre todo da realidade local. O que fagamos non poden ser polÃticas importadas" sinalaba.
Para Quiroga, pola súa banda, "un dos papeis da cultura e da arte debe ser contribuÃr a superar imaxinarios que están estendidos, como ese tópico da Galiza individualista que é totalmente falso" Segundo el no paÃs "hai todo un potencial de colaboración. Temos que situar a importancia do facer con outros, do facer entre todos. Iso vai afectar tamén a ese paradigma das industrias creativas. É como a potencia das foliadas, toda esa xente que baila e vive música tradicional e a mestura, e iso é cultura viva. O que botamos en falta agora é socializar coa xente na comida, no estar, no bailar e na festa, e iso é tamén fundamental á hora de entendermos a cultura propia".
Carme Fouces confÃa tamén no potencial do paÃs para enfrontar a crise. "Temos un ecosistema, tanto cultural como de asentamento do territorio, que está a demostrar que é unha forma de vida máis saudable e máis acaida do que outras. Neste momento a clave é que todo o que se faga, tanto no ámbito cultural como en calquera outro, vaise xogar no próximo. Isto foi un fito histórico que nos sitúa na dimensión humana na que deberÃamos estar. Penso que este paÃs está moi ben situado cara a unha nova era cultural. A mochila que traemos ven enchoupada deses valores sanadores e que achegan unha forma de vida acaida ao que ten que ser". Na liña doutras voces da mesa reclama que "non debemos caer en meros cambios cosméticos, que é probablemente o que propón a Xunta. Hai que combater as accións máis conservadoras que nos levan a outras realidades que non son as nosas e que non teñen nada que ver co que somos e con como nos deberiamos expresar culturalmente. E isto atravesado sempre polo social, polos ODS, polo feminismo e pola lingua".
Propostas para o futuro
A partir destas coordenadas, e dun xeito máis concreto, Julio Gómez defende que "neste momento é tremendamente importante xerar colaboracións, pensar no territorio máis próximo e depositar a confianza nas persoas, en particular en creadoras e creadores. Van responder e xerar unha actividade da que nos imos sentir orgullosos e ademais precisan de nós". Para el "é o momento de confiar na capacidade profesional da xente que se está formando nos mestrados de xestión cultural. Hai xente moza cunha enerxÃa e unha creatividade asombrosa e estamos a desexar que poidan ter financiamento e axuda desde as Administracións para desenvolver os seus proxectos". Nunha liña similar, de cara ao futuro Encarna Lago chama a "apostar polas titulación que teñen que ver as Humanidades, porque de aà vai saÃr unha xente e un patrimonio que imos necesitar moitÃsimo para pór en valor o paÃs. Resulta fundamental formarnos para o novo paradigma".
Para Quiroga é o tempo de "resituar onde están as cousas importantes, que é na vida e nos coidados. Continuar a nos abrazar e nos querer, axudándonos. Como dicÃa o poeta, a forza do noso amor non será inútil. E ter a esperanza de que as cousas irán a mellor". Carme Fouces pola súa banda reclama que "debemos ser valentes e tentar xerar unha reevolución cultural e un mellor escenario. Merecémolo e temos os vimbios necesarios para o facer. Hai que se atrever".