Juan Rodríguez, da compañía Caramuxo teatro e presidente da asociación Escena Galega, xunto con Caterina Varela, bailarina e codirectora da compañía de danza La Macana participaron nunha nova edición dos Diálogos Confinados do Consello da Cultura Galega, neste caso para reflexionar sobre a situación das artes escénicas co impacto da crise sanitaria. A mediadora cultural e integrante da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG Natalia Balseiro foi a encargada de moderar esta sesión que puxo os ollos nun dos sectores máis afectados polo peche obrigado durante os últimos meses.
A través da media hora do encontro os participantes foron debullando diversas cuestións tanto sobre o impacto na situación das compañías, coma de conclusións e reflexións aos que o momento leva a estes profesionais. Juan Rodríguez quixo destacar que tanto na súa compañía coma noutras están a constatar que no referente a espectáculos de rúa, ao aire libre, este verán o nivel de contratación superará por moito ao de anteriores anos. Os concellos, apunta Rodríguez, están a se animar a facer contratacións de moitos destes espectáculos nalgúns casos usando remanentes orzamentarios de festas ou de outras funcións canceladas nestes meses. Nese sentido da actividade ao aire libre si albiscan unha boa previsión de actividade, non tanto así no que á volta aos teatros. Nese sentido a experiencia feita coa recente volta á actividade escénica do Teatro Rosalía na Coruña, serve de experiencia para animar a outros. Para Caterina, no falar de programación futura, hai unha distinción entre as contratacións que teñen fóra de España, que se fan con máis dun ano de antelación, e que aínda non sufriron ningunha cancelación, respecto ás que se fan en Galicia e España que ao ir semestre a semestre xa tiveron cancelacións e adiamentos cunha maior incerteza de futuro. Nese sentido Rodríguez apuntou que agora mesmo hai concellos en Galicia engadindo cláusulas nas contratacións de compañías para que en caso de rebrotes e cancelacións non se teña dereito a compensación por parte das empresas.
Outro dos puntos tratados neste encontro foron as reflexións sobre os movementos asociativos neste intre. Como presidente de Escena Galega Juan Rodríguez ve un maior interesen por formar parte dese tecido asociativo, expresado pola entrada de novas compañías que ven que ese é un camiño para demandar cousas que beneficien ao conxunto do sector e poder defender criterios de política teatral desde a profesión cara a administración. Caterina Varela, indo máis alá, remarcou como o tecido asociativo sectorial clásico incluso se está a ver superado por outras iniciativas máis transversais culturalmente, incluíndo a varios sectores e perspectivas de intereses. Creando unha fronte máis ampla no cultural, unha comunidade máis hibrida e diversa, permeable e plural. Ademais a bailarina e xestora cultural apuntou á necesidade de que os centros de decisión da administracións contasen con persoas preparadas e con traxectoria no cultural. Outro dos aspectos que se abordaron no diálogo foi a busca de alternativas aos macroeventos e a necesidade de pensar máis nos procesos ca nos produtos. Ademais, falouse da necesidade dun regreso a prácticas vellas que foron afogadas por novas tendencias máis comerciais, de repensar as escalas de pública, entender a importancia da participación do feito cultural e da formación da cidadanía crítica nas escolas, a valoración da cultura dende a programación didáctica das aulas ou a necesidade dunha maior interlocución co sector por parte da Administracion para planificar as políticas culturais públicas.