"O noso sector é complicado e descontinuo, a xente non ten estabilidade e sempre vivimos un pouco en precario. Estas circunstancias fan que esta situación afecte máis. Os técnicos non teñen contratos de anos, senón que van de produción e produción". Mamen Quintas, Produtora Executiva de Ficción Producciones advirte asà das debilidades particulares do sector audiovisual para enfrontar a crise derivada da Covid-19. A sétima entrega dos Diálogos Confinados que publica este 8 de xuño o Consello da Cultura Galega no seu web repasa con ela e coa directora e produtora Paula Cons os efectos e as oportunidades que para o mundo do cinema e das series supón esta situación. Unha problemática que afecta a toda a cadea da produción e a exhibición, desde a creación e as rodaxes ata a produción e a exhibición.
"Estabamos en plena rodaxe da serie 3Camiños, patrocinada pola Xunta e cofinanciada por Amazon e Beta", apunta Quintas sobre o inicio do confinamento. "Apañounos no medio da rodaxe do segundo camiño, saÃndo de Pamplona e a chegar a Burgos. Non era algo agardado e foi moi complicado, eramos un equipo de setenta e cinco persoas, algunhas delas tiñan que voltar ao estranxeiro. Houbo que coordinar en 12 horas mandar a todo o mundo a casa e arranxar a loxÃstica cos camións".
A Cons, pola súa banda, atopouna a crise en proceso de estrea de A illa das mentiras, que acabou por chegar ás salas arxentinas antes do que ás galegas, con grande éxito de público. "Eu nunca imaxinei que estrearÃa o meu filme en Arxentina antes que aquÃ. E vinme fechada na casa sabendo que nun paÃs tan grande estaba a se estrear. E logo como paradoxo, os datos de visionado que me están a chegar son boÃsimos. E o mesmo o filme acabou por se ver mais que noutras circunstancias". En paralelo, o confinamento cadrou "no medio da produción dunha longametraxe documental, pero aà xa estabamos a teletraballar polas circunstancias do proxecto. O director é unha persoa con diversidade funcional e xa tiñamos moi preparada a teleedición". No entanto, a crise fÃxose sentir tamén no creativo. "É certo que nas primeiras semanas se deixou notar animicamente no equipo, e houbo que tirar moito deles. Faltaba ese ritmo, estabamos totalmente estupefactos, doridos e apenados".
Os efectos reais sobre o sector están aÃnda por se concretar. "Polo momento arrincamos nós, Acacias 38 e outra serie diaria as rodaxes, e semella que en xullo comezarán máis. Todo o mundo vai querer rodar á vez as trinta e tantas producións que pararon, e iso é moi complicado. Hai moitÃsimas empresas que nos teñen que subministrar cámaras, caravanas, camións de maquillaxe e perrucarÃa e non van dar feito. Algunhas producións poderanse retomar, outras poderán pospoñerse e algunhas caerán para sempre", sinala.
As rodaxes ademais, enfróntanse a problemáticas inéditas a nivel de medidas hixiénicas, distancias de seguridade e outra "agora son moitÃsimo máis complicadas e máis caras, e o mesmo isto leva a prescindir de técnicos", adianta Cons. Tamén Quintas explicaba neste diálogo os novos xeitos de rodaxe "temos hoteis só para nós, cun plan de prevención sanitario, toda a equipa fixo o test, temos un sanitario tomando a temperatura, maquillaxe e o seu material é individualizado..., todo é mais custoso". As mudanzas van incidir mesmo a nivel narrativo. "As secuencias vanse restrinxir. A presenza de extras, por exemplo, irán a menos. Tamén é certo que os limites ás veces lévanche a mellorar a inventiva".
"Se alguén salvou a saúde mental da xente no confinamento fomos nós, e penso que o mundo dos contidos saÃu moi reivindicado", sinala Cons como un gaño para o sector. "Eu comentaba nas redes que nesta situación non che salva tres coches, dúas casas e vinte pares de zapatos. Sálvache ter dúas plataformas, unha televisión, un equipo de música e vinte libros. Foi tan alto o consumo de series que as plataformas están contratando moitÃsimo", destaca Quintas, aÃnda que recoñece que "a compra de ficción será menor entre as xeralistas por baixada da publicidade".
Mamen Quintas apuntou tamén "que a nivel estatal non hai unha polÃtica clara, e téñoo máis claro aÃnda cando os meus socios alemáns ou franceses me contan as medidas dos seus paÃses". Paula Cons cre "que houbo unha oportunidade perdida porque, por exemplo, o Instituto da CinematografÃa e das Artes Audiovisuais (ICAA) non habilitará axudas ao desenvolvemento de proxectos que considero vitais, o desenvolvemento salvou a moitas produtoras que pararon producións". Ademais sinala que as medidas propostas "non teñen en conta os creadores" e que tamén "deixou aos actores desprotexidos e totalmente parados" e aos técnicos.
As dúas coinciden en sinalar en que as medidas tomadas en Galicia foron máis áxiles e axeitadas para o sector. "En Galicia incrementouse o orzamento, aÃnda que se poderÃa ter incrementado e flexibilizaron moitas vÃas para facilitar o cobro das subvencións" explicou Cons.
Estas e outras reflexións están dipoñibles no vÃdeo Ãntegro do sétimo Diálogo Confinado, na canle de Youtube do Consello da Cultura Galega.