O Consello da Cultura analiza a cultura municipal durante a crise da Covid-19

A institución presenta un documento de traballo que aborda as actuacións municipais neste campo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
O Consello da Cultura analiza a cultura municipal durante a crise da Covid-19

Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a COVID-19 é o título do documento de traballo co que o Consello da Cultura Galega analiza as respostas das administracións municipais ante a crise sanitaria neste ámbito. O texto recolle as conclusións do ciclo de mesas redondas telemáticas que a institución acolleu entre marzo de xuño deste ano e inclúe ademais un repaso das múltiples propostas que desde os municipios se fixeron neste tempo a nivel de políticas culturais. Segundo sinala Sergio Lago, promotor desta iniciativa, "o informe foise realizando en tres meses e reflicte a situación dos concellos galegos ata o que chamamos a nova normalidade".

"Promover cambios no formato de actividades para evitar a proximidade física entre participantes, primar as actividades de realización autónoma e reforzar o deseño de recursos educativos e divulgativos de carácter dixital", así como trocos nas datas das programacións e apostas por novos formatos foron as adaptacións ḿais habituais neste ámbito, segundo recolle o texto.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As épocas da cultura

As épocas da cultura

O Consello da Cultura acolleu o debate sobre 40 anos de políticas culturais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Covid, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos