Conclúen os encontros presenciais para reflexionar sobre a cultura galega

Poderá debaterse na rede o documento coas conclusións da primeira parte deste foro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Durante catro sesións, o Consello da Cultura Galega, acolleu a presenza dun grupo de profesionais e intelectuais que analizaron as políticas culturais, as institucións culturais e a situación do mercado. Onte, Rubert de Ventós fixo o relatorio marco da última das áreas temáticas, a dos contidos da cultura galega. O resultado dese traballo dirixido por Xosé López plasmarase nun documento que sintetiza as principais conclusións. Este texto subirase á rede no mes de setembro, para proceder a abrir un debate para que o público achegue as súas opinións. O ciclo Reflexión estratéxica sobre a cultura galega concluirá cun foro que terá lugar a segunda quincena de outubro.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)