Unha maior presenza da iniciativa privada e a innovación preséntanse como chaves na consolidación das industrias culturais. E cómpre actuar con rapidez para aproveitar as posibilidades das novas tecnoloxÃas e reaccionar contra os perigos da globalización. Cando menos, esas son algunhas das principais conclusións que se poden atopar no documento para o debate da Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega que promoveu o Consello da Cultura. Francisco Campos, coordinador do relatorio sobre Cultura e Mercado, explÃcanos esta parte do debate.
“Cómpre promover a iniciativa privada e liberar parte da xestión pública que realiza a Administración a favor de novos emprendimentos creativos, innovadores e que xeneren máis emprego sectorial”. Para Francisco Campos, profesor de Ciencias da Comunicación na USC e especialista en empresas culturais, o camiño para consolidar o aspecto empresarial da cultura no noso paÃs pasa por estes pasos. Segundo el, “esa dimensión está condicionada pola competencia desfavorable da iniciativa pública. É preciso desenvolver e apoiar proxectos de emprendemento e logo permitir que esas iniciativas se consoliden sobre parámetros de eficacia, eficiencia, innovación e creatividade. O desenvolvemento de pequenas e medianas empresas neste sector está a ser desaproveitado como fonte importante de xeración de emprego con alto valor engadido”.
Cousas boas e malas
Obviamente a suposta competencia pública non é o único problema ao que se enfronta a nosa industria cultura. É coñecida a atomización de moitos destes ámbitos, asà como o escaso tamaño dun mercado que permita a viabilidade dun grande número de empresas. Do mesmo xeito, a Reflexión contempla a percepción para parte do público da cultura galega como algo “fechado” ou vencellado a ideoloxÃas concretas. Canda a isto, a globalización e as novas tecnoloxÃas poñen a nosa cultura nun momento crucial a nivel de mercado. A posición ante estas cuestións, canda á perda acelerada de elementos tradicionais que poden actuar como diferenciadores amósanse como problemas que esixen accións rápidas. Na banda positiva, destaca a existencia dun mercado fiel en galego, asà como o potencial de difusión que achegan os medios de comunicación públicos, ao que se suma un crecente artellamento de sectores como o editorial ou o audiovisual. O texto reflicte tamén a relativa vitalidade da nosa lingua en Internet, onde conta cunha presenza maior á doutros idiomas en situacións semellantes. E se a globalización e as novas tecnoloxÃas actúan como ameaza, son ao tempo grandes oportunidades para a cultura, que ademais está a adquirir nos últimos tempos unha importancia crecente como fornecedora de contidos e ve recoñecido o seu importante rol económico. A un nivel máis achegado, a fusión das Caixas de Aforros pode ser unha ocasión de potenciar a produción neste campo feita no paÃs.
Ideas chave
Entre as ideas principais que se debatiron neste encontro apareceron cuestións como “a ampliación e a mellora das relacións cos públicos ou a necesidade de reforzar a eficacia da dimensión empresarial da cultura e ampliar a súa cadea de valor”, explica Campos. Desde a perspectiva das administracións analizouse a necesidade de “garantir a efectividade das axudas públicas e destacar a cultura como factor de desevolvemento e como investimento estratéxico”. De novo, a falar das novas tecnoloxÃas da información e da comunicación, os relatores incidiron na necesidade de redefinir o rol da cultura para a “convertir en eixo real da economÃa do coñecemento e potenciar a industria dos contidos. Nese sentido a cultura ten potencial como valor engadido para outros ámbitos e debe liberar o seu potencial como activo clave para a innovación e para o cambio de patrón produtivo”. Segundo estas reflexións, falamos das industrias culturais como un sector estratéxico na sociedade do coñecemento”.
Tempos de crise
Nun momento no que a crise económica marca todos os sectores da sociedade, pode resultar complicado facer predicións e análises sobre o panorama cultural en relación ao mercado. Segundo Campos, “da crise temos que sair e sairemos, a cuestión é como e cara a onde. Estes foros de reflexión teñen que axudar a abrir as fiestras e as perspectivas do futuro canto a ideas e posibles propostas estratéxicas”. Nese sentido, amósase optimista na capacidade do noso paÃs de se impor ás dificultades, e considera como os nosos puntos fortes “a identidade e a capacidade de resistencia. Ainda que teña algo de mito, e os mitos non son malos cando as cousas non veñen de todo ben, moitas veces se dixo que Galicia é un vello pobo que resistiu moitos temporais e tormentas. Esa capacidade de resistencia segue viva na sociedade galega e nas súas industrias, ainda que pareza que non”.
O proceso da reflexión
Como no resto da Reflexión estratéxica, un desenvolvemento detallado do relatorio sobre Cultura e mercado está dispoñible no web do Consello da Cultura Galega aberto á opinión do público. A partir das ideas recollidas elaborarase o documento final que se lle elevará á Xunta como proposta para guiar as futuras polÃticas culturais.